Blogues

Plastificadora

Outro dos trebellos que nos chegou por mor dos Polos creativos, foi un de uso cotián nos colexios, como é a Plastificadora. Neste caso aproveitamola para plastificar as etiquetas das pezas dos robots que antes fixeramos no Gimp e que imprimimos na nova impresora que nos mandaron.

Primeiro deseño 3D

Este é o primeiro dos moitos deseños 3D que os nosos alumnos farán. Empezamos co Blender, pero buscando algo moito máis intuitivo topamos Tinkercad e é o que imos usar. O autor Roberto Carlos Santiago Nedea.

Impresora 3D/Deseño 3D

Tiñamos unha xa á que non sacamos todo o proveito que deberiamos, pero nesta Creality cr 200b, xa empezamos a imprimir. Polo de agora son so os exemplos que a propia marca nos proporcionou.  Estamos nos primeiros pasos:  calibración, mantemento, entendemento do funcionamento, tipos de filamentos...Pero o que realmente nos interesa é que os nosos alumnos deseñen en 3D;  algúns deles deran uns primeiros pasos co Blender, pero alumnos e profes logo de probar un programiña online gratuito chamado Tinkercad, decidimos que ese sería o noso programa de deseño 3D, e xa, imos empezar con el

 

Autodesk Tinkercad

Novos Robots

Novos robots entran a formar parte do noso repertorio. A base é sempre a mesma, unha placa á que van conectados sensores que identifican distancias, cores, liñas, temperaturas... Estes novos robots os MII bot van sostidos en pezas semellantes ás Lego e a linguaxe de Programación "Crumble" esta baseada nunha vella coñecida, "Scratch", coa que levamos moito tempo traballando.

Os alumnos de 6º tirando de Manual para montar os novos Robots

Campaña de recollida de alimentos

 Campaña de recollida de alimentos organizada polo Concello de Marín en favor das seguintes organizacións:

COMEDOR BENÉFICO, CÁRITAS, CÁRITAS SANTOMÉ, AYUDA EN ACCIÓN SOR ELVIRA e AMENAC

Agradecemos as aportacións, que de forma voluntaria, se poidan facer. A recollida será o luns 19 (de 09:00 a 14:00) e o martes 20 (de 09:00 a 09:55).

Graciñas

Panxoliñas no EEI O Grupo

VISITA AO EEI O GRUPO

Outro ano máis a visita ao EEI O Grupo 

para cantar Panxoliñas, 

resultou ser un estupendo encontro 

cos mestres e os pequenos compañeiros deste centro.

 Como presentadoras tivemos a,

Aitana de 6º e Sabela de 5º  

Tivemos tempo para recordar rincóns nos que de pequeniños xogabamos

 

Os mestres do Infantil O Grupo,

convidáronos a unha dulce merenda

despois de cantar.

Empezamos cantando dúas Panxoliñas en galego,

logo dúas en castelán,

e os compañeiros de 2º interpretaron

unhas panxoliñas en inglés.

Tamén os neniños de Infantil 

dedicáronos unhas panxoliñas

que fixeron as delicias de todos.

MOITAS GRAZAS

Ata o próximo ano.

Día das Persoas con Discapacidade

Este ano conmemoramos o "Día das Persoas con Discapacidade" aprendendo un pouco máis sobre as distintas linguaxes que utilizan, para facerse entender e entendernos, as persoas con discapacidades relacionadas coa fala, o oído e a vista.

Pola conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" cantamos a canción "A porta violenta", interpretando o retrouso con linguaxe de signos, achegándonos así ás persoas que non poden falar e/ou escoitar.

Posteriormente puidemos coñecer como se comunican as persoas con discapacide visual, grazas ás explicacións do personal experto da ONCE, que se ocupa de ensinar a estas persoas.

Xogos de sensibilización sobre discapacidade

Esta semana e parte da pasada, practicamos goalball, voleibol sentados, xogos sin visión e outros de toma de conciencia do sentido do oído. A finalidade destes xogos foi concienciar ao alumnado da realidade que vive unha persoa con discapacidade sensorial (visual e auditiva) ou física, experimentar e vivenciar os diferentes tipos de limitacións. Recordamos que o 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con Discapacidade. 

Día da Constitución Española (6 de decembro).

Este ano, o alumnado de 1º de primaria coñeceu algo máis sobre a Constitución Española, que este 6 de decembro cumpriu 44 anos. Fixeron un pequeno vídeo para contarvos algo sobre ela. Esperamos que vos guste.

 

Volven os Mbot

Cunha programación moi simple baseada nun código binario (apagado e encendido) puxeron aos Mbot á liña co programa MBlock e malia que logo de tanto tempo apagados perderan forza, algúns fixeron aquilo para o que se programaron.

Carreira de Campo a través- Xogade

Onte o tempo permitiu celebrar a carreira de Campo a través, medirnos con compañeiros/as da mesma idade, reencontrarnos con antigos compañeiros/as, coñecer novos/as... Pasámolo xenial e o mellor de todo foi que no noso centro, tivemos varias nenas que quedaron de primeiras. Noraboa!!!

Deixo algunhas fotos da carreira.

Papiroflexia con...Luís Lores

Aproveitamos as cadeiras de pá, os novos tripodes de tablets montados con tablet Lenovo e o micro Behringer B1, todo noviño do trinque, provinte dos Polos Creativos. Coa habilidade de Luis e Andrea para grabar, guionizar e interpretar elaborouse este origamititorial do cogumelo.

Visita á Biblioteca Municipal, ao Museo e ao Concello.

Onte, 29 de novembro, o alumando de 1º e 2º de primaria visitaron a Biblioteca Municipal, o Museo Manuel Torres e o Concello. Unha actividade relacionada co coñecemento da contorna onde viven os rapaces. Os nosos agradecementos polo recebemento tan amable  e cariñoso nos tres lugares onde estivemos. 

 

Vidreiras

Conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"

Así conmemoramos todos xuntos esta data.

Facendo unha simbólica porta violeta con vista a un prado verde, e cantando a canción "A porta Violeta" de Rozalén e Tanxugueiras en galego, castelá, inglés e con linguaxe de signos.

 

Teatro " La aventura de aburrirse"

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria disfrutaron, xunto cos profes dunha fantástica obra de teatro titulada "La aventura de aburrirse" en Afundación-Pontevedra.

Déixovos un resumo desta obra: Rita é unha nena, que a pesares de ter moitos xoguetes, sempre se aburre e non sabe xogar soa. Pero un día na casa da súa avoa, cun simple patiño de goma, empeza unha aventura que a levará a viaxar coa imaxinación ao mundo das cores, descubrindo personaxes sorprendentes…

E agora siempre quere ir a casa da avoa para aburrirse un ratiño.

Este espectáculo pretende motivar a creatividade dos nenos e nenas, así como reflexionar sobre a xestión do tempo e a cantidade de xoguetes e regalos que teñen na casa.

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.