blogue deBelen
Campo a través- Portas
Enviado por Belen o Lun, 06/02/2023 - 15:30O xoves pasado os nenos/as de 3º curso foron a Portas.
Correron con outros nenos/as da súa idade no Campionato Provincial de Campo a través.
Noraboa!
Reserva de praza nos centros adscritos para o curso 2023-2024
Enviado por Belen o Mar, 10/01/2023 - 18:09SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS CENTROS ADSCRITOS
O alumnado de 6º curso de primaria pode solicitar a reserva de praza para o seu centro adscrito, que é o IES Illa de Tambo.
Asimesmo, o alumnado de 6º curso de Educación Infantil da EEI O Grupo pode solicitar a reserva de praza para o CEIP Sequelo.
O PRAZO É DO 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO DE 2023.
Para presentar unha solicitude deberán seguir algunha das opcións descritas no seguinte enlace:
Solicitude de reserva de praza para centros adscritos
LEXISLACIÓN APLICADA:
Xogos de sensibilización sobre discapacidade
Enviado por Belen o Ven, 09/12/2022 - 09:55Esta semana e parte da pasada, practicamos goalball, voleibol sentados, xogos sin visión e outros de toma de conciencia do sentido do oído. A finalidade destes xogos foi concienciar ao alumnado da realidade que vive unha persoa con discapacidade sensorial (visual e auditiva) ou física, experimentar e vivenciar os diferentes tipos de limitacións. Recordamos que o 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade.
Carreira de Campo a través- Xogade
Enviado por Belen o Ven, 02/12/2022 - 07:37Onte o tempo permitiu celebrar a carreira de Campo a través, medirnos con compañeiros/as da mesma idade, reencontrarnos con antigos compañeiros/as, coñecer novos/as... Pasámolo xenial e o mellor de todo foi que no noso centro, tivemos varias nenas que quedaron de primeiras. Noraboa!!!
Deixo algunhas fotos da carreira.
Vale material escolar- ampliación
Enviado por Belen o Mar, 18/10/2022 - 17:50A partires de mañá poderán recoller o vale de material escolar- ampliación na Secretaría do centro, en horario de 9:00 a 9:50 horas, de luns a venres.
Recordamos que só levará o vale o pai, nai ou titor/a legal ensinando o seu DNI. Tamén poden autorizar a outra persoa que traerá a autorización escrita xunto coa copia do DNI do pai, nai ou titor/a legal do alumno/a.
O prazo para recoller o cheque remata o 25 de novembro.
Crosstraining Blackbull Pontevedra
Enviado por Belen o Mar, 04/10/2022 - 08:24O VENRES OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º E 6º CURSO POIDERON PRACTICAR CROSSTRAINING COS MONITORES DO XIMNASIO BLACKBULL DE PONTEVEDRA.
ESTA ACTIVIDADE OFRÉCESE NESE XIMNASIO PARA MAIORES DE 10 ANOS.
O SÁBADO TIVEMOS CASE TODOS MANIOTAS!
Balonmán Cangas
Enviado por Belen o Mar, 04/10/2022 - 08:09OS LUNS DE 16:00 A 17:00 HORAS NO PAVILLÓN DO SEQUELO, PRIMEIRO PRACTICARON OS NENOS/AS DO COLEXIO PARA ANOTARSE A ESTA ACTIVIDADE.
GRAZAS AOS XOGADORES DO BALÓNMÁN DE CANGAS POR ENSINARNOS XOGOS TAN DIVERTIDOS.
Horta do Sequelo
Enviado por Belen o Mar, 04/10/2022 - 07:59O VENRES ENCHEMOS OS BANCAIS DE TERRA PARA COMEZAR ESTA SEMANA A PLANTAR AS HORTALIZAS PARA O INVERNO.
GRAZAS AO CONCELLO POR TRAERNOS A TERRA E AOS NENOS/AS DE 6º CURSO POR COLOCALA. TAMÉN NOS AXUDOU MOITO O CONSERXE DO COLEXIO.
REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS
Enviado por Belen o Mér, 07/09/2022 - 16:36ESTIMADAS FAMILIAS:
AS REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS REALIZARANSE O MARTES 13 E MARTES 20 DE SETEMBRO, NO CEIP SEQUELO, NO SEGUINTE HORARIO:
MARTES 13/09:
ÁS 16 HORAS: 6º CURSO.
