Plantamos e sacamos as herbas malas!
Plantamos dentro do colexio, plantas ornamentais e na horta do colexio: cebolas, brócoli, coliflor e remolacha. Regamos, sacamos as malas herbas e recollemos a coliflor e o brócoli para comer. Tamén lle puxemos os paus ós guisantes, que xa están florecendo! Temos as patacas tapadas con papel de xornal para que broten e plantarémolas. As semillas das cabazas tamén están desexando que as sementemos.
Enviar un comentario novo