blogue deinesduran
Visitas polo 50 Aniversario
Enviado por inesduran o Lun, 06/11/2023 - 21:56O Samaín na Biblioteca
Enviado por inesduran o Ven, 03/11/2023 - 12:38Contos Terroríficos polo Samaín
Enviado por inesduran o Mér, 01/11/2023 - 00:24Mitoloxía Galega. A Santa Compaña.
Enviado por inesduran o Mar, 31/10/2023 - 18:08Día das Bibliotecas
Enviado por inesduran o Dom, 22/10/2023 - 21:48DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca.
Como celebrar o día da Biblioteca?
Moi fácil, simplemente visita unha.
Acércate ata a nosa Biblioteca e déixate ilusionar
pola maxia das historias, aventuras, da información, dos CÓMICS...
Faremos coincidir nesta semana a celebración do Samaín coa data das Bibliotecas.
Coñecendo as festas...
Enviado por inesduran o Mér, 11/10/2023 - 09:29Formación de Usuarios da Biblioteca
Enviado por inesduran o Mér, 11/10/2023 - 09:01Durante as primeiras semanas do curso e nas próximas deste mes de outubro,
as distintas clases dende Infantil ata 6º de Primaria, están recibindo unha sesión didáctica sobre
Formación de usuarios na Biblioteca do noso centro;
en especial para ter unhas sinxelas nocións sobre a CDU - clasificación decimal universal-
e que a distribución dos libros nos andeis non sexa un misterio.
Empezamos o cole xogando.
Enviado por inesduran o Mér, 11/10/2023 - 08:56Conservando as Tradicións
Enviado por inesduran o Ven, 29/09/2023 - 11:54SAN MIGUEL
Danza das Espadas
Charla do Ateneo Santa Cecilia
para a conservación do patrimonio cultural de Marín
fai click na imaxe para continuar coa información.
San Xoán. Infantil 2023
Enviado por inesduran o Ven, 23/06/2023 - 11:52SAN XOÁN
Na clase de Relixión do último día de curso, os alumnos de Infantil colorean un mural cun foleón da festa de San Xoán Bautista.
24 de Xuño
Biblio-Verán
Enviado por inesduran o Ven, 16/06/2023 - 18:47
A petición do alumnado a través do buzón de suxerencias, vaise iniciar o préstamo de lecturas para o verán, para pasar tamén algúns momentos de aventuras sen se mover do sitio.
O luns e o martes próximos farase dende a biblioteca o préstamo de 5 libros que serán devoltos na primeira semana de curso, nada máis empezar o curso 2023-2024.
Os nenos e nenas que o desexen poden escoller libremente os seus títulos, previa comunicación aos titores.
A Nosa Mascota da Biblioteca
Tuxiña
Traballando en equipo dende a Biblioteca do CEIP SEQUELO MARÍN
O noso Planeta, O Noso Paraíso
Enviado por inesduran o Mar, 23/05/2023 - 21:57Dentro do PDI deste curso " Protexo o meu Planeta, protéxome eu"
deixándonos levar polas emocións e o compromiso,
falamos do encanto da Natureza para poñer en valor
Os compañeiros de 5º cóntannos as súas impresións.
Para poñer en práctica o seu compromiso
visitaron os nosos areais para limpar do lixo as praias .
Fixeron logo un gran mural co que mostrar os residuos que se botan ao mar
e expoñer de forma visual a longa duración de cada un.
Tamén Ana, a mestra en prácticas acompañou ao grupo nesta parte do proxecto.
Por outra banda os compañeiros de 3º tamén fixeron
poñendo en común o aprendido coa documentación sobre
a proteción do Planeta na biblioteca.
Infantil e 1º tamén quérennos animar a protexer o
Os compañeiros de 2º fixeron un vídeo para nos mostraren
o aprendido sobre os contaminantes da Terra e o solo
Concurso de Maios e Embarcacións 2023
Enviado por inesduran o Xov, 04/05/2023 - 20:14Resumo da participación no concurso de Maios e embarcacións 2023,
Maio Mariñeiro Embarcación Xiana
- 1º premio en Coroa e 2º en construción para o Maio Mariñeiro
- Tres 3º premios para a embarcación Xiana en: letra, intrepretación e construcción.
- Premio especial en recoñecemento no seu labor ao noso profesor José Antonio.
Grazas tamén ao profesor Ramón
pola súa aportación na participación da embarcación Xiana.
Agradecemento moi especial á participación da ANPA
Noé axudou aos animais. Infantil
Enviado por inesduran o Mér, 03/05/2023 - 22:10
Falando do PDI en Infantil,
"Protexo o meu planeta protéxome eu"
tamén falamos de Noé.
Un home bo que axudou a salvar do diluvio
á súa familia e aos animais.
O Arco da vella foi o sinal
que todos entenderon como o final do desastre.
Telediario dende o Ceo
Enviado por inesduran o Mér, 03/05/2023 - 21:22
Algunhas curiosidades dende ceo
do telediario que fixeron os compañeiros de 6º na clase de Relixión.
Que curioso!!!!
Estas son algunhas das curiosidades que os compañeiros de 4º seleccionaron para este noticieiro dende o Ceo.
O Maio das flores
Enviado por inesduran o Ven, 28/04/2023 - 19:01
CHEGOU O MAIO
este venres o noso colexio ulía a primavera.
Dende primeira hora da mañá fomos saíndo ao patio por cursos
para coser as flores do noso maio pequeniño.
Segue os enlaces para ver o vídeo
Coa a experiencia dos nosos profes e dos alumnos maiores,
o noso maio quedou así de bonito.
Outro ano máis a tradición volve facer protagonista á primavera,
coas melodías dos nosos nenos cantándolle ao Maio.
Podedes ler as coplas do Maio e da embarcación Xiana
A clase de 3º tamén ensaiou e cantou as súas coplas
para lle dar a benvida ao maio florido
Xa chegou o Maio
Enviado por inesduran o Mér, 26/04/2023 - 23:42Charla PDI: Protexe o Planeta
Enviado por inesduran o Mér, 26/04/2023 - 21:25A pasada semana despedíamos as nosas profesoras de prácticas,
que estiveron no noso centro dende o mes de novembro.
dou unhas charlas aos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º.
Puideron falar dos axentes contaminantes do aire e da terra,
dos lugares do planeta máis contaminados...
...rematando cos compromisos que compre facer para coidar a nosa contorna.
Segue os enlaces para visualizar o vídeo
Debuxando ao aire libre compréndese mellor
a necesidade de manter limpos e saudables as nosas paisaxes.
Sabías que...
Enviado por inesduran o Lun, 24/04/2023 - 23:10Semana do Libro
Enviado por inesduran o Lun, 24/04/2023 - 21:29- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »