3º Primaria
MATEMÁTICAS (03-06-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Mar, 02/06/2020 - 22:05Bos días!
Para este mércores déixovos uns exercicios que teñen que ver con rectas e curvas!
Espero que vos guste!
Unha aperta forte a todas e todos!
LINGUA GALEGA (01-06-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Dom, 31/05/2020 - 23:51Ola! Bos días a todas e a todos!
Mes de xuño! Xa non queda nada! Un último esforzo e teredes unha cousa menos na que pensar! Estades a facelo moi ben!
Deixovos unhas actividades sobre verbos (tempos verbais) e algo de ortografía!
Tamén vos deixo un link que seguro vos gusta moito!
Moito ánimo para estes días!
Unha aperta moi grande!
LINGUA CASTELÁ (29-05-2020) (3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 28/05/2020 - 21:57Bos días!
Para hoxe van uns exercicios interactivos sobre lingua castelá!!
Estes días houbo moita calor e seguro que queredes realizar algo rápido e entretido para rematar antes e comezar con ganas a fin de semana, verdade?
Pois hale! Pasádeo moi ben! Na praia, piscina, de paseo, en bici, camiñando... É obrigatorio pasalo ben! De acordo? Obrigatorio!!!!
Mil apertas e a polo fin de semana!!!
https://www.liveworksheets.com/mf337689hs
https://www.liveworksheets.com/vd95856sz
https://www.liveworksheets.com/kn78542yz
REFÓRZATE (3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 28/05/2020 - 20:47Queda nada para acabar el curso. Este curso fue diferente para todos pero, aunque es difícil, aprendimos mucho con esta nueva experiencia y vuestro gran trabajo.
Como fin de curso compartiremos algunas actividades para todos los cursos que os gustaron mucho porque aprender no tiene que ser aburrido.
Lo estais haciendo muy bien!
Os dejo dos enlaces para que entreis y paseis un rato divertido aprendiendo:
https://www.cokitos.com/pasapalabra-para-ninos/play/
https://kahoot.it/challenge/04581011?challenge-id=f1e0d36a-8ad9-426e-b8d0-f9a526a1de31_1590686005426
Aunque se que muchos entrais no olvideis dejarme algún comentario con vuestro nombre y curso. Espero que os gusten!
MATEMÁTICAS (28-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Mér, 27/05/2020 - 19:32Moi boas a todas e todas!
Veña! Ánimo! XA queda menos para a fin de semana!
Vai outra de mates para completar a semana!
Que pasedes un bo día!
Apertas fortes!
O curso de 3º felicita no Día da Nai
Enviado por xose o Mar, 26/05/2020 - 23:25Quedábanos no tinteiro este vídeo creado con motivo do Día da nai, o 3 de maio, en pleno confinamento polo Covid-19.
Porque en épocas estrañas, elas, bravas, máis ca nunca, o merecen! Feliz Día da nai!!!
MATEMÁTICAS (27-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Mar, 26/05/2020 - 21:08Bos días e moitas felicidades para Aitana! A cumprir moitos máis!
Hoxe volvemos ás matemáticas. Aos euros! Hai que ir indo practicando para mercar xeados no verán!
Tamén vos deixo un enlace para ir practicando a multiplicación e que non se nos esqueza!
Un saúdo!
https://www.liveworksheets.com/fr215410zi
Saúdos dende a cuarentena 3º curso Sequelo
Enviado por Anónimo o Lun, 25/05/2020 - 20:21Os compañeiros, familias e mestre de terceiro curso saúdannos a través deste marabilloso vídeo, no que nos desexan que todo pase e pronto nos volvamos ver.
Moitísimas grazas a todos!!!
LINGUA GALEGA (25-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Dom, 24/05/2020 - 20:32Bos días!
Nova semana! Cada vez queda menos para voltar á normalidade e que chegue o verán! Verémonos?
Para hoxe propóñovos unha tarefa das moitas que nos quedaron pendentes para facer no cole. Unha delas foi coñecer a vida sorprendente de distintas mulleres galegas que cambiaron o mundo e conseguiron vencer barreiras para dar os primeiros pasos en traballos que só eran para homes. Dúas destas mulleres saen no conto que se titula “Pioneiras” da editorial Xerais, escrito por Anaír Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz. Seguro que moitos de vós xa as coñecedes pero... Coñecémolas máis profundamente?
Unha aperta!
Aaaaaahhhhhhh!! Noraboa polo traballo que fixestes a semana pasada!!! Estades traballando moito!!
MATEMÁTICAS (22-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 21/05/2020 - 18:01Moi boas!
Últimas tarefas de matemáticas desta semana! Máis sinxelas que a destes días!
Espero que disfrutedes moito da fin de semana e poidades tomar un xeado ben frío!
Unha aperta moi forte!
MATEMÁTICAS (21-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Mér, 20/05/2020 - 17:54Boas!!
Seguimos con matemáticas e cos números ás voltas! Desta vez, composición e descomposición!
Estade atentas e atentos as tarefas que son de pensar, vale? Moito ollo!
Tamén vos deixo dous enlaces da mesma temática para facer online que sei que a algúns de vós vos gustan moito!
Ánimo que para vós isto é pan comido!!
Unha aperta grande!
