Horta escolar
Plantamos e sacamos as herbas malas!
Enviado por Belen o Sáb, 04/03/2023 - 09:41Plantamos dentro do colexio, plantas ornamentais e na horta do colexio: cebolas, brócoli, coliflor e remolacha. Regamos, sacamos as malas herbas e recollemos a coliflor e o brócoli para comer. Tamén lle puxemos os paus ós guisantes, que xa están florecendo! Temos as patacas tapadas con papel de xornal para que broten e plantarémolas. As semillas das cabazas tamén están desexando que as sementemos.
Horta do Sequelo
Enviado por Belen o Mar, 04/10/2022 - 07:59O VENRES ENCHEMOS OS BANCAIS DE TERRA PARA COMEZAR ESTA SEMANA A PLANTAR AS HORTALIZAS PARA O INVERNO.
GRAZAS AO CONCELLO POR TRAERNOS A TERRA E AOS NENOS/AS DE 6º CURSO POR COLOCALA. TAMÉN NOS AXUDOU MOITO O CONSERXE DO COLEXIO.
Visitamos o Composteiro comunitario
Enviado por Belen o Lun, 23/05/2022 - 09:35
O PASADO XOVES FOMOS A VISITAR O COMPOSTEIRO COMUNITARIO GRAZAS Ó PROGRAMA REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN XOÁN XXIII.
Traballamos no horto
Enviado por Anónimo o Dom, 21/11/2021 - 19:55Xa está en marcha o horto escolar! O pasado venres o nenos e nenas de terceiro estivemos a traballar no horto escolar:
- Preparamos a terra abonándoa e aireándoa.
- Plantamos repolos.
- Regámolos.
- Estivemos vendo todo o que xa plantaran os nosos compañeiros doutros cursos.
Agora toca coidalo!!!