Responder ó comentario
SEGUINDO AS PEGADAS DE CASTELAO
Enviado por josean o Mar, 21/06/2016 - 19:55Fomos cara ao barrio mariñeiro por antonomasia de Marín e alí "Seguimos as pegadas de Castelao" para ir ver e debuxar o mesmo cruceiro que el incluiu na súa obra Cruces de Pedra da Galiza e que debuxou aló polos anos 20.
Moitos foron os que manifestaron as súas dúbidas respecto a este cruceiro que agora se atopa na capela de S, Jose do Cantodarea. Castelao describeo así: "A Virxe do Socorro ten un estadullo na man, para golpear ao demo que ten aos seus pés, que ergue un brazo armado cun fouciño intentando tirar abaixo a un neno que rube pola saia da señora, quen sostén na outra man ao neno Xesús". Todo isto foi o que viron e debuxaron os nenos.
Neste ano Castelao quixemos seguir as súas pegadas por Marín, porque en palabras de Chano Piñeiro: "Non hai mellor xeito de ser universal, que sendo galegos". Está ben coñecer aos demáis e ao mundo, pero primeiro coñecete a ti mesmo, e niso os galegos temos un déficit moi grande.