Blogues
Programando con DOC
Enviado por Miguel o Xov, 29/09/2022 - 23:00Os nenos e nenas de 1º de primaria empezan a dar os seus primeiros pasos na programación co seu amigo robot DOC, traballando ao mesmo tempo a lateralidade e orientación espacial. Moi ben feito!
Danza de Baiona vs Danza de Marín
Enviado por josean o Xov, 29/09/2022 - 12:14Polas cores do traxe....A que danza pertencen estas cores de traxe? Á de Marín? Á de Baiona? Ás dúas? E se é as dúas, que danzantes o levan en cada unha delas?
Deixa os teus comentarios
San Miguel 2022
Enviado por Miguel o Mér, 28/09/2022 - 23:00Os nenos e nenas de primeiro vestíronse co traxe típico da "Danza das espadas" de Marín para festexar o San Miguel. Despois imitaron con manualidades esta danza e con percusión seguiron o ritmo da música. Viva San Miguel!
Edixgal, Folleto xeral e Seguro Anual
Enviado por josean o Mar, 20/09/2022 - 17:44Se premedes enriba da imaxe accederedes ao pdf onde se detalla todo o referido ao proxecto e especialmente como contratar o Seguro
REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS
Enviado por Belen o Mér, 07/09/2022 - 16:36ESTIMADAS FAMILIAS:
AS REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA AS FAMILIAS REALIZARANSE O MARTES 13 E MARTES 20 DE SETEMBRO, NO CEIP SEQUELO, NO SEGUINTE HORARIO:
MARTES 13/09:
ÁS 16 HORAS: 6º CURSO.
ÁS 17 HORAS: 1º CURSO.
ÁS 18 HORAS: 3º CURSO.
MARTES 20/09:
ÁS 16 HORAS: 2º CURSO.
ÁS 17 HORAS: 5º CURSO.
ÁS 18 HORAS: 4º CURSO.
Benvidos ao curso 2022-2023
Enviado por Belen o Mér, 07/09/2022 - 09:52ESTIMADAS FAMILIAS:
AS CLASES COMEZARÁN ESTE VENRES 9 DE SETEMBRO ÁS 9:00 HORAS.
O ALUMNADO DE INFANTIL ENTRARÁ POLO PORTAL TRASEIRO (A CARÓN DO PAVILLÓN) E OS DE PRIMARIA (DE 1º A 6º CURSO) POLO PORTAL DIANTEIRO.
O ALUMNADO DE 1º E 2º ACCEDERÁ ÁS AULAS POLA PORTA DA DEREITA E OS DEMAIS POLA PORTA DA ESQUERDA (PRINCIPAL).
ROGAMOS PUNTUALIDADE.
DURANTE ESTE CURSO 2022-2023 NON HABERÁ UN PROTOCOLO ESPECÍFICO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO.
BENVIDOS A TODOS/AS A ESTE NOVO CURSO!!!
REUNIÓN INFORMATIVA EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por Belen o Ven, 02/09/2022 - 12:52O MÉRCORES 7 DE SETEMBRO CELEBRARASE A REUNIÓN PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL.
SERÁ ÁS 12 DA MAÑÁ NA BIBLIOTECA DO CEIP SEQUELO.
Servizos de Plan Madruga e Comedor para o curso 2022-2023
Enviado por Belen o Ven, 26/08/2022 - 20:45Información para as familias que vaian a facer uso do Plan Madruga e/ou Comedor.
PLAN MADRUGA
As familias que vaian precisar o servizo de plan madruga teñen que poñerse en contacto por WhatsApp co número: 649 76 26 14
PARA COMEDOR
Empregarase a mesma aplicación do curso pasado.
As familias xa usuarias téñen que darse de alta.
Para mais información accedan ao Facebook Sequelo Anpa
Para as dúbidas pódense poñer en contacto por WhatsApp co número: 649 76 26 14
IMPORTANTE: As familias que precisen facer uso do plan madruga e do comedor no mes de setembro teñen ata o venres 2 de setembro as 14 horas para xestionar os tramites pertinentes.
Proxecto "Edukasano". Recompilación do traballado
Enviado por Anónimo o Ven, 15/07/2022 - 12:16Recompilación do traballado nas distintas etapas do Camiño Portugués para o Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidade de Vigo.
