EQUIPACIÓN PARA EDUCACIÓN FÍSICA
ÁREA DE EDUCACIÓN FÍSICA
Estimadas familias:
Como sabedes, cada grupo-aula terá 2 sesións semanais de Educación Física.
Estes dous días será necesario que o/a neno/a traia á escola, para poder realizar as sesións, o seguinte material:
-
Roupa deportiva:
-
Chándal, mallas, camiseta,… cómodos.
-
Evitar prendedores no pelo e colgantes cos que se poidan mancar. O pelo longo debe estar recollido cunha goma.
-
-
Calzado deportivo:
-
Calzado deportivo cómodo. De ser posible con velcro, sobre todo no caso de non saber atar os cordóns.
-
Os días de choiva, que iremos ó pavillón deberán traer outro par de zapatillas ou tenis secos e así evitar riscos innecesarios (esvaróns, caídas, golpes,…) e para non raialo nin estragalo.
-
-
Unha mochila ou similar con:
-
Seguindo as Instrucións do Protocolo de adaptación a COVID-19, o uso da máscara será obrigatorio tamén durante as sesións de Educación Física. De maneira opcional, poderase traer unha máscara a maiores para o seu cambio logo das sesións de Educación Física.
-
Toalla pequena para secar a suor ó rematar as sesións de Educación Física.
-
Una botella de auga, xa que é recomendable beber antes, durante e despois das sesións de Educación Física, evitando a deshidratación.
-
Unha viseira, para protexer a vista e a cara do sol, cando as sesións se realicen nas pistas exteriores.
-
Para evitar riscos de contaxio e en cumprimento das normas de seguridade ditadas no Protocolo de adaptación a COVID-19, debido a que actualmente está prohibido utilizar os vestiarios do pavillón municipal, vémonos na obriga de suspender (mentres a situación actual da pandemia o requira) a muda de camiseta despois das sesións de Educación Física.
-
Deste xeito, só se mudará a camiseta en casos excepcionais.
Aínda que o exercicio físico que se practica nas sesións de Educación Física non é de alta intensidade e está adaptado ás capacidades das alumnas e dos alumnos, é importante que a mestra de Educación Física teña coñecemento e estea informada das lesións ou enfermidades que poidan sufrir as nenas e nenos, co fin de evitar actuacións pouco axeitadas e procurar a súa recuperación.
Deste xeito, será imprescindible comunicar as posibles doenzas que poidan sufrir os seus fillos/as, xa sexa de tipo cardiovascular, alerxias, dificultades respiratorias, etc. Nestes supostos, sería aconsellable facernos chegar as recomendacións médicas para a práctica de exercicio físico.
Toda información que nos faciliten será tratada de xeito totalmente confidencial, tal e como se dita na Lei de Protección de Datos e no Protocolo de Protección de Datos editado pola Xunta de Galicia, sendo tratados sómente para os fins anteriormente expostos.
Póñome a súa disposición para aclarar calquera dúbida. Moitas gracias pola colaboración.
Un saúdo cordial,
Ana Belén Mata Vidal
Enviar un comentario novo