ÁS 17 HORAS: 1º CURSO.
ÁS 18 HORAS: 3º CURSO.
MARTES 20/09:
ÁS 16 HORAS: 2º CURSO.
ÁS 17 HORAS: 5º CURSO.
ÁS 18 HORAS: 4º CURSO.
Benvidos ao curso 2022-2023
Enviado por Belen o Mér, 07/09/2022 - 09:52ESTIMADAS FAMILIAS:
AS CLASES COMEZARÁN ESTE VENRES 9 DE SETEMBRO ÁS 9:00 HORAS.
O ALUMNADO DE INFANTIL ENTRARÁ POLO PORTAL TRASEIRO (A CARÓN DO PAVILLÓN) E OS DE PRIMARIA (DE 1º A 6º CURSO) POLO PORTAL DIANTEIRO.
O ALUMNADO DE 1º E 2º ACCEDERÁ ÁS AULAS POLA PORTA DA DEREITA E OS DEMAIS POLA PORTA DA ESQUERDA (PRINCIPAL).
ROGAMOS PUNTUALIDADE.
DURANTE ESTE CURSO 2022-2023 NON HABERÁ UN PROTOCOLO ESPECÍFICO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO.
BENVIDOS A TODOS/AS A ESTE NOVO CURSO!!!
REUNIÓN INFORMATIVA EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por Belen o Ven, 02/09/2022 - 12:52O MÉRCORES 7 DE SETEMBRO CELEBRARASE A REUNIÓN PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL.
SERÁ ÁS 12 DA MAÑÁ NA BIBLIOTECA DO CEIP SEQUELO.
Servizos de Plan Madruga e Comedor para o curso 2022-2023
Enviado por Belen o Ven, 26/08/2022 - 20:45Información para as familias que vaian a facer uso do Plan Madruga e/ou Comedor.
PLAN MADRUGA
As familias que vaian precisar o servizo de plan madruga teñen que poñerse en contacto por WhatsApp co número: 649 76 26 14
PARA COMEDOR
Empregarase a mesma aplicación do curso pasado.
As familias xa usuarias téñen que darse de alta.
Para mais información accedan ao Facebook Sequelo Anpa
Para as dúbidas pódense poñer en contacto por WhatsApp co número: 649 76 26 14
IMPORTANTE: As familias que precisen facer uso do plan madruga e do comedor no mes de setembro teñen ata o venres 2 de setembro as 14 horas para xestionar os tramites pertinentes.
Aviso do Centro
Enviado por Belen o Mar, 05/07/2022 - 13:06O luns 11, martes 12 e venres 15 o centro permanecerá pechado por formación do novo equipo directivo, en Santiago de Compostela.
Para calquera dúbida ou aclaración, poden escribir ao seguinte email: cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal
Desculpen as molestias.
Ruta de sendeirismo polo monte Pituco- Voz Natura
Enviado por Belen o Dom, 19/06/2022 - 20:41A semana pasada fixemos unha ruta de sendeirismo polo monte Pituco. Poidemos ver os petróglifos, o mirador, a vexetación típica dos montes e algúns animais e bichos.
Aquí tedes un pequeno vídeo:
Xogos de auga despois do comedor!
Enviado por Belen o Dom, 29/05/2022 - 09:06O venres, a monitora do comedor, doulle unha sorpresa aos nenos/as! Pasárono xenial xogando coa auga e con tanta calor agradecérono moitísimo!
Xogos populares e tradicionais
Enviado por Belen o Dom, 29/05/2022 - 08:44A semana pasada practicamos a chave, a petanca e a chave con Luis gran practicante destes xogos, na súa asociación O Gharaboto.
Deixo un pequeno vídeo onde podedes ver como tódolos nenos/as do Sequelo experimentaron estes xogos e sorprendéronse da súa puntería!
Grazas, Luis!
Visitamos o Composteiro comunitario
Enviado por Belen o Lun, 23/05/2022 - 09:35
O PASADO XOVES FOMOS A VISITAR O COMPOSTEIRO COMUNITARIO GRAZAS Ó PROGRAMA REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN XOÁN XXIII.
O Camiño de Santiago
Enviado por Belen o Xov, 12/05/2022 - 14:43A continuación mostro algúns traballos realizados polos nenos/as de 1º e 3º curso na lectura de Educación Física, en relación co Camiño de Santiago.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »