Responder ó comentario
3 de decembro: "Inventos que facilitan a vida ás persoas con discapacidade"
Enviado por Anónimo o Lun, 06/12/2021 - 15:22Conmemoramos o 3 de decembro o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" investigando un pouco sobre os inventos que facilitan a vida a estas persoas, seguindo co noso PDI "Inventos que cambian o mundo".
Con todos os que atopamos fixemos un gran mural, e aprendimos como todos estes inventos, descubrementos e tecnoloxías fan máis fácil que o día a día destas persoas; e a importancia de seguir investigando para que estas persoas melloren a súa calidade de vida.