TALLER DE ESCRITA PARA O SAMAIN
Outro ano máis que comezamos o noso taller de Escrita. Os nosos manuais son este ano "As señoras cousas" de Helena Villar Janeiro e visto os bos resultados de anos anteriores "Meu gato é un poeta". A partir dunha sensación... que ten que ver coa época do Samaín que estamos vivindo, fixemos cos rapaces unha treboada de ideas, eleximos de entre elas un personaxe principal e co esquema dun dos poemas de Fran Alonso elaboraron colectivamente este pequeno texto. O Acrostico por outra parte foi únicamente traballar a partir dun sentimento, buscaron palabras a redor do tópico que empezasen por esa letra, buscaron rimar palabras e desta vez empezaron polo final que nunha reviravolta sorprendente era tamén o título. Estudaremos outras formas de crear textos.
Aterradores chíos,
Ruidos infernais,
Risas pantasmais,
Estraños estoupidos,
Perigos Terribles
Invanden de rostros,
Os ollos da noite
Enviar un comentario novo