Blogues
Era unha noite de lúa
Enviado por josean o Mar, 01/11/2022 - 16:00"Era unha noite de lúa clara", consistiu en facer o esforzo narrativo de a partir do romance da Lavandeira da noite, crear logo de coñecer a fondo o feito mitolóxico, novas historias. Estes son só dous dos productos que saíron do taller, a cargo de Marcos Patiño e Kenia del Río.
Samaín 2022 no CEIP Sequelo
Enviado por Anónimo o Mar, 01/11/2022 - 13:58Deixamos un pequeno vídeo resumo das actividades de Samaín 2022 que se realizaron no colexio en colaboración coa ANPA Aidón e coa ampla participación da comunidade escolar.
Moitas grazas pola vosa implicación, sin a colaboración de todos este tipo de actividades non sería posible.
Pasámolo de medo!!!
Coidamos a Creación
Enviado por inesduran o Ven, 28/10/2022 - 20:33
O MUNDO É UN REGALO
CÓIDAO
Entre os compañeiros de Infantil e 1º
que asisten á clase de Relixión,
fixemos este vídeo para non esquecer
que compartimos un planeta
que temos que coidar.
A TERRA É A CASA DE TODOS
O xogo da miñoca
Enviado por Miguel o Xov, 27/10/2022 - 14:00O alumnado de 1º segue aprendendo a coidar do planeta. Desta vez separamos o lixo. Grazas ao xogo da miñoca da Deputación de Pontevedra, xa sabemos que tipo de materia orgánica podemos levar ao composterio. Esta actividade pertence ao Plan Revitaliza. O Plan Revitaliza, iniciado en 2015, pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos biorresiduos municipais. A súa razón de ser é que os concellos da provincia cumpran os obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recollidos e aproveitados.
Actividades inicias do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"
Enviado por Anónimo o Mar, 25/10/2022 - 23:00Iniciamos o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" con dúas actividades introdutorias.
Primeira: Actividade de plástica para concienciar da importancia das tres RRR (Recicla, Reutiliza, Reduce). Consistiu en rechear tres grandes "R" con materiais de reciclaxe.
Segunda: "Cada contedor co seu lixo" actividade de ideas previas, que consistiu en rechear unha ficha con recortes de folletos, identificando o lixo correspondente ao seu contedor.
Coñecémonos
Enviado por Ruth o Dom, 23/10/2022 - 17:53Chegou o momento de coñecernos mellor.
coñecemos as nosas facianas de Ruth PT
PDI Protexo o meu planeta! Protéxome eu! Comezamos
Enviado por Anónimo o Mér, 19/10/2022 - 17:39Comezamos coas actividades iniciais do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
Deixámosvos, a modo de resumo, un tríptico informativo de como será a planificación e desenvolvemento do proxecto ao longo do curso.
Agardamos a vosa colaboración nas actividades que vos iremos propoñendo.
Vale material escolar- ampliación
Enviado por Belen o Mar, 18/10/2022 - 17:50A partires de mañá poderán recoller o vale de material escolar- ampliación na Secretaría do centro, en horario de 9:00 a 9:50 horas, de luns a venres.
Recordamos que só levará o vale o pai, nai ou titor/a legal ensinando o seu DNI. Tamén poden autorizar a outra persoa que traerá a autorización escrita xunto coa copia do DNI do pai, nai ou titor/a legal do alumno/a.
O prazo para recoller o cheque remata o 25 de novembro.
"Puré de Chícharos" de Daniel Neskens
Enviado por josean o Dom, 16/10/2022 - 23:15Outro dos clásicos recomendados polos alumnos de 6º. Desta vez Uxía Sanjorge.
Plan Director 2022/2023
Enviado por josean o Dom, 16/10/2022 - 19:35Como en anos anteriores, efectivos da Policia Nacional de Marín, visitaron aos alumnos de 5º e 6º, nunha charla centrada no acoso escolar.
Danza de espadas de Baiona
Enviado por josean o Dom, 16/10/2022 - 18:41Este ano por mor da festa de San Miguel, unha das danzas de Espadas dos mariñeiros, a de Baiona veu visitar Marín. Da súa visita aprendimos que tódalas danzas de espadas son moi semellantes, pero así mesmo con diferencias, como as que teñen a de Marín e a de Baiona.
Experiencias no San Miguel
Enviado por Ruth o Sáb, 15/10/2022 - 09:59Os nenos e nenas do CEIP Sequelo vivencian o San Miguel dun xeito diferente.
Collage Fotos Vacaciones con amigos Colores de Ruth PT
As botas vermellas de Karlos Linazasoro
Enviado por josean o Xov, 13/10/2022 - 05:32Nos nosos libros recomendados, un clásico que nos trae Aitana de 6º. Botádelle unha ollada na nosa Biblioteca!
Ao redor da danza: entrevista
Enviado por josean o Xov, 13/10/2022 - 05:27A TV do Sequelo, por mor, da tradición local de San Miguel, entrevista a Jaime Rodríguez Pazos, que este ano, logo de moito tempo, deixa o seu posto de portaestandarte na procesión de San Miguel e na súa danza, e que ademáis é avó de dous exalumnos do centro.
A contar ovellas de Elvira Pérez
Enviado por josean o Mér, 12/10/2022 - 18:40Marcos Patiño de 6º recomenda porque o leu, este libro de Elvira Pérez
PLAN DIXITAL DE CENTRO
Enviado por josean o Dom, 09/10/2022 - 23:07Visitando a horta do colexio
Enviado por Miguel o Ven, 07/10/2022 - 19:12Hoxe fomos por primeira vez á horta do colexio, acompañados pola profe Belén, que axudou aos nenos e nenas de 1º a plantar, abonar e regar as súas primeiras plantiñas. Desexando velas crecer!
Crosstraining Blackbull Pontevedra
Enviado por Belen o Mar, 04/10/2022 - 08:24O VENRES OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º E 6º CURSO POIDERON PRACTICAR CROSSTRAINING COS MONITORES DO XIMNASIO BLACKBULL DE PONTEVEDRA.
ESTA ACTIVIDADE OFRÉCESE NESE XIMNASIO PARA MAIORES DE 10 ANOS.
O SÁBADO TIVEMOS CASE TODOS MANIOTAS!
Balonmán Cangas
Enviado por Belen o Mar, 04/10/2022 - 08:09OS LUNS DE 16:00 A 17:00 HORAS NO PAVILLÓN DO SEQUELO, PRIMEIRO PRACTICARON OS NENOS/AS DO COLEXIO PARA ANOTARSE A ESTA ACTIVIDADE.
GRAZAS AOS XOGADORES DO BALÓNMÁN DE CANGAS POR ENSINARNOS XOGOS TAN DIVERTIDOS.
Horta do Sequelo
Enviado por Belen o Mar, 04/10/2022 - 07:59O VENRES ENCHEMOS OS BANCAIS DE TERRA PARA COMEZAR ESTA SEMANA A PLANTAR AS HORTALIZAS PARA O INVERNO.
GRAZAS AO CONCELLO POR TRAERNOS A TERRA E AOS NENOS/AS DE 6º CURSO POR COLOCALA. TAMÉN NOS AXUDOU MOITO O CONSERXE DO COLEXIO.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »