4º Primaria
Chegamos a bo porto con Umberto
Enviado por Menchi o Xov, 19/12/2019 - 13:13Umberto era un mariñeiro que pasaba o Nadal no barco, case non vira aos seus fillos crecer; no Nadal traballábase tódolos días e só se comía un pouco de turrón. Tamén traballaba no arrastre e díxonos: "imaxinádevos que sodes peixes e fixo como se nos tirara unha rede e como se nos pescara a todos xuntos". O que máis nos impresionou foi que pescou un tiburón martelo.
Lucia Couso, Pedro, Miguel e Dani.
O magosto en 4ºB
Enviado por Menchi o Xov, 14/11/2019 - 13:36Celebramos o magosto o venres 8 de novembro e fixemos moitos xogos como: tiro á diana, o limbo das castañas, relevos cunha castaña, pasar a castaña cun vaso... Despois repartiron as castañas para comer e o chocolate quente e uns biscoitos pequenos e mentres merendábamos xogábamos polo patio. Por último repartiron carbóns para pintar a cara e fumos para clase e tíñamos a cara chea de negro co carbón. Pasámolo xenial!!!
Mario, Xián, Estrella e Carlota
Visita praza de toros: "Exhibición policía"
Enviado por Menchi o Dom, 10/11/2019 - 22:08O día 25 de outubro fumos a plaza de toros de Pontevedra, había policías, cans e cabalos; vimos como os cans facían acrobacias, como axudaban aos policías cos delincuentes e se defendían. Un can levantou a bandeira de España, tamén había un home que facía de delincuente que lle robou o bolso a un policía e meteuse nun camión e o can saltou pola fiestra agarrouno dun brazo e o tirouno pola fiestra do camión. Despois chegaron os cabalos que saltaron un aro ardente e tamén defenderon o coche da policía e andaban facendo zig zag. Sabedes que se poden adoptar os cans policías? (podedes informaros na páxina "Héroes de 4 patas").
Rocío, Emma, Aitor e Naiara.
Samaín 2019:" A auga sube e baixa"
Enviado por Menchi o Dom, 10/11/2019 - 19:56Os alumnos de 4º escriberon un poema para celebrar o samaín. Esperamos que vos guste.
Chegamos a bo porto con Segundo
Enviado por Menchi o Xov, 07/11/2019 - 13:35Segundo é un mariñeiro que traballou engraxando os motores dos barcos. Foi naúfrago, contounos que foi nunha balsa salvavidas e había unha pastilla que tomabas e xa non tiñas fame, eles non a tomaron porque en tres horas xa os recolleron. Contounos que se atoparon cun tiburón martelo que medía case coma unha aula e tamén contou que á hora de comer tiña que agarrar o plato porque se non caíache enriba.
Somos Mateo, Lucía Barreiro, Yésika e Marcos
Chegamos a bo porto con Laura
Enviado por Menchi o Mar, 22/10/2019 - 16:54Laura contounos que traballaba nunha empresa do porto que se adica aos moluscos, venden mexillóns, ameixas, algas... Que está moi satisfeita co seu traballo, aínda que é a máis pequena da empresa. Teñen unha máquina que limpa uns 50 kg de mexillóns nuns minutos; contounos que o que menos lle gusta do porto é que está moi sucio e o tránsito dos camións que transportan as aspas dos muiños de vento.
Noelia, Iván Suárez e Diego
Chegamos a bo porto con Chuco
Enviado por Menchi o Xov, 10/10/2019 - 10:04Chuco foi un mariñeiro que nos explicou que os primeiros barcos eran de madeira, durmíase nunha táboa e daquela pensaban se ían comer ou non, non tivo zapatos ata os cinco anos; tamén nos contou que comezou con trece anos e que deu a volta ao mundo tres veces: dúas en barco e unha en avión. As mozas levaban o peixe na cabeza ata o mercado. Contounos como o porto foi cambiando dende que el comezou. Iván Gomis, Tiago, Aitor e Pablo
.
Vivindo a radio cos de 4º B
Enviado por josean o Xov, 20/06/2019 - 23:23Os alumnos de 4ºB cóntannos as novas do colexio, recoméndannos algúns libros para o verán e fan unha chea de divertidas entrevistas. Eles din que foi unha proba, pero se o foi foi unha proba estupenda.
Os nenos de 4º fomos aos museos da Coruña
Enviado por Anónimo o Xov, 30/05/2019 - 13:03( Equipo 5 de redacción: Sara e Alexandra)
O martes, dia 28 de maio, os nenos de 4º de primaria fomos á Casa das Ciencias, ao Domus e ao Acuario.
Pasámolo moi ben. O primeiro lugar que visitamos foi a Casa Das Ciencias. No baixo había un péndulo xigante que mostra a rotación da Terra, unha incubadora con pitiños... Na segunda planta había experiencias como unha ilusión óptica, un canón de aire cun globo flotando, unha creadora de pompas de xabón enormes, a simulación de vento no deserto e outra de auga na Terra. Na 2ª planta había unha exposición temporal de péndulos con columpios, un metrónomo... A terceira planta estaba adicada á astronomía con moita información sobre o espacio, as constelacións... e cunha cabina na que podías ver algo parecido a un extraterrestre. Por último visitamos o planetario, no que nos puxeron unha minipelícula na que un vampiro chamado Von Siro, que era astrónomo, quería ver a luz do Sol sen convertirse en polvo. O seu axudante, Dagoberto inventou unha máquina coa que podías verte en calquera sitio como na Lúa, en Saturno...
O segundo lugar que visitamos foi a Domus, na que vimos a evolución humana e os seus cranios, un xogo simulando a caza no que tiñas que tirar pelotas nuns buratos con forma de bisontes, unha máquina que medía a lonxitude do teu corpo, e do tu fémur e úmero. Na entrada había unha foto da Mona Lisa feita con fotos de caras de persoas, unha torre de libros...
Despois de comer fomos ao acuario. Alí vimos peixes moi raros que nunca viramos e un que tiña branquias e pulmóns. O que máis nos gustou foi ver cando lle deron de comer ás focas.
Día Mundial da Poesía
Enviado por Anónimo o Ven, 22/03/2019 - 13:09( Equipo 1 de redacción: Carlota, Elva, Candela e Irene)
Onte, 21 de marzo, foi o Día Mundial da Poesía. Os nenos de 4º curso para celebralo lemos varias poesías e escribimos a que máis nos gustou. Lemos poesías de varios autores como: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Luis Pimentel, Lois Pereiro, Xosé Mº Díaz Castro... Tamén fixemos unha poesía inventada.
As dúas profesoras de 4º colgaron as poesías polo corredoiro para que todo o mundo poida lelas. Este día é chamado Primavera dos Poetas e o seu principal obxectivo é soster a diversidade dos idiomas.
Estas son algunhas das nosas poesías:
O noso robot Mbot
O noso robot, Mbot
cando fai bip, bip,
acéndese o motor.
O noso robot, Mbot
cando xira para un lado
vólvese azulado.
O noso robot, Mbot
cando vai para diante
vólvese un diamante.
O noso robot, M bot
cando vai para atrás
ponse a cantar.
XOEL
O tiburón
O tiburón xoguetón.
O tiburón tontorrón.
O tiburón lambón.
O tiburón cabezón.
Aínda que...
é un nubarrón.
ROBERTO
O meu hámster Manolo
O meu hámster Manolo
é moi xoguetón.
O meu hámster Manolo
queríalle un montón.
O meu hámster Manolo
era moi amoroso.
O meu hámster Manolo
faleceu fai un montón.
ALEXANDRA
Mbot, o noso robot
Mbot, o noso robot
é moi xoguetón.
Cunha táblet se conduce
e fai un cruce.
Vai para diante, vai para atrás,
vai para un lado e volve a xirar,
vai para o outro e encende as luces,
esquiva un obstáculo
e fai un espectáculo.
O noso robot
canso está
conéctase ao ordenador
e vai descansar.
LAURA
O meu paxariño, Pepo
adorable,
mimoso
e pequeno.
Pequeno é Pepo,
bonito e riquiño.
O meu corazón
teno todiño.
