XXII Certame Francisco Añón
O 17 de maio, os nenos e nenas gañadores do concurso XXII Certame Francisco Añón de Poesía do ano 2018, fomos ao Concello de Outes, onde nos deron un diploma e o noso poema nunha carpeta. Ademais tivemos a oportunidade de ler o poema diante do xurado e do público. Despois do acto, tocou unha banda de música do concello de Outes, e a continuación un pequeno banquete para repoñer forzas para a viaxe de volta.
FEITO POR
Martina Pazos Iglesias
Enviar un comentario novo