Biblioteca
Contos dende a casa (16): Sabela Casqueiro de 2º "O can e as lebres"
Enviado por Anónimo o Mar, 24/03/2020 - 19:14Chéganos outro conto, esta vez de Sabela de 2º curso, que nos le "O can e a lebre".
Música dende a casa (4): El Sol no regresa.
Enviado por Miguel o Mar, 24/03/2020 - 16:42Ola, de novo. Aquí déixanos outra mostra do seu arte, Irene Pazos Iglesias de 6ºB, tocando a guitarra e cantando esta fermosa canción do grupo "La Quinta Estación". Parabéns.
Contos dende a casa (15): Breixo Casqueiro de 5ºA "O príncipe desmemoriado"
Enviado por Anónimo o Mar, 24/03/2020 - 12:16Seguen a chegar novos contos, esta vez Breixo Casqueiro de 5ºA que nos le "O príncipe desmemoriado".
Contos dende a casa (14): A lebre e a tartaruga
Enviado por josean o Mar, 24/03/2020 - 11:53Outra alumna máis que se anima a mandarnos un contiño dende a casa, Irene Estévez Pazos, que se atreve coas fábulas de Esopo.
Música dende a casa (3): A VIDA É BELA
Enviado por josean o Mar, 24/03/2020 - 11:33Porque malia as circunstancias que nos tocan vivir, a vida segue sendo bela, Laura Arribas López e os seus pais, baixo a dirección do pequeno Herbert von Karajan, mandáronnos dende a casa esta cousiña tan fermosa.
Sabemos que temos moi bos músicos no cole, algún ata toca o UKELELE. Animádevos e mandádenos cousiñas.
Música dende a casa (2): LUIS PREGO
Enviado por josean o Mar, 24/03/2020 - 08:25Luís Prego leva moito tempo a ensinar baile tradicional por diferentes puntos do País pero leva aínda máis tempo a aprender dos nosos maiores aos que visitou, para que lle ensinaran puntos e xeitos do noso baile. Con toda esta sabedoría, Luís escribiu “PARA CANTAR E BAILAR” e “XOGOS MUSICAIS”, dirixiu grupos de baile como o compostelano “Brincadeira”, participou na elaboración do CD destinado ao público infantil "COPLAS DAS ESTRELAS".... E ademais de todo isto é compoñente de grupo de folk ARDENTIA, cunha longa traxectoria ás súas costas.
Luis é, como vedes, un bo coñecedor da nosa tradición musical e para estar connosco elixiu esta coñecida canción acumulativa: "UNHA VELLA TIÑA UN CAN".
Que máis animais coñecedes e como se chaman os seus "cantos"? Animádevos a participar cos vosos comentarios! (non esquezades asinalo co voso nome).
Pra Habana
Enviado por josean o Lun, 23/03/2020 - 23:52A todo correr, e seguramente con erros, os rapaces aprenderon da profe Tamara este poema de Rosalía de Castro, en linguaxe de signos. Botáronlle todos, incluso os que non aparecen, moitas ganas, e a próxima vez seguro que o bordan.
Pra Habana from JOSEAN PAZOS on Vimeo.
Contos desde a casa (12): Iker Crespo de 5ºA "Estás como unha cabra!"
Enviado por Anónimo o Lun, 23/03/2020 - 11:26Moi ben nenos e nenas! Seguimos recibindo os vosos contos. Esta vez o de Iker de 5ºA, que nos le un fragmento do libro "Estás como unha cabra!".
Contos dende a casa (11): Titiricircus
Enviado por josean o Lun, 23/03/2020 - 09:29Onte día do Circo, Breixo Sanjorge Boullosa mandounos algo moi axeitado para o día.
Contos dende a casa (10): Juan Carlos Epifanio
Enviado por josean o Lun, 23/03/2020 - 08:06Hoxe é a quenda para Juan Carlos Epifanio que dende a súa casa lenos este "SHERLOCK TÓPEZ Y EL JABALÍ MALHUMORADO".
A raia
Enviado por josean o Dom, 22/03/2020 - 18:27Outro dos experimentos de VideoEdicion que levaron adiante os rapaces de 5º, dentro do Proxecto "Chegamos a bo porto". Desta vez os autores foron Maroua, Carla e Carlota.
Dia da Muller Traballadora: Redeiras
Enviado por josean o Dom, 22/03/2020 - 18:03Por mor das circunstancias nalgunhas cousas andamos cun pouquiño de atraso. Por mor do día da muller traballadora visitounos Aye, a tía de Candela Bermúdez, que nos falou ás dúas clases de 5º do seu traballo de redeira, traballo que noutros tempos era habitual nas mulleres, pero que hoxe en día é case que exclusivamente masculino.
Logo da charla os nenos fixéronlle unha entrevista que aquí podedes escoitar:
Poemas dende a casa (7): Helena Villar Janeiro
Enviado por josean o Dom, 22/03/2020 - 13:45Helena Villar Janeiro, profe, mestra, poeta... tivo a ben prestarnos a súa voz nestes momentos extraños que vivimos e compartir a súa poesía cun dos seus públicos preferidos, os nenos, con este fermoso poema "Belidadona"
Contos dende a casa (8): Laura Arribas López
Enviado por josean o Dom, 22/03/2020 - 12:57Outro libro máis que nos chega a nosa páxina web desta vez da man de Laura, outro deses libros que marcaron a súa infancia, Coelliño Branco. Agora xa son moi maiores.