CANDELA
A miña familia
A miña familia é especial
son cariñosos, así sen máis,
quérenme moito tal como son,
eu tamén a eles, aínda que son un montón.
Son bos, á súa maneira,
porque, aínda que teñen carácter,
teñen paciencia.
Eu ríome moito,
porque son moi graciosos
e cando estou con eles
fan chistes moi chistosos.
IRENE
Que larpeiros son!
Os alumnos do Sequelo,
que larpeiros son!
Por aquí un caramelo,
por aquí un bombón
No entroido,
filloas;
No nadal,
mazapáns;
No verán...
Xa vou reventar!
BREIXO V.
Estoupaglobos
Enviado por josean o Ven, 15/03/2019 - 18:00Dúas versións do estoupaglobos, onde o visor é manexado co rato, e a misión é estoupar tantos globos como poidas. O primeiro máis lento dentro do grupo de rapaces de 4º titorizado por Álvaro Pereira Omil e o segundo moitísimo máis rápido feito por outro grupo de 4º
O compost
Enviado por Anónimo o Xov, 14/02/2019 - 13:25Equipo 3 de redacción ( Xoel, Laura, Yasmín e Carla)
O mércores 13 de febreiro, uns nenos de 6º curso ( Nayara, Mateo, Ángela e Samuel) ensináronnos cunha presentación de diapositivas o que é o compost.
A cousa que máis nos chamou a atención foi por que está formado o compost, e agora xa o sabemos; está formado por residuos orgánicos, terra, follas, paus...
Non se poden botar líquidos como o leite e a sopa, medicamentos, pilas, plásticos, vidros...
Despois leváronnos a ver o compost que estaba no patio. O compost tarda de 6 a sete meses en convertirse en terra fértil.
Algúns animais como as miñocas, lesmas, caracois...descompoñen o compost.
Encantounos, pero...que peste!
Traballando en clase
Enviado por Anónimo o Xov, 14/02/2019 - 12:31Equipo 4 de redaccion ( Martín, Sara, Alexandra, Dani e Rubén )
Chegamos de vacacións de Nadal con moita enerxía!
Aínda que non escribimos no blogue, estamos a traballar moitísimo en clase.
En ciencias da natureza, fixemos un traballo, chamado "Menú saudable" no que tivemos que poñer unha dieta para tres dias.
En informática seguimos con M-Bot e tamén estamos facendo un traballo sobre animais.
Para o Día da Paz cantamos con todo o colexio unha canción coa música da "Marcha Radetzky" e fixemos o sonido co corpo. Despois de ensaiar, sempre nos doían as mans e as pernas. Sabiamola moi ben! E saiunos xenial!
En lingua escribimos moitos textos, por exemplo, descricións. A ver si acertades de que personaxes falamos.
Din que habita nos castelos. Poden ser de cor azul, amarelo, vermello...É moi grande e voa, e as barbacoas que fai --mmm!...Que ricas!
Non ten moitos amigos e algunha vez casi seguro que tiveches algún peluche del. ( Breixo S.)
Parece unha persoa normal, pero cando a lúa está chea crécenlle moitos pelos polo corpo, póñenselle os dentes moi afiados e as orellas, coma as dos...
Dá moitísimo medo! (Breixo V.)
Bo Nadal
Enviado por josean o Mér, 05/12/2018 - 19:20Adrián Pesqueira coordinou o grupo de 4º que realizou esta postal, traballando coas flechas do cursos e a do espazo
Unha excursión moi chula
Enviado por Anónimo o Lun, 26/11/2018 - 12:58( Equipo 3 de redacción: Roi, Breixo S., Roberto e Breixo V. )
O mércores 21 de novembro, os nenos de 3º e 4º cursos de primaria fomos ao Café Moderno a visitar unha exposición de grabados de Francisco de Goya e Salvador Dalí. Antes fixemos un grabado coa técnica da punta seca. Esta técnica consiste en raiar cun punzón unha superficie lisa, pintala con pintura, sacar a pintura agás a que está nos buratos e estampalo contra un cartón, papel... Así queda o debuxo pintado no cartón.