Graduación alumnado 6º curso
Enviado por Anónimo o Mér, 13/07/2022 - 23:00Aínda que cun pouco de retraso, deixámosvos este vídeo de recordo da graduación e despedida do alumnado de sexto curso, que rematou a etapa de Educación Primaria, neste curso 2021-2022.
Noraboa!!!
Moita sorte na nova etapa que comezades
Os 7 Camiños
Enviado por josean o Lun, 11/07/2022 - 23:06Saímos a andar os 7 camiños do Monte Pornedo, e todo isto e moito máis foi o que conseguimos captar coas tablets que levamos. A partir do material audiovisual que obtivemos ese día, e coa investigación previa que levamos a cabo, realizamos este video-documental, que esperemos sexa o primeiro de moitos.
Circuitos en serie e en paralelo
Enviado por josean o Sáb, 09/07/2022 - 16:34Que sabemos dos circuitos en serie e dos circuitos en paralelo?
Pois de primeiras aprendimos a montalos, cales son os compoñentes necesarios para montar un circuito e que se nos paralelos se che funde unha bombilla (cousa que non pasou) a outra seguiría funcionando como se nada o que non sucede se as colocamos en serie.
Todos funcionaron.
Aviso do Centro
Enviado por Belen o Mar, 05/07/2022 - 13:06O luns 11, martes 12 e venres 15 o centro permanecerá pechado por formación do novo equipo directivo, en Santiago de Compostela.
Para calquera dúbida ou aclaración, poden escribir ao seguinte email: cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal
Desculpen as molestias.
Case nos pillan
Enviado por josean o Lun, 04/07/2022 - 20:58A partir desta historieta "muda", puxeron titulo, diálogos e cor, co GIMP. Hai quen di que neste de Noa, as personaxes eran mesmamente da aula de 5º.
Piskel
Enviado por josean o Dom, 03/07/2022 - 16:19Unha das ferramentas coas que mellor o pasaron os alumnos que formaban parte do paquete Digicraft; traballando con píxeles permitía facer gifs animados. Aqui tedes os resultados, de todo hai, imaxinativos, creadores....e moito fuchibol
LUIS
AMIR
UXÍA
NOA
HUMBLE
4º primaria
Enviado por Menchi o Lun, 27/06/2022 - 10:43Remata o curso e déixovos un resumo con algunhas das actividades que fixemos. Agora toca descansar, Feliz Verán !!!
III Campionato de Xadrez CEP Sequelo 2021-2022. Clasificación Final.
Enviado por xose o Xov, 23/06/2022 - 13:26Rematou o terceiro e último campionato de xadrez do CEP Sequelo deste curso, cun total de 13 torneos, e xa temos a clasificación final e os gañadores, que son:
En 6º curso: 1º Marcos, con 36 puntos 2º Manuel, con 9 puntos 3º Mateo, con 4 puntos |
Ex alumnos: 1º. Breixo, 6 puntos
|
Profesores: 1º. Xosé 27 puntos |
|
Feliz verán e seguimos no vindeiro curso!!
Móvete+
Enviado por josean o Mér, 22/06/2022 - 22:18Coa coreografía que Iria Alfonso de 6º A elaborou para a canción "Don´t Go Yet" de Camilo Cabello bailaron tódolos alumnos do Colexio e algún que non era alumno. Outro dos múltiples plans que conforman o Plan Proxecta onde estamos baixo a dirección da profe Belén
.
Travesía naútica xacobea
Enviado por Menchi o Mar, 21/06/2022 - 17:07Os nenos /as de 4º atopamos o único simbolo do camiño que hai en Marín, fixádevos ben na foto:
Este símbolo representa que o porto de Marín é un porto xacobeo. Isto quere decir que ainda co camiño tradicionalmente facíase a pé ou a cabalo, na actualidade pódese facer camiñando, en bici ou navegando a vela.
Falamos co porto de Marín para saber máis dixéronnos que as embarcacións que fagan a ruta marítima a Santiago podan solicitar escala nestes portos, o de Marín ten competencias sobre a lámina de auga de todala Ría de Pontevedra, de ahí a súa relación coas peregrinacións xacobeas.
Iso si teñen que facer 100 millas naúticas e continuar o camiño dende o último porto camiñando.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »