Responder ó comentario
O cofre do tesouro
Enviado por xose o Xov, 18/03/2021 - 12:27Cando todos miraron o interior do cofre pídeselle aos nenos que digan que obxecto atoparon dentro. Moitos dirán que atoparon "un espello", pero algún deles, despois dalgunha pista previa dirá que o tesouro era el mesmo, que se viu no espello. Todos os demais irán caendo na conta de que eles son o mellor tesouro.
Podemos rematar comentando a importancia de que somos seres únicos e irrepetibles e iso nos fai ser o máis valioso do mundo.