Benestar emocional
Os seres humanos, e en xeral o reino animal, somos esencialmente emocións (alegría, tristeza, medo e rabia son as máis básicas). O ser humano desenvolveu evolutivamente outra capa: a razón, os pensamentos, que obteñen a súa enerxía e se sustentan sobre esas emocións. De aí a importancia de aprender a educalas para conseguir unha mente ordenada que nos conduza ao benestar e a unha vida feliz.
Para traballar a educación emocional é moi coñecido o modelo do GROP (Grup de Recerca en Orientació Psicopedagógica) da Universitat de Barcelona, baseado en cinco dimensións:
1. Conciencia emocional: capacidade para tomar conciencia das propias emocións e das emocións dos demais.
2. Regulación emocional: capacidade para manexar as emociónss de forma axeitada.
3. Autonomía emocional: capacidade de sentir, pensar e tomar decisións por un mesmo.
4. Competencia social: capacidade para manter relacións axeitadas con outras persoas.
5. Competencias para a vida e o benestar: capacidade de adoptar comportamentos apropiados e responsables para afrontar satisfactoriamente os desafíos diarios.
A seguir engadimos algúns recursos básicos para afrontar a educación emocional no nivel de educación primaria:
Web do goberno de Aragon, http://carei.es/recursos-de-inteligencia-emocional/, que recompila unha lista de recursos audiovisuais (curtametraxes, películas...) así como outros enlaces, como por exemplo a Guía didáctica para la educación socioemocional elaborada pola Junta de Andalucía.
Enlace ao programa completo de intelixencia emocional da Diputación Foral de Gipuzkoa, dirixido á etapa de educación primaria e organizado en tres niveis: 6 a 8 anos, 8 a 10 anos e 10 a 12 anos, con libros de contidos e fichas de actividades. No blog Aula de Elena, tatopamos un resumo moi completo deste programa.
Programa de Educación Emocional de María Dolores Hurtado Montesinos, editado por Región de Murcia, 2015, dirixido a distintos niveis educativos, con moitas actividades, do que temos un resumo no blog Aula de Elena, e que tamén podemos descargar neste enlace.
Programa Escolar de Desarrollo Emocional (PEDE) elaborado pola Consejería de Educación do Principado de Asturias. Inclúe guía, caderno para traballar na aula, caderno para casa e actividades para pais e nais. Dirixido a alumnado de 8 a 12 anos.
Outro programa específico para 1º e 2º cursos de primaria, con amplo repertorio de actividades é o de Barreda Marín, M. (2016). Programa de Educación Emocional para primer ciclo de primaria. Projecte Final del Postgrau en Educació Emocional i Benestar.Barcelona: Universitat de Barcelona. Dipòsit Digital:http://hdl.handle.net/2445/107401
Club Peques Lectores, Selección de 10 libros infantís para a educación emocional.
Hai infinidade de recursos audiovisuais (videocontos, curtas, etc.,) que se poden seleccionar directamente na web (youtube...).
Finalizamos cunha contribución a nivel teórico, Educación emocional y competencias básicas para la vida, artigo de Rafael Bisquerra, en Revista de Investigación Educativa, 2003, Vol. 21, n.º 1, págs. 7-43.
Enviar un comentario novo