blogue deMiguel
Matrícula 2016-2017 e axuda de libros.
Enviado por Miguel o Xov, 16/06/2016 - 08:12Prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño. Prazo de axuda de libros ata o 23 de xuño.
Exposición "Marín sabe a Mar".
Enviado por Miguel o Mar, 19/04/2016 - 17:46Os alumnos de 5º de primaria explicáronlle aos demais alumnos do colexio o uso dos diferentes obxectos e aparellos relacionados coa historia da súa vila, que aportarou todo o alumnado para elaborar esta exposición, que teñen que ver co mar e co proxecto deste curso escolar "Marín sabe a Mar".
Visita de X.H. Rivadulla Corcón.
Enviado por Miguel o Mar, 05/04/2016 - 12:54Onte, 4 de abril, visitounos o poeta, narrador, dramaturgo e guionista, X.H. Rivadulla Corcón. Falou e respostou ao alumnado de 6º de primaria sobre a novela que están a ler: " Os piratas da illa da Esperanza" e que trata da lealtade e da amizade.
Deixámosvos tamén un pequeno vídeo da súa visita.
AbalarMóbil
Enviado por Miguel o Lun, 04/04/2016 - 18:11Deixamos aquí a información referente ao AbalarMóbil que xa está dispoñible no noso centro. Para os códigos QR, podedes descargar o lector de códigos gratuito QR Unitag. Así, ao escanear os códigos que aparecen nesta páxina, xa vos envía ás páxinas de descarga do Abalar Móbil ou as guías para o seu emprego. Se tedes algunha dúbida, podedes preguntar no centro.
Rosalía de Castro
Enviado por Miguel o Ven, 25/03/2016 - 15:57Neste vídeo vos deixamos un resumo do magnífico traballo que fixo o alumnado de 2B e 6B xunta cos seus mestres Susana e José Antonio, sobre Rosalía de Castro. No corredor dos pequenos tedes os seus debuxos e podedes velos recitar os seus poemas coa app de realidade aumentada Aurasma. Só fai falta un dispositivo móbil. Esperamos que vos guste.
Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos 2016/2017.
Enviado por Miguel o Ven, 04/03/2016 - 20:38Adxúntanse os arquivos do procedemento para a admisión en centros docentes sustentados con fondos públicos para o CURSO 2016/2017.
Liga Fútbol Sala
Enviado por Miguel o Mér, 17/02/2016 - 19:24Boas! Xa podedes consultar na Web do noso centro todo o relativo a liga de Fútbol Sala, que se está a disputar nos recreos. Tedes na parta inferior dereita a clasificación, os equipos, xornadas e tablón de anuncios. Se facedes clic en cada categoría, mandaravos á ligazón correspondente. Aquí debaixo tedes onde hai que mirar. Por outra banda, animámosvos a participar na creación do escudo do voso equipo. Podedes escoller unha foto, un debuxo ou un logo e mandármolo ao correo miguelsequelo@gmail.com, poñendo o nome do equipo e adxuntando o escudo. En pouco tempo, o teredes na web posto co voso equipo. Ánimo e a participar.
Clasificación Liga Fútbol Sala 2015/2016.
Enviado por Miguel o Mér, 17/02/2016 - 11:59Entroido 2016.
Enviado por Miguel o Xov, 11/02/2016 - 21:17Aquí vos deixamos unha recopilación das fotos do Entroido 2016. Se pinchades enriba da foto, ides á galeria de fotos. Esperamos que vos gusten. Ah, se alguén quere unha copia do orixinal da súa foto que nola pida para mandarlla nun email ou copiarlla. Podedes pedila a estes correos: cepsequelo@gmail.com ou miguelsequelo@gmail.com
Alice in Wonderland.
Enviado por Miguel o Mér, 03/02/2016 - 18:50Os nosos rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria asistiron o pasado 21 de xaneiro en Pontevedra a obra de teatro en inglés, "Alice in Wonderland", que ven de celebrar o pasado mes de maio de 2015 o seu 150 aniversario. Foi unha sesión moi entretida onde puideron practicar inglés interactuando e cantando en inglés cos protagonistas da obra.
Digalego.
Enviado por Miguel o Lun, 11/01/2016 - 21:14Nace Digalego, o máis completo dicionario de galego en Internet.
Realizado pola editorial Ir Indo, consta de 65.000 entradas e equivalencias en inglés, alemán ou chinés. Por GCiencia | 11/01/2016 18:24.
