Responder ó comentario
I CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR
Enviado por josean o Xov, 17/10/2013 - 00:30O Equipo de Normalización e a Biblioteca convocan o primeiro concurso de Microrrelatos de Terror. Continúa este texto pertencente a "Cartas a Lelo" de Neira Vilas:
Meu Leliño:
Ti de seguro oíches falar, cando estabas na aldea, de que na Carballeira de Roi andan pola noite meigas e pantasmas. A xente fala moito. A xente dalle arreo ó peteiro. Algúns chegaron a dicir que bateran con caixas de morto e con renques de luces monte adiante.
O texto non debe ter máis de 250 palabras e polo menos ten que aparecer unha vez por algures a palabra ESCOLA
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN: LUNS, 28 DE OUTUBRE NA AULA DE 4º A