Responder ó comentario
Falamos de Antonio Fraguas?
Enviado por Anónimo o Ven, 24/05/2019 - 10:34Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano adicado a Antonio Fraguas Fraguas, catro alumnos de quinto e sexto prepararon, para o alumnado de 1º e 2º, a biografía do autor e o recitado dunha cantiga popular que aparece recollida no "Cancioneiro de Cotobade".
Andrea (5ºB), Brian (6º B), Cristian (5ºB) e Laura (5º B) mostraron moito interese e preocupación por achegarse ós mais pequenos. Con axuda dos compañeiros de 5º B elaboraron debuxos dos animais que aparecen "No casamento da pulga" título da cantiga.
Foi unha experiencia moi motivadora, enriquecedora e ideal para reforzar a nosa autoestima.