Secretaría

CLAUSTRO 2020-2021

Se premedes enriba da imaxe accederedes á información referente á composición do claustro da nosa Comunidade escolar, tanto titores como especialistas.  A estas alturas inda non se nos asignaron os novos mestres que substituirán aos compañeiros que están de baixa:  Orientación e Educación Física. Nestes días, cando se incorporen, completarase.

Entre mañá e pasado, informaremosvos pola web, especialmente aos novos alumnos do centro do horario de entrada e saída, e da entrada que corresponde a cada curso. Ademais, antes do comezo do curso subirase a esta páxina web o protocolo e os alumnos de primeiro terán unha reunión informativa ao aire libre coas súas mestras.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. RECOLLIDA VALES AXUDAS

As listaxes definitivas pódense consultar na entrada do centro.

O horario para a recollida dos vales será:

Luns 13 de xullo 2º, 4º, 6º (de 10:00 a 13:00)

Martes 14 de xullo 1º, 3º, 5º (de 10:00 a 13:00)

Para os que non poidan vir nesas datas poden pasar o mércores 15, ou esperar ao comezo do curso en setembro, xa que non caducan.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estas listaxes pódense consultar na entrada do centro. O prazo de reclamacións será os días 8 e 9 de xullo.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ALUMNADO DE 1º E NOVA INCORPORACIÓN

Prazo formalización matrícula: Do 1 ao 10 de xullo.

Documentación a aportar:

  • Impreso formalización matrícula
  • 2 fotos tamaño carnet
  • Fotocopia do Libro de Familia

Horario Secretaría: De 10 a 13 horas.

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2020-2021

De acordo co contemplado na Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales ( «BOE» núm. 294, de 06/12/2018), as familias que solicitaron praza no CEP Sequelo para o vindeiro curso 2020-21 poden consultar no taboleiro de anuncios do centro a Lista Definitiva de Admitidos.

Durante o periodo de reclamacións establecido pola lexislación, non se presentaron alegacións á lista provisional de alumnado admitido e non admitido.

LISTAXES ALUMNADO ADMITIDO

As familias que solicitaron praza para o vindeiro curso 2020-2021, para 1º de primaria, poden consultar na Secretaría do colexio a listaxe provisional de alumnado admitido tralo proceso de baremación polo Consello Escolar. O periodo de reclamación é de tres días habiles.

Non demais cursos non foi necesario efectuar este proceso porque as solicitudes non superaron o número de vacantes existentes, polo cal foron admitidas todas as presentadas.

Información ás familias: Prazos de admisión do alumnado e programa de gratuidade de libros de texto

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado desde o día 11 ata o día 18 de maio de 2020*

Novos prazos do proceso:

1.- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

2.- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

3.- Prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

4.- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

5.- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

O proceso levarase a cabo a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal/ ou solicitando CITA PREVIA:

Teléfonos: 886151326/ 886151325

Correo: cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal

PROTOCOLOS DE SEGURIDADE:

Para evitar contaxios nas instalacións do centro seguiremos o seguinte protocolo:

  • Levar mascarilla.

  • Respectar a distancia de seguridade.

  • Acudir un só adulto, sen nenos/as.

  • Cumprir coas instrucións que figurarán ben visibles na porta principal do edificio: esperar nas zonas sinalizadas ao efecto, nas que dispoñerán de xel de manos, chamar ao timbre e acceder só cando se lles indique.

LIBROS DE TEXTO

A partir do 18 de maio de 2020 comezará o prazo para que soliciten a participación no programa de gratuidade de libros de texto.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

Prazo de presentación: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.

Presentación telemática en Fondolibros

A contía das axudas para adquirir libros de texto será: a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €

Participar no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de primaria) dá dereito a:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

Para a presentación no centro débense cumprimentar o ANEXO_I e o ANEXO_II, que se poden descargar nos  adxuntos.

ADMISIÓN ALUMNADO E LIBROS DE TEXTO

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS:

PRAZOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO E PROGRAMA DE GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO

  1. 1.    SOLICITUDES DE ADMISIÓN
  • Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado desde o día 11 ata o día 18 de maio de 2020*
  • Novos prazos do proceso:
    • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
    • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
    • Prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
    • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
    • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

O proceso levarase a cabo a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal/ ou solicitando CITA PREVIA:

PROTOCOLOS DE SEGURIDADE:

Para evitar contaxios nas instalacións do centro seguiremos o seguinte protocolo:

  • Levar mascarilla.
  • Respectar a distancia de seguridade.
  • Acudir un só adulto, sen nenos/as.
  • Cumprir coas instrucións que figurarán ben visibles na porta principal do edificio: esperar nas zonas sinalizadas ao efecto, nas que dispoñerán de xel de manos, chamar ao timbre e acceder só cando se lles indique.

 

  1. 2.    LIBROS DE TEXTO

Segundo as informacións das que dispoñemos na actualidade, a partir do 18 de maio de 2020 comezará o prazo para que soliciten a participación no programa de gratuidade de libros de texto.

Aviso familias: vacacións de Semana Santa

Durante a Semana Santa (6 ao 13 de abril), ao tratarse dun período de vacacións xa establecido, non se publicarán tarefas para o alumnado na web dinámica nin se avanzarán materias. Esperamos novas instrucións sobre o funcionamento no terceiro trimestre e en canto as recibamos farémolo saber á comunidade escolar.

Asegurádevos de ter instalada e funcionando a aplicación "Abalar Móbil" posto que é unha aplicación básica para poder manteros en contacto cos docentes, recibir as cualificacións do 2º trimestre ou propostas de traballo para os vosos fillos e fillas.

Aviso para as familias do alumnado (13/03/2020)

Dadas as circunstancias excepcionais de pandemia declarada pola OMS o profesorado recomenda que o alumnado realice durante o periodo sen clases actividades como: Repaso dos contidos dados ata o momento nas diversas materias e lecturas variadas.

Para manter a calma adiantamos uns Consellos para organizar a vida diaria na casa durante a cuarentena.

Os profesores póñense en contacto coas familias e o alumnado a través de teléfono móbil, a aplicación Abalar Móbil e e-mail, que tamén están a utilizar para enviar as tarefas para os nenos/as. Estes medios compleméntanse con esta web dinámica, nos blogs dos respectivos cursos:

O alumnado de 5º e 6º está empregando o Edixgal.

Ademais dos cursos, tamén hai blogs de áreas e blogs complementarios (aparecen nos bloques da parte dereita desta web), onde publicaremos tarefas concretas para o alumnado:

Inglés 1º a 4º: Blog de lingua inglesa ( 1º a 4º)

Inglés 5º e 6º: Blog de lingua inglesa (5º e 6º)

Música: Blog de música

Relixión Católica: Relixión Católica

Blog de Relixión Católica: Profe Inés (Shalom)

Educación Física: Educación Física

Blog de Educación Física: Profe Tamara

Blog de primeiro curso: Verdeiroles 1º

Blog de segundo curso: Verdeiroles 2º

Para calquera dúbida poden contactar co profesorado nos seus correos electrónicos.

Por último, no enlace que segue ofrecémosvos actividades de aprendizaxe para utilizar como repaso para todos os cursos, e que iremos actualizando segundo atopemos novidades (estas actividades en ningún caso son obrigatorias):

 Enlaces web para os distintos cursos

Calendario escolar 2019-2020.

Facendo clic no seguinte enlace, veredes o Calendario escolar 2019-2020.

Calendario 2019-2020.

Listaxe provisional do reparto de libros para o curso 2019-2020

Deixamos o arquivo adxunto coa listaxe provisional do reparto de libros para o curso 2019-2020.

As familias que solicitaron a participación no fondo de libros de texto de 3º e 4º recomendamos non comprar ningún libro ata setembro, por se o centro puidera dispoñer dalgúns exemplares unha vez comezado o curso.

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.