Proxecto "Edukasano". Recompilación do traballado

Recompilación do traballado nas distintas etapas do Camiño Portugués para o Proxecto Edukasano, en colaboración co Concello de Marín e a Universidade de Vigo.

Graduación alumnado 6º curso

Aínda que cun pouco de retraso, deixámosvos este vídeo de recordo da graduación e despedida do alumnado de sexto curso, que rematou a etapa de Educación Primaria, neste curso 2021-2022.

Noraboa!!!

Moita sorte na nova etapa que comezades

Os 7 Camiños

Saímos a andar os 7 camiños do Monte Pornedo, e todo isto e moito máis foi o que conseguimos captar coas tablets que levamos. A partir do material audiovisual que obtivemos ese día, e coa investigación previa que levamos a cabo, realizamos este video-documental, que esperemos sexa o primeiro de moitos.

Circuitos en serie e en paralelo

Que sabemos dos circuitos en serie e dos circuitos en paralelo?

Pois de primeiras aprendimos a montalos, cales son os compoñentes necesarios para montar un circuito e que se nos paralelos se che funde unha bombilla (cousa que non pasou) a outra seguiría funcionando como se nada o que non sucede se as colocamos en serie.

Todos funcionaron.

Aviso do Centro

O luns 11, martes 12 e venres 15 o centro permanecerá pechado por formación do novo equipo directivo, en Santiago de Compostela.

Para calquera dúbida ou aclaración, poden escribir ao seguinte email: cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal

Desculpen as molestias.

Case nos pillan

A partir desta historieta "muda", puxeron titulo, diálogos e cor, co GIMP.  Hai quen di que neste de Noa, as personaxes eran mesmamente da aula de 5º.

Piskel

Unha das ferramentas coas que mellor o pasaron os alumnos que formaban parte do paquete Digicraft; traballando con píxeles permitía facer gifs animados. Aqui tedes os resultados, de todo hai, imaxinativos, creadores....e moito fuchibol

LUIS

AMIR

UXÍA

 


NOA

HUMBLE

4º primaria

Remata o curso e déixovos un resumo con algunhas das actividades que fixemos. Agora toca descansar, Feliz Verán !!!

III Campionato de Xadrez CEP Sequelo 2021-2022. Clasificación Final.

Rematou o terceiro e último campionato de xadrez do CEP Sequelo deste curso, cun total de 13 torneos, e xa temos a clasificación final e os gañadores, que son:

En 6º curso: 

1º Marcos, con 36 puntos

2º Manuel, con 9 puntos

3º Mateo, con 4 puntos

Ex alumnos:

1º. Breixo, 6 puntos

 

Profesores:

1º. Xosé 27 puntos

 

 

Feliz verán e seguimos no vindeiro curso!!

Móvete+

Coa coreografía que Iria Alfonso de 6º A elaborou para a canción "Don´t Go Yet" de Camilo Cabello bailaron tódolos alumnos do Colexio e algún que non era alumno. Outro dos múltiples plans que conforman o Plan Proxecta onde estamos baixo a dirección da profe Belén

.

Travesía naútica xacobea

Os nenos /as de 4º atopamos  o único simbolo do camiño que hai en Marín, fixádevos ben na foto:

 Este símbolo representa que o porto de Marín é un porto xacobeo. Isto quere decir que ainda co camiño tradicionalmente facíase a pé ou a cabalo, na actualidade pódese facer camiñando, en bici ou navegando a vela.

 Falamos co porto de Marín para saber máis dixéronnos que as embarcacións que fagan a ruta marítima a Santiago podan solicitar escala nestes portos, o de Marín ten competencias sobre a lámina de auga de todala Ría de Pontevedra, de ahí a súa relación coas peregrinacións xacobeas.

  Iso si teñen que facer 100 millas naúticas e continuar o camiño dende o último porto camiñando.

 

Castelo de soutomaior.Pontesampaio


 

Circuítos eléctricos 6ºA.

Ruta de sendeirismo polo monte Pituco- Voz Natura

A semana pasada fixemos unha ruta de sendeirismo polo monte Pituco. Poidemos ver os petróglifos, o mirador, a vexetación típica dos montes e algúns animais e bichos.

Aquí tedes un pequeno vídeo:

Os Peregrinos do CEP Sequelo

Camiño Portugués

Para rematar o proxecto EduKasano,

fixemos o pasado venres un acto final

animando os últimos días de curso

con cantigas, poemas e música

relacionadas co Camiño de Santiago.

Peregrinos de 3º vestidos con capa e sombreiro feito por eles e

acompañados pola profe Belén, tamén de peregrina medieval.

Os compañeiros de 6º fixeron unha rima en Inglés

acompañada con xestos :

"We are the pilgrims"

Os compañeiros de 5º entoando unha cantiga,

" Pasodobre de Porriño a Redondela"

Por último cantamos o himno do peregrino de Santiago máis antigo,

"Dum Pater Familias"

 Animádevos a coñecer en familia 

os fermosos rincóns do Camiño Portugués 

que cruzan Galicia,

cidades cheas de historia estudiadas nas clases

e que agora os nosos nenos

gustarían de visitar. 

Romances, cantigas e coplas de Cego no Camiño Portugués (de Porriño a Redondela)

Por excelencia, os músicos cegos, foron en Galicia e en boa parte da Península, os gardiáns de boa parte da nosa rica tradición oral, que transmitían a través dos plegos de cordel que a xente mercaba, como fai hoxe en día coas coplas de maio. Nelas detallábanse sucesos truculentos que atraían a atención do público, pero tamén romances que se perdían na noite dos tempos e cantigas que pertencían ao pobo, e que este transformaba ao seu gusto. Iso foi o que fixeron os nenos, coller vellas cantigas e adaptalas ao Camiño portugués de Santiago e máis especificamente á zona que nos tocou, de Porriño a Redondela. 

Todo baixo a dirección do cego Antón e o seu guía Iván.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

No arquivo adxunto está a relación de libros de texto para o próximo curso 2022-2023.

Camiño portugués de Tui a Porriño

O camiño portugués en Galicia comeza en Tui, e a primeira etapa chega ata Porriño, os nenos-as de 4º investigamos sobre esta primeira etapa que resumimos nun vídeo que esperamos que vos guste.

 

 

 

Inventos que cambian a música

Formando parte do PDI "Inventos que cambian o mundo", na clase de música en sexto curso, investigamos sobre os "Inventos que cambian a música". Aquí vos queda unha presentación recopilando todo o traballado.

 

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.