Contos dende a casa (7): Lara Dopazo Ruibal
Enviado por josean o Dom, 22/03/2020 - 12:39No Morrazo hai moi bos escritores, e Marín non ía ser unha excepción. Entre os autores que estes días decidiron lernos algo está Lara Dopazo Ruibal que además é tamén ex-alumna do Colexio.
Lara gañou o primeiro premio do certame GZ Crea no 2008 pola poesía "Dende Illa Peixe". No ano 2015 gañou o certame Francisco Añón de poesía co poemario Ovella e máis a primeira edición do Premio Literario Nortear co relato Clementina; así mesmo no 2007 gaña o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño co poemario Claus e o alacrán, que ao ano seguinte publicaría a Editorial Espiral Maior
Poemas dende a casa (6): Lucía Novas Garrido
Enviado por josean o Sáb, 21/03/2020 - 19:02Unha poeta do Morrazo que neste día nos fixo o favor de estar connosco léndonos dende a casa un poema de Rosalía: "Nasín".
Lucía Novas Garrido nace en 1979 en Bueu, no Morrazo, Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, exerce de docente de Lingua e Literatura Galega no Ensino Secundario. Autora dos libros Epiderme de estío (Espiral Maior, 2001), que recibiu o IV Premio de Poesía Concello de Carral, e Neve (Espiral Maior, 2010, Premio de Poesía Johán Carballeira), poemas da súa autoría aparecen recollidos nas antoloxías Poetízate. Antoloxía da poesía galega., Das sonorosas cordas. 20 poetas dende Galicia e Erato. Bajo la piel del deseo, así como en diversos volumes colectivos e publicacións, das que son mostra Grial, Dorna, PolpA, Casa da Gramática ou Escrita Contemporánea. Recibiu os premios Minerva, Universidade de Vigo, Faustino Rey Romero, Concello de Carral e Johán Carballeira, e participou como relatora no curso Demasiados zapatos para unha cincenta, na Universidade de Salamanca, e nas xornadas de Poesía Última da Fundación Alberti.
Poemas dende a casa (5): Irmaus
Enviado por josean o Sáb, 21/03/2020 - 18:41Cos medios que temos algo tiñamos que facer para celebrar o día da Poesía, e que mellor que un poema dun dos máis grandes poetas galegos, Celso Emilio Ferreiro, logo de traballar con el pola semana. E para a ocasión contamos coa guitarra de Xose Iglesias Fernández "Buxán". Agradecido, compañeiro.
Poemas dende a casa (4): Xosé Daniel Costas
Enviado por josean o Sáb, 21/03/2020 - 16:08Nun día coma hoxe, o poeta de Moaña, Xosé Daniel Costas, que hai tempo estivera no noso colexio, tamén quixo estar co seu "Poema en cadeira de rodas"
Xosé Daniel é membro fundador da Asociación Cultural Lonxa Literaria de Moaña. Entre os premios que obtén polo seu traballo no eido poético están: Mención de Honra no Premio de Poesía GZCREA 2008 coa obra Revoluciona(me), Primeiro Premio de Poesía do Premio de Poesía, Relato Curto e Traducción da Universidade de Vigo do ano 2010 e 2011 coas obras Marés de Xiz e Dime de ti. Asemade publicou en diferentes proxectos colectivos, Maregrafías, Pegadas, e Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís.
No ano 2009 gañou o XXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón co libro Conservas, editado por Sotelo Blanco no ano 2010. En 2011 o X Premio de Poesía Novacaixagalicia co libro Monicreques. Libro que sairía publicado no ano 2012 editado polo PEN Club de Galicia e Novacaixagalicia.
En 2012 publicou Infancia de vacas mortas, na editorial Barbantesa.
Poemas dende a casa (3): Guillermo Neva
Enviado por josean o Sáb, 21/03/2020 - 12:24Como podedes ver non só poetas e alumnos nos mandan cousas, tamén algun ex-alumno se animou a mandarnos algunha cousiña. Cando Guille estaba no noso centro quedou finalista no Concurso de Poesía Añón Paz de Serra de Outes con este poema. Dende aquela moito medrou o noso Guille.
Poemas dende a casa (2): Miguel Ángel Alonso Diz
Enviado por josean o Sáb, 21/03/2020 - 11:12Miguel Ángel Alonso Diz aos que a moitos da nosa Comunidade Escolar coñeceredes e creador de obras coma "O Cullarapo Croque", A nena á que non deixaban ser feliz, O soño de Esther, O valente coello que quixo soñar, 2015, Mel, unha mosca agradecida, Música no faiado, 2018, Piratas no recreo.., mándanos xunto ás súas fillas un saúdo moi especial por mor do día da poesía.
Inda que é de Vigo e vive en Vigo hai moito tempo que se acristianou no Morrazo. Moi agradecidos Migueliño
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- seguinte ›
- última »