Chegamos a bo porto
Samaín 2019:" A auga sube e baixa"
Enviado por Menchi o Dom, 10/11/2019 - 19:56Os alumnos de 4º escriberon un poema para celebrar o samaín. Esperamos que vos guste.
Chegamos a bo porto con Segundo
Enviado por Menchi o Xov, 07/11/2019 - 13:35Segundo é un mariñeiro que traballou engraxando os motores dos barcos. Foi naúfrago, contounos que foi nunha balsa salvavidas e había unha pastilla que tomabas e xa non tiñas fame, eles non a tomaron porque en tres horas xa os recolleron. Contounos que se atoparon cun tiburón martelo que medía case coma unha aula e tamén contou que á hora de comer tiña que agarrar o plato porque se non caíache enriba.
Somos Mateo, Lucía Barreiro, Yésika e Marcos
Chegamos a bo porto con Laura
Enviado por Menchi o Mar, 22/10/2019 - 16:54Laura contounos que traballaba nunha empresa do porto que se adica aos moluscos, venden mexillóns, ameixas, algas... Que está moi satisfeita co seu traballo, aínda que é a máis pequena da empresa. Teñen unha máquina que limpa uns 50 kg de mexillóns nuns minutos; contounos que o que menos lle gusta do porto é que está moi sucio e o tránsito dos camións que transportan as aspas dos muiños de vento.
Noelia, Iván Suárez e Diego
Chegamos a bo porto con Chuco
Enviado por Menchi o Xov, 10/10/2019 - 10:04Chuco foi un mariñeiro que nos explicou que os primeiros barcos eran de madeira, durmíase nunha táboa e daquela pensaban se ían comer ou non, non tivo zapatos ata os cinco anos; tamén nos contou que comezou con trece anos e que deu a volta ao mundo tres veces: dúas en barco e unha en avión. As mozas levaban o peixe na cabeza ata o mercado. Contounos como o porto foi cambiando dende que el comezou. Iván Gomis, Tiago, Aitor e Pablo
.
Benvida ao Site do proxecto O Porto de Marín
Enviado por xose o Mar, 01/10/2019 - 20:24Durante este curso 2019-2020 levaremos adiante o Proxecto Documental Integrado "Chegamos a bo porto", con propostas de actividades que lle axudarán ao noso alumnado a coñecer o Porto de Marín. A tal efecto elaboramos un Site (web) onde se recollerán esas propostas e toda a información relativa ao Porto de Marín, accesible pinchando na imaxe.