Responder ó comentario
GALEGO DE CINE EN MARÍN
Enviado por josean o Xov, 13/09/2012 - 15:24Galego de cine achega ás nenas e nenos galegos unha experiencia única no cinema máis pequeno do mundo. En cada unha das 100 localidades ás que se despraza esta caravana convertida en sá de proxección, os máis pequenos da casa disfrutan dun
Non hai máis que verlles a cara mentres miran a pantalla. Unha actividade lúdica na que o galego é a lingua de comunicación natural e coa que todos acabamos aprendendo.
Finalidade
· Ofrecer unha actividade lúdica co galego como medio de comunicación normalizado.
· Espertar o interese pola creación artística en galego.
· Propiciar a adquisición de vocabulario novo.
· Coidar a corrección lingüística fonética e ortográfica.
Como o facemos
Coñecernos, xogar, imaxinar, contar
Tres profesionais encárganse de levar a cabo a actividade facilitando o ambiente lúdico e distendido preciso. Da man do revisor das palabras, as nenas e nenos participantes convértense nos protagonistas dunha experiencia única e diferente co galego que dura aproximadamente tres horas.
Tralas presentacións previas e reparto de chapas, escollemos as peliculiñas da carteleira que se proxectan no cinema máis pequeno do mundo. Cada unha achéganos a un universo diferente co que xogar. Ao rematar votamos canto nos gustan en papeletas de votación. Do mesmo xeito, pouco a pouco (a pouco) imos construíndo o seu conto que gravamos entre todos e estreamos no cine antes de que remate a xornada como se fose por arte de maxia.
Esta actividade terá lugar en Marin, o domingo día 16 de Setembro, na alameda Rosalía de Castro. Os rapaces interesados poden anotarse hoxe e mañá no concello ou o mesmo día na caravana. O aforo e de 20 nenos!.