A continuación fomos mirar os grabados de Goya e Dalí. Ensináronnnos dúas caixas, unha de Dalí e outra de Goya. Tamén nos ensinaron unha caixa atrapafantasmas coa que atrapamos tres monstros.
Despois fomos ao Auditorio de Afundación a mirar unha obra musical titulada " O máxico planeta dos instrumentos insólitos". Trataba de dous señores que creaban e tocaban instrumentos. Chamábanse Diego e Jorge e tocaron: o serrucho musical, o brick de leite con cordas, a guitarra caldeiro, o recolledor frauta, a basoira frauta, a silla de camping frauta, o acordeón, o violín, a frauta feita cun óso, a culler coa sartén, as dous culleres, a frauta traveseira, a bandurria, o theremín...
Breixo Sanjorge tocou o theremín. Pasámolo xenial!
CAMPEONATO MUNDIAL DE XADREZ DE CADETES
Enviado por Anónimo o Lun, 12/11/2018 - 12:53( Equipo 2 de redacción: Yasmín, Laura, Carla, Maroua e Xoel)
O Campeonato Mundial de Xadrez de Cadetes estase a celebrar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Empezou o día 3 e rematará o 16 de novembro. Nel participan máis de 800 nenos de 86 países diferentes. Hai 69 xogadores galegos, entre eles os nosos compañeiros Breixo e Darío.
As partidas comezan ás 16:00 e algunhas pódense ver en directo na web do campeonato. Hai tres categorías sub-8, sub-10 e sub-12. Breixo, que está na nosa clase, participa na sub-8. Confiamos que quede en bo posto.
Ánimo Breixo!
(Foto da delegación española, atopas a Darío e Breixo?)
"A clase encantada dos 18 nenos" conto terrorífico de 4ºA
Enviado por Anónimo o Ven, 09/11/2018 - 21:47O alumnado de 4ºA fixemos un conto que se desenvolve no noso colexio e do que somos protagonistas todos os nenos da clase, que temos que artellar un plan para salvar á mestra... De que ou de quen? Conseguirémolo?... Só vendo a nosa representación o descubriredes.
"O vello muíño" conto terrorífico de 4ºB
Enviado por Anónimo o Ven, 09/11/2018 - 21:35O alumnado de 4ºB creamos un conto que se desenvolve nun muíño, uns nenos perdidos no bosque atopan un muíño donde refuxiarse, pero... Que pasará alí? Non deixedes de ver a nosa representación se queredes averigualo.
XA ESTAMOS EN CUARTO!
Enviado por Anónimo o Xov, 18/10/2018 - 12:17(Equipo de redacción: Breixo S., Breixo V., Roi e Roberto)
Estamos en cuarto de primaria, isto xa é máis difícil. Fixemos xa tres exames. Temos unha compañeira nova, Maroua, e marchou un neno chamado Alejandro.
Temos tres profesores novos; o de educación física, Agustín, o de inglés, Ramón, e o de plástica, Jorge. Todos son moi bos.
Agustín díxonos que os que queiramos, podemos ir a Xogade, que é un concurso entre colexios que ten estas probas ás que te podes apuntar:
-Fútbol sala.
-Campo través, que é correr por un monte.
-Atletismo, que é salto de altura, salto de lonxitude, lanzamento de pesas...
Roi vai ir a campo través e a fútbol sala, Breixo Sanjorge vai ir ao mesmo, Roberto só a fútbol sala e Breixo Vidal a campo través e a fútbol sala.
En clase fixemos moitos textos, e algúns foron anécdotas. Aquí temos a de Roberto:
"Estaba na aldea cando escoitei barullo. Saín da cociña onde estaba comendo para ver. Cando saín un can meu, chamado Tití entrou pola ventá e comeu o meu filete. Cando entrei dinme conta de que Tití comera o filete."
Xuntanza centros de Marín
Enviado por Menchi o Ven, 29/06/2018 - 11:44O pasado 20 de xuño os centros de Marín : IES Mestre Landín, CEIP Carballal e CEP Sequelo reunironse na alameda para coñecer os proyectos de robótica levados a cabo nos respectivos centros.Os alumnos de 4ºA do Sequelo presentaron o seu proxecto de robótica basado no proxecto transversal do río Lameira..