Maio 2020
IGUALDADE e RESPECTO.(Relixión)
Enviado por inesduran o Ven, 22/05/2020 - 09:3621 de Maio
Día Mundial da Diversidade Cultural.
Xentes e Bandeiras.
Igualdade e Respecto.
Ata o noso Porto de Marín
chegan barcos con bandeiras ben distintas.
Coñezamos algunhas das bandeiras
das xentes que nos visitan e viven entre nós.
Podedes enviar os vosos traballos á miña direción:
sequeloreligion@gmail.com
A bandeira e o escudo de Galicia
Enviado por Anónimo o Ven, 22/05/2020 - 09:02Ola alumnas e alumnos!
Aquí vos deixamos o resultado final de tódolos traballos sobre a bandeira e o escudo de Galicia, unha das propostas que nos deixou a profesora Inés co gallo de conmemorar o "Día das Letras Galegas".
Queremos agradecer a vosa participación! Unha forte aperta!
Música dende a casa (37): Aixa Vilas de 5º A interpreta "Habanera de Carmen"
Enviado por Anónimo o Xov, 21/05/2020 - 22:57Seguro que clicando nos enlaces o atopades, e tamén aprendedes un pouco máis do compositor Bizet e a súa obra.
MATEMÁTICAS (22-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 21/05/2020 - 19:01Moi boas!
Últimas tarefas de matemáticas desta semana! Máis sinxelas que a destes días!
Espero que disfrutedes moito da fin de semana e poidades tomar un xeado ben frío!
Unha aperta moi forte!
Día Europeo da Red Natura 2000 (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Xov, 21/05/2020 - 16:37Cada 21 de Maio celébrase o Día Europeo de Rede Natura 2000. Unha ocasión para que a sociedade adquira coñecemento sobre os Espazos Naturais Protexidos que se inclúen nela e contribúa á súa conservación.
Nesta páxina podedes encontrar os espacios naturais que temos en Galicia, eu vivo na Zona Especial de Conservación de Carballido, coñecedes algunha das que aparecen na lista?
Propoño dúas actividades para o día de hoxe:
Aprender bolboreta en Lengua de Signos Española.
Empregar esta aprendizaxe para…
Non é preciso que a envíes a dirección do vídeo, na rede están a copiar esta iniciativa e realizar vídeos dende os centros educativos para apoiar a conservación da nosa natureza, invítote a que fagas a foto e ma envíes (profetamaraef@gmail.com), para crear o noso efecto de bolboreta, poden participar todos os que o desexen, envía só a imaxe das mans ou onde te vexamos realizando o xesto. Comezamos o cambio…
#euficonacasa
#euquedonacasa
HORARIOS E INSTRUCIÓNS SOLICITUDE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Xov, 21/05/2020 - 13:18Participamos no concurso Pangea de Matemáticas
Enviado por xose o Xov, 21/05/2020 - 11:29A pesares dos contratempos por culpa do coronavirus temos a oportunidade de participar no concurso Pangea de Matemáticas.
O prazo será a semana que vén, do 25 ao 29 de maio, en horario de 9:00 da mañá ata as 18:00 horas.
Participa o alumnado de 4º, 5º e 6º cursos que se apuntou previamente. O voso profesor/a enviaravos o nome de usuario e contrasinal para acceder á web, desde onde completaredes a proba, que terá unha duración de 45 minutos, durante os cales deberedes contestar a 20 preguntas.
Este é o enlace dos alumnos/as para facer a proba con ordenador : https://pangeaconcurso.conductexam.in/login
Máis información na web de Pangea, onde poderás ver tamén as probas do ano pasado.
Día Mundial das Abellas (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mér, 20/05/2020 - 23:53Como hoxe é o Día Mundial das abellas, vou propoñervos unhas actividades de orientación, as abellas precisan ter moi bo sentido da orientación, para chegar sen dificultade dende os lugares nos que recollen pole e néctar ata a súa colmea, que en ocasións se encontra lonxe, espero que vos gusten as propostas, vamos comezar con unha ficha relacionada co día de hoxe, podedes facelas directamente na pantalla do ordenador e autocorrixir .
Tamén vos deixo unha actividade de repaso do nome das articulacións.
#euficonacasa
#euquedonacasa
MATEMÁTICAS (21-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Mér, 20/05/2020 - 18:54Boas!!
Seguimos con matemáticas e cos números ás voltas! Desta vez, composición e descomposición!
Estade atentas e atentos as tarefas que son de pensar, vale? Moito ollo!
Tamén vos deixo dous enlaces da mesma temática para facer online que sei que a algúns de vós vos gustan moito!
Ánimo que para vós isto é pan comido!!
Unha aperta grande!
A polo xoves!!
Carrom (Ed. Física)
Enviado por Anónimo o Mér, 20/05/2020 - 15:20Roberto amósanos na súa entrevista un xogo que eu non coñecía, investigando un pouco descubrín que tamén se denomina billar indio, parece moi entretido, a el ensinoullo seu pai, é un xogo moi coñecido en Suiza e pronto poderá compartilo con nós.
Encontrei varios vídeos para ver como se xoga, espero que vos gusten.
#euficonacasa
#euquedonacasa
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »