Biblioteca

Celebrando o entroido. XV Obradoiro da Filloa.

Un ano máis celebramos o entroido con doces típicos, disfraces relacionados cos proxectos que estamos traballando este curso (robótica e o río Lameira), concurso de disfraces, música e moito ambiente neste "XV Obradoiro da Filloa".

Día de Rosalía, 24 de febreiro

Como xa sabedes o día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro; como a data cae en domingo nós realizaremos diversas actividades na semana seguinte. Para aprender algo máis sobre ela, deixamos esta imaxe interactiva con diversa información.

"Marcha Radetzky pola Paz". Día da Paz 2019.

Así celebramos este ano o Día da Paz, a ritmo da coñecida "Marcha Radetzky" de J. Strauss (pai), que acompañamos con percusións corporais ao tempo que recitamos un texto alusivo á celebración. Previo ao canto colectivo o alumnado de sexto curso leu un manifesto que eles mesmos crearon.

"Un río de Paz". Día da Paz 2019

Unha das actividades que realizamos para celebrar o "Día da Paz e a non Violencia" foi a realización do mural "Un río de Paz" simbolizando o noso río Lameira, que enchemos de peixiños cheos de mensaxes de PAZ; oxalá que estes peixiños descendan ata os mares e poidan levar estas mensaxes a todo o mundo.

Festival de Nadal 2018

Como cada ano por estas datas despedimos o trimestre cun clásico do colexio, o noso "Festival de Nadal", no que non faltou de nada; puidemos disfrutar das actuacións do noso alumnado con: panxoliñas, bailes, unha pequena representación teatral e a entrega de premios aos finalistas e gañadores do concurso de "Tarxetas de Nadal".

Con este resumo do que foi o festival aproveitamos para desexarvos un Feliz Nadal e Próspero Ano 2019.

Poemas Arredor do Lameira

Durante o mes de Novembro estivemos traballando a poesía seguindo a proposta da Asesoría de Bibliotecas para celebrar este curso o Día das Bibliotecas "Poéticas diversas na biblioteca escolar".

Nós eleximos como tema das nosas creacións poéticas o río Lameira, como traballo dentro do Proxecto iniciado o curso pasado "Arredor do Lameira".

Aquí vos quedan as poesías que creastes, algunhas da vosa propia invención e outras a partir de poemas coñecidos.

Concurso de Tarxetas de Nadal 2018

Xa se achega o Nadal, e como cada ano, no colexio empezamos a celebración destas datas co clásico concurso de Tarxetas de Nadal, este ano ademais propuxémosvos compoñer un pareado co que felicitar estas festas. Aquí podedes ver as tarxetas finalistas e gañadoras.

Día contra a Violencia de Xénero

Celebramos o Día contra a Violencia de Xénero creando cada clase un lema que xuntamos facendo un gran lazo morado, diante do cal o alumnado de Sexto curso leu un manifesto.

"A casa embruxada" conto terrorífico de 1º curso

O alumnado de 1º curso inventamos un conto no que aos protagonistas, Noa e Marcos, sucédenlle moitas cousas cando están paseando preto do río Lameira: Atopan un pirata, entran nunha casa embruxada, a bruxa invítaos a té con pastas... Será todo isto certo? Para averigualo teredes que ver a nosa representación.

"Unha noite de Samaín" conto terrorífico de 2º curso

O alumnado de segundo curso inventamos un conto terrorífico que ao final resultou ser un mal soño na noite de Samaín, pero... Que medo pasou o protagonista, Martiño!!!

"A clase encantada dos 18 nenos" conto terrorífico de 4ºA

O alumnado de 4ºA fixemos un conto que se desenvolve no noso colexio e do que somos protagonistas todos os nenos da clase, que temos que artellar un plan para salvar á mestra... De que ou de quen? Conseguirémolo?... Só vendo a nosa representación o descubriredes.

"O vello muíño" conto terrorífico de 4ºB

O alumnado de 4ºB creamos un conto que se desenvolve nun muíño, uns nenos perdidos no bosque atopan un muíño donde refuxiarse, pero... Que pasará alí? Non deixedes de ver a nosa representación se queredes averigualo.

