Máscaras para o alumnado (Orde 6 novembro 2020)
Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/21 (Orde de 6 de novembro de 2020)
O alumnado que resultou beneficiario das axudas de material será tamén, directamente, beneficiario das máscaras, sen necesidade de presentar solicitude. Nese caso as familias serán informadas polo colexio cando se dispoña das máscaras.
O resto do alumnado que non foi beneficiario das axudas de material por diferentes circunstancias, deberá entregar solicitude, sempre que reúna os requisitos esixidos:
- a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
O prazo para presentación de solicitudes remata o xoves 26 de novembro. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Enviar un comentario novo