CP Inclúe
Coloquio con motivo do 25N Organizado polo Concello de Marín
Enviado por Ruth o Xov, 14/11/2024 - 14:00INTERNET, CIBERACOSO E MACHISMO
Trátase dun coloquio entre a creadora de contido e divulgadora feminista Sindy Takanashi e a xornalista e escritora, Diana López.
Será o xoves 21 ás 19.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.
O coloquio pretende poñer o foco en como se producen situacións
constantes de violencia machista en Internet e as redes sociais,
entornos que contan coas súas propias características: a inmediatez, a dispoñibilidade, o anonimato… Cuestións que acaban exercendo un enorme control do acosador sobre a vítima e que poden acabar producindo situacións de violencia como ciberamenazas, ciberextorsión, ciberdifamación, hacking, acceso a contidos sen consentimento.
O público asistente poderá participar na segunda parte do coloquio coas súas preguntas.
Charla para ás Familias
Enviado por inesduran o Dom, 18/02/2024 - 17:07FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS
Museo Manuel Torres
A través da páxina web do colexio incentívase a participación das familias nas charlas propostas polo concello sobre
"Adicións dos nenos e nenas en idade escolar".
22 de febreiro
"Establecemento de normas e límites"
DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE
Enviado por Belen o Dom, 03/12/2023 - 21:25Hoxe, 3 de decembro, é o día Internacional da Discapacidade.
O venres pasado, o alumnado do 5º curso de Educación Primaria, na sesión de Educación Física, puido experimentar unha serie de actividades para alumnado con discapacidade visual, reflexionar sobre as diferenzas que presentamos cada un de nós, sobre a aceptación e sobre o respecto.
Resumimos esta experiencia na seguinte frase: ''La discapacidad no te define; te define cómo haces frente a los desafíos que la discapacidad te presenta.''-Jim Abbott.
A continuación mostro algunhas fotos con este grupo. Irei engadindo mais porque ó longo de este mes, tódalas clases vivirán estas experiencias e algunha mais!
GOL?
A QUE OLE?
PINTO COA MAN NON DOMINANTE!
OUTRA MANEIRA DE VER!
PASEAMOS?, DESCUBRIMOS ONDE ESTAMOS?
Visita da Protectora "Os Palleiros"
Enviado por Ruth o Mar, 16/05/2023 - 12:30Os Palleiros de Ruth PT
I PREMIOS VALENTES DO CEIP SEQUELO
Enviado por Ruth o Lun, 15/05/2023 - 18:13Premios boa xente de Ruth PT
Traballamos sobre o acoso
Enviado por Ruth o Ven, 10/03/2023 - 20:28Regalámonos o mellor de cada un
Enviado por Ruth o Dom, 29/01/2023 - 21:10Todo o mundo ten algo bo e debemos aprender a recoñecelo.
Saber aceptar os eloxios, tamén é importante.
E máis cando nos fan sentir tan ben. Haberá que repetilo.
Panxoliñas 2022.
Enviado por inesduran o Xov, 03/11/2022 - 17:06PANXOLIÑAS
2022
Imos con tempo, pero cómpre xa ir coñecendo e
emocionándonos
coas panxoliñas de Nadal.
Neste coro cabemos todos.
Coma tódolos anos cantaremos catro panxoliñas,
dúas en galego e outras dúas en castelán.