A polo xoves!!
MATEMÁTICAS (20-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Mar, 19/05/2020 - 20:48Bos días!
Como a semana pasada foi adicada ás Letras Galegas, o que queda de días ímolos aproveitar para facer matemáticas!! Ben!!! (aplausos)
Hoxe repasamos números ordinais!! E mañá... mañá é outro día! A ver que toca!
Un saúdo moi grande e a polo mércores!
LINGUA GALEGA (15-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 14/05/2020 - 22:06Bos días!
Derradeiro día para traballar as Letras Galegas deste 2020!
Hoxe propóñovos só dúas actividades (ben profe!)!!
A primeira, gústame moito porque a miña avoa cantábame moitos "arrolos" para que durmise. Botoos tanto de menos, que ainda hoxe me custa coller o sono! Pedro Chosco tarda en pasar pola miña casa!
A segunda tarefa é para que me escribades e contedes cando vos sentides felices! Se fose eu... Tería tantas cousas que contarvos!!!
Ah! Déixovos dous debuxos para, se queredes e vos apetece, coloreedes!
O luns non vos mando tarefas, vale?
Disfrutade desta fin de semana longa! Moito ánimo e sentidiño!
Unha aperta moi grande!
A por mil primaveras máis!
LINGUA GALEGA (14-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 14/05/2020 - 01:54E COMO É A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS... NON DEIXEMOS DE PRACTICAR E CREAR EN GALEGO!
MOITO ÁNIMO!
MATEMÁTICAS (14-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 14/05/2020 - 01:51BOS DÍAS!
AÍ VOS VAI UNA DE MATEMÁTICAS PARA QUE ESTEADES BEN ATENTOS!
PENSADE, COMPARADE E SOLUCIONADE, VALE?
A POLO XOVES!
LINGUA GALEGA (13-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Mar, 12/05/2020 - 23:21Moi bo día a todas e a todos!
Como estades? Espero que sigades todas e todos moi ben e que esteades disfrutando moito do tempo en familia, dos avós, das tías e tíos e das vosas curmás e curmáns.
Eu onte, especialmente, boteivos do menos!
Para hoxe déixovos dúas tarefas: Ir ao teatro dende a casa visualizando un video onde teredes que responder a unhas preguntas e unha lectura de imaxes para saber se vos organizades ben no espazo!
Quero que saibades que estades traballando moito e moi ben!! Seguide así que se nota o esforzo!
Moitos bicos de cores que espero vos cheguen polo ar!
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. Lingua Galega (11-05-2020)(3º)
Enviado por Anónimo o Lun, 11/05/2020 - 08:16Esta é unha semana moi especial, pois é a semana das Letras Galegas que se celebra o día 17 de maio. Este ano adícaselle ao escritor Ricardo Carvalho Calero, así que as actividades xirarán en torno a el!
A proposta para hoxe é coñecer a vida e obra deste escritor para que nunca se esqueza o que fixo nin o que escribiu. Son actividades facilitadas polo seminario Galán sobre o autor homenaxeado e propostas polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega de CEP Sequelo. Tedes dúas versións: Unha para imprimir (non é obrigatorio e son moitas páxinas. Podedes utilizar o pdfescape para escribir sobre os documentos pdf) e outra para traballar online. Podedes elixir a que mellor se vos axuste ou facer un pouco de cada unha:
Actividades para o 3º curso de primaria
http://seminariogalan.org/inicio/ver/467
Tamén vos deixo un divertido xogo sobre o autor (Búsqueda do tesouro) onde tendes que ir recollendo unha serie de pistas para resolver o misterio!
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020
Hoxe non é necesario que me enviedes nada por correo nin por teléfono. Vale?
Só quero que viaxedes polo vida e a memoria de Ricardo Carvalho Calero!!!
Un saúdo!!
CCNN + LENGUA (08-05-20)(3º)
Enviado por Anónimo o Ven, 08/05/2020 - 02:08Bos días!
Hoxe vamos a traballar ciencias da natureza e lingua. Despois de repasar e traballar un pouco sobre o diccionario e a orde alfabética, vades a crear un diccionario de animais con todas as letras do abecedario para facer un rosco de pasapalabra. Animádesvos?
Pois aí vos van os exercicios e as instruccións!
Que pasedes un bo día e un fantásticos fin de semana!
Bótovos de menos!
Unha aperta!
LINGUA CASTELÁ (07-05-2020) (3º)
Enviado por Anónimo o Mér, 06/05/2020 - 23:57Bos días!
Xoves! Vaia loucura! Que rápido pasa o tempo!
Hoxe vamos a ser escritores de contos. Esta actividade é obrigatoria facela a man, nada de ordenadores!
Explícovos como tendes que facer paso a paso, asi que, sorprenderme e que esa creatividade que levades dentro voe ben alto.
Un saúdo!
MATEMÁTICAS (06-05-2020) (3º)
Enviado por Anónimo o Mér, 06/05/2020 - 01:43Bos días!
Aí van unha batería de preguntas tipo test e de responder rapidamente pero con cabeza!
Moito ollo as respostas e as operacións que tedes que realizar!
Se considerades que son moitas preguntas, deixade algunha para mañá!
Moito ánimo!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »