Secretaría
Admisión de alumnado: Criterio complementario establecido polo centro
Enviado por Anónimo o Ven, 04/03/2022 - 14:07Aberto o prazo de admisión de novo alumnado para o curso 2022/23
Enviado por Anónimo o Ven, 25/02/2022 - 12:20O prazo para presentar solicitudes de admisión para novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 21 do mesmo mes.
As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro educativo ou ben chamar ao 886151325.
Os impresos de solicitude pódense coller no colexio de 9:15 h a 14:15h, tamén se poden descargar premendo aquí: Solicitude de admisión ordinaria.
DOCUMENTACIÓN
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a ( Libro Familia, DNI, …)
- En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
- No caso de separación ou divorcio a solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
No arquivo adxunto poden consultar a lexislación que regula o proceso.
PRAZAS VACANTES:
- Primeiro: 18 (3 reservadas para alumnado NEAE)
- Segundo: 10
- Terceiro: 1
- Cuarto: 3
- Quinto: 9
- Sexto: 1
Candidaturas ao consello escolar e horario de votación
Enviado por Anónimo o Ven, 19/11/2021 - 11:03PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS AOS DISTINTOS ESTAMENTOS DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Mar, 16/11/2021 - 10:45A Xunta electoral, en reunión mantida o 15 de novembro de 2021, acordou a proclamación das seguintes candidaturas presentadas para o proceso electoral de renovación do consello escolar:
Candidatos a representar aos pais, nais e /ou titores legais:
o Dª. Ana Cambeiro Méndez
o D. Damián Garrido Portela.
o Dª. Tania Mª Pérez Area.
o Dª. Mª Benita Piñeiro García
o Dª. Fatima Zohra Nacer.
·Candidatos a representar ao profesorado:
o D. José Antonio Pazos Pazos.
Prazo de alegacións: Ata o 17 de novembro de 2021, incluído.
INFORMACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
Enviado por Anónimo o Mar, 16/11/2021 - 10:39
Estimadas familias:
De acordo coa Orde do 28 de outubro de 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22, o ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2021-2022, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 pode presentar solicitude sempre que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Prazo e forma de presentación: para o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar:
• Do 15 ao 26 de novembro de 2021.
• Para o alumnado que pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente público titularidade da consellería ou a un privado concertado procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, a solicitude de máscaras poderase presentar no mesmo prazo que a solicitude de libros e material escolar, é dicir, un mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula.MNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIA
• Presentación. Unicamente de forma presencial na Secretaría, con cita previa.
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR: ACTAS DO ESCRUTINIO E PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS
Enviado por Anónimo o Mér, 03/11/2021 - 13:14Estimadas familias:
Finalizado o proceso de renovación do consello escolar do centro, achegámoslles as actas das votacións dos diferentes sectores, así como a acta de proclamación de candidatos.
Agradecemos a todas as persoas que participaron no proceso, tanto votantes, como candidatos, como integrantes da xunta electoral e das mesas de votación, a súa colaboración neste proceso electoral.
Infórmolles, así, mesmo, que o novo consello escolar constituirase o día 30 de novembro de 2021.
Un cordial saúdo,
Rafael Martínez Martí, director.
NOTA DA ANPA AIDÓN
Enviado por Anónimo o Lun, 13/09/2021 - 10:21
Neste curso podedes facervos socios da ANPA AIDÓN presencialmente na casa da ANPA os luns, mércores e e venres, en horario de 9:30 a 10:30 e os martes, de 17:00 a 18:00, ou mediante transferencia bancaria á conta de Abanca ES65-2080-5111-1630-4000-1830
IMPORTANTE!:
Cando fagades o ingreso poñer:
- Concepto: Afiliación á ANPA Aidón do CEP. Sequelo
- Nome da alumna/o e curso.
Enviádenos por WhatsApp ao teléfono da ANPA 684340673, unha foto cos datos do pagador (nai/pai/titor/a).
Custo: 18€ por familia.
Porque facerse socio da ANPA:
- Defendemos os dereitos e intereses dos alumnos e as súas familias, somos a ponte que conecta ás familias coa administración.
- Colaboramos co Equipo Directivo do centro nas actividades que se realicen ou nas necesidades que se presenten ao longo do curso.
- Promovemos servizos de conciliación como o Plan Madruga, o comedor escolar e as actividades extraescolares da tarde.
- E ademais obterás descontos en moitos negocios locais de Marín.
ASÓCIATE!
Inicio de curso 2021-2022: horarios e accesos
Enviado por Anónimo o Mar, 07/09/2021 - 09:27Estimadas familias, lembrámoslles que o vindeiro xoves día 9 de setembro comeza o novo curso. Dámoslles a benvida e deixamos os horarios de entradas e saídas.
Os grupos de 1º, 3º e 5º cursos entrarán ás 9:00 e sairán ás 14:00.
Os grupos de 2º, 4º e 6º entrarán dez minutos máis tarde, é dicir, ás 9:10 e sairán ás 14:10.
Como excepción, no caso de que dous irmáns teñan horarios distintos poderán entrar os dous de 9:00 a 14:00.
Un saúdo e moito ánimo para este novo curso.
GRUPOS |
HORA ENTRADA |
ENTRADAS/SAÍDAS |
HORA SAÍDA |
6º A |
9:10 |
Entrada principal esquerda |
14:10 |
6ºB |
9:10 |
Entrada principal esquerda |
14:10 |
5º |
9:00 |
Entrada principal esquerda (lateral esquerdo) |
14:00 |
4º |
9:10 |
Entrada traseira (lateral dereita) |
14:10 |
3º |
9:00 |
Entrada traseira (Aula de Música) |
14:00 |
2ºB |
9:10 |
Entrada traseira patio das columnas |
14:10 |
2ºA |
9:10 |
Entrada traseira patio das columnas |
14:10 |
1º |
9:00 |
Entrada principal dereita |
14:00 |
LISTAS DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Enviado por Anónimo o Ven, 09/07/2021 - 12:14Estimadas familias do alumnado de 3º e 4º EP:
Xa poden consultar as listaxes definitvas do Fondo Solidario de Libros de Texto no taboleiro situado no interior do colexio, a carón da entrada principal, ou ben chamando aos números 886151325 ou 886151327 (non existen variacións con respecto ás listaxes provisionais).
Un cordial saúdo,
Rafael Martínez Martí, director
PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Enviado por Anónimo o Lun, 05/07/2021 - 11:22Estimadas familias do alumnado de 3º e 4º EP:
Poden consultar as listaxes provisionais do Fondo Solidario de Libros de Texto no taboleiro situado no interior do colexio, a carón da entrada principal, ou ben chamando aos números 886151325 ou 886151327.
O prazo de reclamacións é de dous días, ata o 7 de xullo, incluído.
O día 9 de xullo publicaremos as listaxes definitivas.
Un cordial saúdo,
Rafael Martínez Martí, director
Lista libros de texto para o curso 2021-22
Enviado por Anónimo o Mar, 15/06/2021 - 10:26AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (ORDE do 6 de maio de 2021)
Enviado por Anónimo o Lun, 24/05/2021 - 11:28Estimadas familias:
Achegámoslles a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B), así como as instrucións para a tramitación do procedemento e os anexos I e II.
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).
Un cordial saúdo,
Rafael Martínez Martí, director
Listaxes definitivas alumnado admitido para o curso 2021/22
Enviado por Anónimo o Mér, 12/05/2021 - 09:04Estimadas familias:
No taboleiro de anuncios do centro (Secretaría) poden consultar as listaxes definitivas do alumnado admitido no CEP. Sequelo para o vindeiro curso 2021/22.
Aberto o prazo de admisión do alumnado para o curso 2021/2022
Enviado por Anónimo o Dom, 28/02/2021 - 10:48Do 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para solicitar praza para novo alumnado no noso centro de para o próximo curso 2021/2022.
As solicitudes (formulario ED550B) poderán presentarse en papel na secretaría do colexio en horario de 9:00 a 9:50 ou de 13:10 a 14:00. Este formulario pódese recoller no centro ou descargar no arquivo adxunto.
De forma telemática:
- Aplicación Admisióndealumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- A través da sede electrónica: https://sede.xunta.gal/portada (ED550B)
Xunto co formulario debidamente cumprimentado deben presentar:
- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (Libro Familia, DNI, …)
- Copia do DNI dos proxenitores e/ou titores legais.
- Se se trata dun cambio de centro certificado de matrícula.
- En caso de separación ou divorcio, copia da sentenza ou convenio regulador.
No caso de separación ou divorcio a solicitude terá que estar asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente.
Deixamos os arquivos adxuntos con toda a documentación relacionada con este proceso, e o formulario de admisión.
Aberta a reserva de praza para o IES Illa de Tambo
Enviado por xose o Lun, 11/01/2021 - 09:43Estimadas familias:
Lembrámoslles que dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro poden presentar a solicitude de reserva de praza para o IES Illa de Tambo, que é o centro adscrito ao noso colexio.
As solicitudes deberanse presentar no noso centro ou a través da aplicación "admisionalumnado" da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. A fin de facilitarlles o proceso o luns entregaremos os impresos aos seus fillos e fillas. Cando os teñan cubertos pódenos presentar en secretaría en horario de 9:00 a 9:50 ou de 13:10 a 14:00. Lembren que deben timbrar na porta principal para ser atendidos. Para calquera dúbida chamen por teléfono nese mesmo horario.
Listaxe definitivo do alumnado beneficiario de máscaras
Enviado por Anónimo o Ven, 11/12/2020 - 14:03Publicada a listaxe definitiva do alumnado beneficiario das máscaras. A listaxe está exposta á entrada do centro.
Todo o alumnado que tivo a axuda de material é beneficiario das máscaras. En breve enviaremos indicacións para a recollida.
Listaxe provisional do alumnado beneficiario de máscaras
Enviado por Anónimo o Xov, 03/12/2020 - 14:30Publicada a listaxe provisional do alumnado beneficiario das máscaras. A listaxe está exposta á entrada do centro.
Todo o alumnado que tivo á axuda de material é beneficiario das máscaras
Calendario escolar 2020-2021
Enviado por xose o Mar, 20/10/2020 - 19:51Días lectivos: do 10 de setembro de 2020 ao 22 de xuño de 2021.
Periodos de vacacións:1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.
2. Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.
3. Semana Santa: desde o día 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021, ambos inclusive
Outros días non lectivos: 2 de novembro, 7 de decembro (Día do ensino), e 18 de maio.
INICIO DE CURSO (NORMAS)
Enviado por Anónimo o Mér, 09/09/2020 - 08:57Estimadas familias:
Benvidos a este novo curso tan difícil que nos toca vivir.
Necesitamos toda a vosa colaboración e axuda para cumplir as normas de seguridade e hixiene que fagan do noso centro un entorno seguro para todos/as.
Lembren que todas as familias deben cumprimentar unha declaración responsable que deberán entregar asinada na escola, na cal se comprometen a realizar diariamente a enquisa de autoavaliación COVID-19 e a NON enviar aos seus fillos ao centro e mantelos en illamento preventivo domiciliario se presentan algúns dos síntomas alí referidos (febre de máis de 37.5º, tose seca, etc).
RESUMO DO MÁIS RELEVANTE PARA INICIAR O CURSO
Xoves 10 de setembro empezan 1º, 2º e 3º
Venres 11 de setembro empezan 4º, 5º e 6º.
Os cursos impares (1º, 3º, 5º) entran as 9:00 / saen as 14:00
Os cursos pares (2º, 4º, 6º) entran as 9:10 / saen as 14:10
Cursos |
Día |
Zona de entrada |
Hora de entrada |
Hora de saída |
Zona de espera das familias |
1º A |
10 setembro
|
Entrada Principal Dereita |
9: 00 h |
14:00 h |
Habilitarase unha zona específica no patio dianteiro |
1º B |
10 setembro
|
Porta Patio de Columnas |
9: 00 h |
14:00 h |
Habilitarase unha zona específica no patio traseiro |
2º |
10 setembro
|
Entrada Traseira Aula de Música |
9: 10 h |
14: 10 h |
Habilitarase unha zona específica no patio traseiro |
3º |
10 setembro
|
Porta Lateral Esquerda |
9: 00 h |
14:00 h |
Zona exterior ao lado do pavillón |
Cursos |
Día |
Zona de entrada |
Hora de entrada |
Hora de saída |
Zona de espera das familias |
4º |
11 setembro
|
Porta Patio de Columnas |
9: 10 h |
14: 10 h |
Zona exterior ao lado do pavillón |
5ºA |
11 setembro
|
Entrada Principal Esquerda |
9: 00 h |
14:00 h |
Rúa Enrique Turrall
|
5º B |
11 setembro
|
Entrada Principal Esquerda |
9: 00 h |
14:00 h |
Rúa Enrique Turrall
|
6ºA |
11 setembro
|
Entrada Principal Esquerda |
9: 10 h |
14: 10 h |
Rúa Enrique Turrall
|
6º B |
11 setembro
|
Porta Lateral Esquerda |
9: 10 h |
14: 10 h |
Rúa Enrique Turrall |
O protocolo limita a un acompañante por alumno á entrada do recinto escolar, tanto nas entradas como nas saídas para evitar aglomeracións. Procuren manter a distancia de seguridade e non formar grupos falando á entrada e á saída.
Se coinciden irmáns con horario diferente, por exemplo un en 1º e outro en 4º, o de 4º entrará ás 9 e irá para a súa clase, esperando no seu sitio ata as 9:10. O profesorado xa estará alí. Igualmente na saída, para evitar que teñan que esperar por él.
Cada alumno/a debe traer na súa mochila un Kit individual anti-covid, dentro dunha bolsa de tea co seu nome:
. 1 mascarilla posta e outra de reposto nunha bolsiña, caixiña, estoxo…
. panos de papel,
. bote pequeno de hidroxel,
. botella de auga co seu nome, (non se pode beber nas fontes).
Por protocolo, as familias non poden acceder ao centro. Se necesitan consultar algo poden chamar á secretaría de 9:00 a 9:55 ou de 13:10 a 14:00 TELÉFONO 886 151 325 ou mandar correo electrónico a cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal
Se necesitan acudir físicamente ao centro para realizar algún trámite deben solicitar por teléfono cita previa.
Lamentamos as molestias que lle poidamos ocasionar, pero por seguridade é necesario cumprir o protocolo.
É o momento de unir esforzos para levar o mellor posible esta situación.
Moita saúde e moitas grazas! Ánimo!
DOCUMENTOS COVID-19 PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por Anónimo o Lun, 07/09/2020 - 14:08Estimadas familias:
Deixamos nos ficheiros adxuntos a información relativa aos protocolos COVID-19 adaptados ao noso centro para a súa información e consulta.
Estes protocolos de actuación poderán variar en función das directrices das Consellerías de Educación e Sanidade, tanto para flexibilizalos como para restrinxilos, en función da evolución da pandemia.
Estén atentos oa servizo de mensaxería Abalar nos vindeiros días.
Lembren que todas as familias deben cumprimentar unha declaración responsable que deberán entregar asinada na escola, na cal se comprometen a realizar diariamente a enquisa de autoavaliación COVID-19 e a NON enviar aos seus fillos ao centro e mantelos en illamento preventivo domiciliario se presentan algúns dos síntomas alí referidos (febre de máis de 37.5º, tose seca, etc).
Por protocolo, as familias non poden acceder ao centro. Se necesitan consultar algo poden chamar á secretaría de 9:00 a 9:55 ou de 13:10 a 14:00 TELÉFONO 886 151 325 ou mandar correo electrónico a cep.sequelo.marin@edu.xunta.gal
Benvidos a este curso. Procuremos coidarnos entre todos.