Actividades

Falamos de Antonio Fraguas?

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano adicado a Antonio Fraguas Fraguas, catro alumnos de quinto e sexto prepararon, para o alumnado de 1º e 2º, a biografía do autor e o recitado dunha cantiga popular que aparece recollida no "Cancioneiro de Cotobade".

Andrea (5ºB), Brian (6º B), Cristian (5ºB) e Laura (5º B) mostraron moito interese e preocupación por achegarse ós mais pequenos. Con axuda dos compañeiros de 5º B elaboraron debuxos dos animais que aparecen "No casamento da pulga" título da cantiga.

Foi unha experiencia moi motivadora, enriquecedora e ideal para reforzar a nosa autoestima.

 

Khan Academy, aprende matemáticas ao teu ritmo

Charla para pais e nais sobre acoso escolar

O martes día 16 de xaneiro o policía José Amedo impartiu unha charla sobre o tema do acoso escolar dirixida aos pais e nais do alumnado de 5º e 6º cursos do noso centro. En primeiro lugar temos que felicitarnos pola numerosa asistencia de pais e nais, rondando as 20 persoas, cando noutras charlas sobre o mesmo tema a asistencia soe ser moito menor.

O poñente explicounos en que consiste o acoso escolar e cales son os tres protagonistas para que exista situación de acoso: vítima, agresor e espectadores. O acoso escolar prodúcese cando de xeito reiterado durante un periodo de tempo unha vítima é obxecto de agresións (físicas, verbais, psicolóxicas, etc.) por parte dun agresor e esa situación é mantida pola existencia de espectadores, outros compañeiros/as que consinten esas agresións e non as denuncian. Un episodio puntual de agresións non se considera acoso escolar. En todos os centros educativos existe un protocolo de actuación que se pon en marcha cando se detecta unha situación de acoso.

O poñente centrouse moito no tema do ciberacoso, é dicir, situacións de acoso que se producen cando utilizamos internet. Hoxe en día existe un risco grande de que calquera dos nosos fillos e fillas padeza nalgunha medida situacións de ciberacoso, ou ao menos sexa testigo delas. Moitos pais e nais non son conscientes dos perigos de navegar por internet, que para poñer un exemplo, son similares aos que nos expoñemos cando andamos polas rúas. Cando saímos á rúa e temos que cruzar a calzada utilizamos os pasos de peóns e miramos aos lados para ver se veñen coches. Ese mesmo tipo de precaucións deberiamos utilizalas en internet, tendo coidado coa información que compartimos, coidado de relacionarnos con persoas descoñecidas, etc. Cando andamos pola rúa non imos berrando a nosa vida privada para que todo o mundo se entere, pero sen darnos conta podemos facelo cando compartimos a nosa información nas redes sociais.

Na web de OSI (Oficina de Seguridade do Internauta) atopamos unha excelente guía de recomendacións para pais e nais, en formato pdf de 25 páxinas. As recomendacións veñen dirixidas por grupos de idades dos fillos: de 3 a 5 anos, de 6 a 9 anos, de 10 a 13 anos e para maiores de 14 anos. Recomendamos a súa lectura.

O Magosto 2017

O magosto do colexio é moi divertido!!

 

Ese día adiántouse o recreo ás 11:00h. Durante o recreo, a A.N.P.A repartiu chocolate quente ao alumnado.

 Ás 11:40 baixamos ao patio e empezamos a xogar.

  

Mentres os alumnos, repartidos por grupos, xogaban coas castañas, con axuda dun mestre, os pais e nais da A.N.P.A, asaban as castañas para despois repartir entre aos alumnos.

Despois de comer, a A.N.P.A tamén reparte carbón que as nenas e nenos pídenlles para ensuciarse a cara e pintar o chan.

 

OS XOGOS DO NOSO MAGOSTO

 

O pano; os nosos profesores sacaban unha tarxeta de calquera froito típico do magosto e os dous alumnos de cada grupo corrían cara o centro a coller a castaña.

O segundo xogo: encestar as castañas nunhas caixas de cartón decoradas polos nosos alumnos de 4º e 5º curso, por certo, quedaron moi bonitas.

O terceiro xogo: Pasar unha castaña dun vaso a outro, formamos dous grupos e ao final quen tivera máis castañas gañaba.

O cuarto xogo: tiñamos empuxar as castañas polas liñas que estaban debuxadas nun cartón.

O quinto xogo: nunha diana había que botar as castañas e onde quedase a castaña anotabas 1,2,3,4,5,6,7,8,9 o 10 puntos.

 

 Martina P. I - Noelia V. P-Noelia I. R - Manuel S. V

 

 

Samhain 2017

Como tódolos anos chega a época de Santos e no centro coa inestimable axuda das familias adornouse o local da ANPA e levouse a cabo unha mostra de calacús decorados, para a festa das caliveiras. 

Se premedes enriba da foto teredes acceso a todas as imaxes da celebración.

 

DÍA DA POESÍA NO NIÑO NOVO DO VENTO

De todos os videos que levamos feitos (que son moitos) este e o que fixeron os do outro sexto (que publicaremos o antes posible) son dos que mais orgullosos estamos. Son o primeiro traballo en video feito ao 100% polos rapaces: eles mesmos grabaron con móbiles o video nas súas casas, editaron o video cun programa de edición de video, metéronlle a música de fondo e para acabar subírona ao youtube.  E o resultado final é  o que aquí podedes ver. (E continuará)

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.