Un novo dicionario dixital máis actualizado e con máis de 65.000 entradas. Así é Digalego, realizado pola editorial ‘Ir Indo’ e que a Xunta vén de poñer a disposición de toda a cidadanía, con acceso gratuíto. Trátase dunha das obras máis completas e actualizadas do mercado lexicográfico galego. A iniciativa é posible grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, para unha obra que levou 20 anos de traballo e investigación e que agora pasa a propiedade da Administración autonómica. O acceso está xa dispoñible no enlace digalego.xunta.gal, así como a través do Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.
O conselleiro, Román Rodríguez, a directora da Amtega, Mar Pereira, e o editor de Ir Indo, Bieito Ledo; presentaron o proxecto, que pretende ser unha ferramenta para os colectivos que a necesiten para o desenvolvemento do seu labor profesional, facilitando o uso correcto do galego na súa actividade diaria a empresas e sectores produtivos. “É dicir favorecemos a presenza do galego no tecido empresarial e profesional–dixo-, tal e como estamos comprometidos a facelo a través do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico”, dixo o conselleiro.
O dicionario inclúe un ‘repertorio de formas incorrectas’ con voces non admitidas en galego.
Como segundo obxectivo da publicación en aberto do Digalego, está a proxección exterior do galego e a súa difusión internacional. Neste sentido, e dado que o dicionario ofrece equivalencias en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán, facilítase que os falantes de todas esas linguas poidan aprender galego a través dun recurso gratuíto ao que se accede desde calquera punto do mundo a través da internet.
Cabe salientar que, con máis de 65.000 entradas, o Digalego segue as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, e toma como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa).
Respecto das súas utilidades cómpre destacar que desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, ademais de considerar como entradas todas as formas verbais, e que recolle tamén (baixo o epígrafe “Repertorio de formas incorrectas”) unha serie de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc.), que remiten á súa forma correcta. Tamén destaca o feito de que se poden buscar palabras partindo de entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano e que mostra equivalencias neses mesmo idiomas ademais de en chinés.
O Apalpador.
Enviado por Miguel o Mér, 02/12/2015 - 18:25Xa están preto as datas do Nadal. Imos recordar un personaxe de noso que ven das montañas do Courel, o Apalpador, que lles trae aos meniños e meniñas galegos moitos agasallos. Aquí tedes unha canción de Paco Nogueiras, sobre este personaxe que publica Kalandraka no libro-disco "Brinca vai".
Visita ao Museo de Pontevedra.
Enviado por Miguel o Ven, 23/10/2015 - 20:13O alumnado de 6º de primaria visitou o pasado xoves 15 de outubro, como cada ano, o museo de Pontevedra, onde este ano se inauguraron instalacións. A visita este ano xirou en torno a unha exposición que mostra a vida desde o Paleolítico á época dos romanos. Lembráronos que todos podedes acudir a este interesante cita de maneira gratuita, cos vosos amigos ou familiares. Ánimo, que vos gustará!
Que sabes da Historia do Libro?
Enviado por Miguel o Ven, 01/05/2015 - 11:46Despois do excelente traballo que realizou o noso alumnado sobre a Historia do libro, aquí tedes tamén en formato dixital as preguntas do concurso "Que sabes da Historia do libro?". Os que xa o entregachedes por escrito non o fagades aquí, porque só se admite unha resposta por alumno/na. Os que aínda non participachedes, podedes facelo pola Web. Ánimo e sorte!
Información Matrícula 2015/2016.
Enviado por Miguel o Xov, 19/03/2015 - 11:14Adxúntanse os documentos relacionados coa información para a matrícula do Curso 2015/2016.
Canción para o día dos Dereitos Humanos (10 de decembro).
Enviado por Miguel o Mar, 09/12/2014 - 23:20O Apalpador.
Enviado por Miguel o Dom, 07/12/2014 - 21:21Fol Música deséxavos un bo Nadal con esta fermosa canción de Malvela dedicada O Apalpador, o noso Rei Mago... e con un video para os nenos da casa feito con ilustracións do conto "O Apalpador" de Xoán G. publicado por Biblos Clube de Lectores, e que xa vai na terceira edición. Se queredes coñecer máis cousas sobre este simpatico personaxe podedes visitar www.apalpador.com. Nesta web ademais de contar como se relaciona o Apalpador con outras tradicións europeas do Nadal, podedes atopar imaxes para colorear e outras moitas brincadeiras.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »