PLAMBE
Traballamos a Banda Deseñada con Vázquez (II)
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 22:48A Avoíña Paz era un dos tantos personaxes que creou Manuel Vázquez para Editorial Bruguera e que tiña como característica especial que o 80% das súas historias tiñan lugar no bosque, onde ademais vivía un lobo feroz que se enfrontaba á feroz avoíña.
Dentro do noso proxecto do río, Que é o que tenta facerlle entender ás rás a Avoíña Paz?
Traballamos a Banda Deseñada con Alfons Figueras
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 22:25Dentro dos autores máis clásicos do mundo do cómic español Alfons Figueras, que como Conti e Vázquez traballaron para a Editorial Bruguera, crea un estilo diferente cun estilo propio cheo dun humor subrrealista en personaxes como Topolino, o último heroe, Aspirino e Colodión, Cine Locuras ou en historietas curtas coma esta "Aquí está don Gaspar", marcada pola ausencia de diálogos.
Traballamos a Banda Deseñada con Conti
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 00:22Conti, outro dos mestres xurdidos nos anos 40 na barcelonesa editorial Bruguera que durante 40 anos foi o núcleo ao redor do cal xiraba o mundo da potente historieta cómica xuvenil e infantil en España, que surtía semanalmente as estanterías dos nosos kioscos e librerías cunha manchea de revistas.
Así reinterpretou un dos nosos alumnos o seu personaxe "O Tío Magdaleno".
Traballamos a Banda Deseñada con Vázquez
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 00:13Este ano, á Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia decidiu centrar o seu traballo ao redor dun xeito de contar tan antigo como o home, a Banda Deseñada. Noutrora a Banda Deseñada tivo unha forte presenza en España con dous importantes focos en Valencia e Barcelona, no que se refire á historieta de humor. Da "escola Bruguera" con sede en Barcelona xurdiron importantes mestres coma Manuel Vázquez co que traballaron os nosos alumnos nun dos seus personaxes menos coñecidos, este Azufriño que ía sementando o mal polo mundo.
Dímoslles tódalas viñetas menos a da resolución da historia e curiosamente este alumno chegou a un final semellante ao que nos anos 50 lle dera o autor. Moi interesante ese achado das sombras sinalando na última viñeta
Día do Amor e da Amizade
Enviado por inesduran o Mar, 13/02/2024 - 22:05Semana do Entroido
Enviado por inesduran o Sáb, 10/02/2024 - 12:26A Paz no CEIP Sequelo
Enviado por laurarialf o Dom, 04/02/2024 - 16:13Esta semana celebramos o día da paz representando o noso río Lameira nun mural que enchemos con barcos, paxaros e peixes con mensaxes de paz. Tamén cantamos varias canción: “It’s time to change” de Juanes e “Help!” dos The Beatles coa Teacher María e “Que canten los niños” de José Luis Perales coa profe Montse.
Aquí tendes as magníficas actuacións e algunhas imaxes do mural!
30 xaneiro, Día da Paz
Enviado por inesduran o Dom, 04/02/2024 - 13:49Cartel para o Enterro da Sardiña
Enviado por inesduran o Mar, 30/01/2024 - 22:23Doazón de Libros
Enviado por inesduran o Mar, 30/01/2024 - 13:55Obradoiro de papiroflexia...
Enviado por inesduran o Dom, 21/01/2024 - 22:44Recomendacións Lectoras
Enviado por inesduran o Ven, 12/01/2024 - 21:37Na Residencia do Maior e no Illa de Tambo por Nadal...
Enviado por inesduran o Xov, 28/12/2023 - 20:12O pasado luns, día 18 do mes de Nadal,
un grupo de cantores da clase de Relixión e de 3º de inglés,
fixeron unha visita á Residencia do Maior de Marín.
Despois de mirar o Belén da Residencia
cantaron no Centro Comunitario
para lles desexar unhas boas festas.
onde algúns cursos de Relixión da ESO tiñan preparadas unhas panxoliñas.
Nadal no Sequelo
Enviado por laurarialf o Ven, 22/12/2023 - 14:47Onte no CEIP Sequelo tivemos unha morea de cousas. Comezamos a mañá escoitando panxoliñas da man da profe Inés e moitos dos nenos e nenas do cole. Ao rematar, puidemos coñecer aos finalistas e gañadores e gañadoras do concurso de postais que dende o cole facemos cada ano.
Na hora do patio, tivemos unha sorpresa...Chegou Papá Noel! Os nenos e nenas de Infantil e primeiro non dubidaron en entregarlles a súa carta. Logo de xogar un pouquiño no patio, chegaron as actuacións! Os diferentes cursos foron cantando e interpretando cancións de nadal tanto en galego, coa axuda da profe Montse, como en inglés, coa axuda da Teacher María. Xusto cando estabamos rematando, tivemos outra sorpresa...Apareceu o apalpador! Os nenos e nenas de terceiro puideron darlles uns debuxos moi bonitos que eles e elas mesmas lle fixeron. Por último, para rematar o día de festa, a ANPA preparounos chocolate con churros moi delicioso. Que sorte tivemos!
Para que vexades un pouquiño da mañá deixámosvos dous vídeos: un cheo de imaxes e outro con algunhas panxoliñas e actuacións da mañá para que nos escoitedes entoar as nosas voces e vexades como movemos o esqueleto.
Ao longo deste mes, tamén desfrutamos do tren de Nadal do Concello que nos levou polas rúas de Marín para ver que chulas e navideñas están. No vídeo tendes algunha fotiño!
Por último, este ano o noso cole cumpliu 50 anos! Por iso fixemos unha tarta moi grande, decoramos unhas velas moi chulas e pegámosllas. Por suposto, cantámoslle cumpleanos feliz. Parabéns CEIP Sequelo!
Moitas gracias á ANPA por decorar o cole tan chulo de nadal, por eses churros con chocolate tan ricos e por toda a súa implicación!
Tamén agradecer a Papá Noel e ao apalpador por vir un ratiño ao noso cole e poder vivir un momento máxico cheo de ilusión!
BO NADAL!
No GRUPO por Nadal
Enviado por inesduran o Sáb, 16/12/2023 - 18:31Mary Poppins estuvo aquí!!!
Enviado por inesduran o Mér, 13/12/2023 - 17:23- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »