Liga LEGO Jr. 2018-2019 (6)
Temos noticia importante! O vindeiro sábado, día 16 de febreiro, teremos a presentación dos proxectos no Auditorio de Ferrol. Así que toca correr!
Hoxe comezamos deseñando o proxecto para a maqueta da base lunar. Que temos que poñer? Pois as seguintes cousas:
- A nave espacial e o sistema de recollida dos contedores.
- Unha fábrica de enerxía
- Algún aparato para obter auga e para obter osíxeno.
- Un invernadoiro para producir alimentos
- Unha antena parabólica para enviar e recibir mensaxes da Terra,
- Algún vehículo motorizado para poder movernos pola lúa,...
- E algo máis que se nos poida ocurrir...
Bosquexo da maqueta da base lunar
Así que fixemos dous grupos e o primeiro púxose a construír a maqueta. O segundo grupo construíu un robot lunar capaz de desprazar os nosos contedores.
Construción da maqueta da base lunar
Construción do vehículo especial transportador de mercancías
Para a vindeira semana seguiremos construíndo a maqueta e comezaremos deseñando o panel informativo.
Quedáronnos por contestar algunhas preguntas:
1. Como se alimentan os astronautas? Ver información ben explicada no enlace http://www.granadadigital.es/astronautas-y-comida-como-cocinar-en-el-espacio/
2. Cantos kilos de mercancías levaremos na nosa nave?
- Para comer:
- Para obter electricidade:
- Para obter auga:
- Para obter osíxeno:
- Para entreternos no tempo libre:
- Para construír a nosa base:
Para acabar temos dous vídeos que explican como se pode conseguir osíxeno a partir de auga!
https://www.youtube.com/watch?v=d9YiX5dY86Y
Enviar un comentario novo