Eventos
Os alumnos de 6º de primaria visitan o Museo de Pontevedra e despois van ver unha exposición do pintor Manuel Pesqueira ao centro social de Caixanova. Será unha manán moi cultural.
Hoxe celébrase o Samaín no CEP Sequelo. Dende primeira hora da mañán os nenos e nenas de todos os cursos irán pasando pola aula da ANPA que coma sempre fan un traballo excepcional coa decoración e a participación desta celebración que tanto lles gusta aos rapaces. Ánimo e a pasalo de meeedooooo...
Este xoves celebraremos o Magosto no CEP Sequelo. Despois do recreo, haberá xogos populares coa participación de todo o alumnado. De seguido, repartiranse castañas para todos, pero sobre todo os nenos e nenas poderán facer algo que tanto lles gusta: pintar a cara e as mans co carbón de asar as castañas.