Este ano conmemoramos o Día da Paz con esta actividade na que entre todo o colexio construímos "O tren da Paz". Cada vagón representaba un valor: compañeirismo, amor, amizade, diálogo, xenerosidade, responsabilidade, humildade, respecto, solidariedade, xustiza, igualdade; que cada clase traballou nas datas previas.
O acto consistiu nunha posta en común na que entre todos construímos o tren.
Porque a Paz non é só cousa dun día, o tren está agora exposto polos corredores así que animádevos a pasar a velo, e ver máis detidamente o traballo dos vosos compañeiros.