Responder ó comentario
Xogo de nen@s.
Enviado por Miguel o Mér, 10/05/2017 - 09:15Continuamos coas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas 2017.
Nesta ocasión presentamos un vídeo argallado de forma común polos Equipos de Dinamización Lingüística do I.E.S. Mestre Landín e do C.E.P. Sequelo coa colaboración do recuncho de Tambo.
Trátase dun pequeno xogo no que debes escoitar ben as pescudas e tentar adiviñar o título dunha obra de Carlos Casares, o homenaxeado na edición deste ano.
Son dez diferentes pero... andade con tino porque dúas repítense...
Cada acerto será un punto e podedes facer competicións.
Moita sorte a todos/as!!!