Proceso de admisión e prazas vacantes curso 2024-2025
O prazo de presentación de solicitudes para o novo alumnado comeza este venres 1 de marzo e remata o mércores 20 de marzo de 2024.
Poden facer a solicitude en liña (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) ou obter os impresos de xeito presencial na Secretaría do centro en horario de atención ao público. (De luns a venres de 9:05 a 9:50 e martes de 17:00 a 18:00 horas).
Deberán achegar debidamente cumprimentado o Anexo II e o Anexo II-bis (Impreso ED550B) dispoñible no arquivo adxunto.
DOCUMENTACIÓN XERAL NECESARIA:
- Fotocopia do Libro de familia (ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar).
- Fotocopia DNI dos proxenitores
- Copia da Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou Convenio regulador onde conste a custodia do menor (se é o caso).
- Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano natural anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes.
O impreso deberá ser asinado por os dous proxenitores (ou titores legais).
Lembramos que o servizo de comedor está xestionado pola ANPA Aidón e o alumnado interesado deberá formalizar posteriormente a petición de dito servizo.
No mes de maio sairá aaxuda para material e libros de texto (comunicaremos por esta vía do prazo)
Outros prazos do procedemento:
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 25 de abril de 2024
Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio de 2024
Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2024
Prazo para formalizar a matrícula na ESO: do 23 de xuño ao 7 xullo de 2024
NORMATIVA DO PROCEDEMENTO:
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
OFERTA DE PRAZAS VACANTES CURSO 2024-2025
EDUCACIÓN INFANTIL:
4º CURSO: 5 PRAZAS
5º CURSO: 0 PRAZAS
6º CURSO: 0 PRAZAS
EDUCACIÓN PRIMARIA:
1º CURSO: 7 PRAZAS
2º CURSO: 3 PRAZAS
3º CURSO: 2 PRAZAS
4º CURSO: 3 PRAZAS
5º CURSO: 1 PRAZAS
6º CURSO: 0 PRAZAS
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-G-20222023.pdf | 1.39 MB |
Enviar un comentario novo