"Clara" conto terrorífico de 6ºA

O alumnado de 6ºA creamos polo Samaín un conto terrorífico que se desenvolve en Marín, no río Lameira, camiño do colexio; aquí vos queda, seguro que pasades moito medo cando o vexades.

Un Samaín de medo!!!

Este ano para celebrar ao Samaín realizamos distintas actividades: 
  • A exposición de "lecturas de medo", das que puidestes disfrutar nos días previos. 
  • O obradoiro de contos terroríficos inventados e representados por vos memos. 
  • Finalizando o día 31 coa visita á "Casa do terror" que como cada ano prepara a ANPA. Este ano ademais houbo premios para as cabazas "máis terroríficas" e "máis divertidas".
Sen dúbida foi un "Samaín de medo". 
 

Samaín na Biblioteca. Que medo!!!

Xa chega o Samaín e este ano propoñémosvos inventar contos terroríficos. Como mostra aquí tendes esta exposición de libros relacionados co tema, cos que ademais de disfrutar lendo tamén vos poden dar ideas para as vosas creacións. Animádevos a pasar a lelos. 
Os nenos e nenas de Primeiro curso foron os primeiros en visitala, pasárono de MEDO!!!.

Revista escolar "Falares d@s nen@s" curso 2017-2018

A última semana do curso entregamos un exemplar da nosa revista a cada un dos alumnos/as do colexio. Nas súas 40 páxinas recollemos traballos do alumnado, excursións, e todo tipo de actividades levadas a cabo durante o curso. Unha felicitación ao seu consello de redacción, integrado por Álvaro, Ángela, Assia, Bryan, Miriam e Uxía.

Gañadores do VI certame de Relato Curto organizado pola FANPA

Parabéns para Saúl Mariño Recamán que gañou o primeiro premio na categoría de Primaria. Xunto a él outros catro compañeiros resultaron finalistas:  Álvaro Pereira Omil, Jorge Fernández Beloso, Martina Pazos Iglesias e Víctor Moreira González, que ademais foi un dos cinco finalistas destacados. É esta a segunda vez, nas súas seis edicións, que este premio recae nun alumno do CEP Sequelo.

A noticia aparece publicada no Diario de Pontevedra.

E tamén aparece publicada no blog Cousas de Carragal, de Marín.

Impresión dun dos finalistas:

 "Eu fun ao acto, moi nerviosa, porque non quería ler o meu relato diante de moitas persoas. Fun coas miñas curmáns, a miña nai e o meu pai.  Ao chegar, vin que había 5 persoas de xurado, mais 4 micrófonos, aquilo fixo que me sentira máis nerviosa aínda. Ao final só os gañadores tiñan que leer o seu relato. Agasalláronnos a cada un de nós cos libros onde estaban os nosos relatos.

 Todo o acto acabou cunha canción dun coro da Academia de Ópera de Pontevedra".

Os ganadores das distintas categorías

Letras Galegas

Os nenos de 4º estiveron investigando a vida de Mª Victoria Moreno para escribir un pequeno rap coa súa biografía. O resultado foi este:

Victoria Moreno

gañou o premio

das letras galegas

por facer poemas.

A cuarta muller 

en levar o premio

por escribir en galego.

Filla de mestra 

e pai militar

ela facia as letras bailar.

 

Obra de teatro

O día 16 de maio os alumnos de 5º de primaria fixemos unha obra de teatro. Esta obra esta adicada a María Victoria Moreno.

María Victoria Moreno naceu en Cáceres, adicouse a escribir contos infantís e tamén era profesora. Na obra está representada a vida de María Victoría Moreno.

 Espero que vos gustara.

20180516_123348_0.jpg

 

20180516_122847.jpg

 

20180516_123453_0.jpg

 

20180516_122751_2.jpg

Día do Libro 2018: "O río dos libros"

 Despois de adoptar un libro con motivo do Día do Libro, realizamos a actividade "O río dos libros" que consistiu en cubrir unha ficha en forma de libro na que debiamos poñer uns datos do libro adoptado: Título, autor, data de publicación, editorial, tema do libro e un pequeno resumo. Recopilamos todas as fichas nuns murais en forma de río aos que titulamos "O río dos libros".

De paso aproveitamos para facer unha actividade de formación de usuarios, xa que cada aula tivo as cores máis axeitadas á súa idade según a CDU.

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.