Responder ó comentario
COPLA DO MAIO MARIÑEIRO
Enviado por josean o Xov, 14/04/2016 - 23:00Neste taller de Coplas de maios que fixeron os de 6º aproveitamos moi ben o tempo: traballamos rima, metáforas, versificación, personificación, paralelismos, anáforas, versos encadeados e sobre todo o máis noso, quen fomos e quen somos.... Un grupo sacou 16 estrofas, outro 5, outro 4 e o outro as 3 que se pediron a cada un. O contrato era: o profe fai a metade e os alumnos a outra e o que quedou foi algo moi, moi digno. O profe por subirlles a autoestima menciona que amosou xa a copla e a xente non foi quen de distinguir de quen era que, do boa que era. Resposta: e que ti profe, escribes coma un neno pequeno. Isto dito por unha das rapazas máis serias da clase. Aghuantate los machos e baila! emoticona smile Este foi o noso traballo axiña subiremos o manual que fixemos para traballar os maios. Transmisión, transmisión e transmisión é a clave, para que o día de mañá haxa destas 20 preas, dous que saiban escribir coplas de Maios ao estilo de Marín