CHARLA DE RAFA QUINTIÁ SOBRE AS LENDAS DE MOURAS
Aló polo mes de Novembro, como somos da idea que mellor co noso non hai, para o Samaín traballamos a partir das lendas galegas, das historias de mouras, mouros, trasnos, ollaparos, lavandeiras da noite, santa compaña, homes do saco, sacauntos... será por monstros en Galicia. E vaites, que falando cos rapaces e cos pais saiu que no lugar de Castelo, nun lugar agora desaparecido na Pardavila situabase unha lenda que se foi transmitindo de pais a fillos. Daquela, pensabamos que á historia, porque é nosa e ao feito de que se transmitise no tempo, había que darlle a importancia e o valor que ambalas dúas cousas tiñan. Para precisamente poñer en valor entre os nenos da Pardavila esa historia contactacmos con Rafa Quintía que veu polo colexio a contarllos o moito que sabe da nosa mitoloxía que leva vencellada un xeito de ver e estar no mundo. Na súa charla desta mañá solucionou varias dúbidas e creou varias outras novas: Quen é a vella do Arco? E boa ou e mala?
Enviar un comentario novo