Responder ó comentario
O galego, o andaluz e o cabalo branco: contos da tradición oral (II)
Enviado por josean o Xov, 18/06/2020 - 20:42Xa hai algún tempo e grazas a un bo amigo, ademais bo contador de historias, comezamos unha viaxe a traves da forma innata de transmisión oral do galego, a literatura oral. Os nosos pais e avós, sabían moi ben que elementos mesturar nas súas historias para facilitar a transmisión da cultura onde esas historias naceran. Con frecuencia soían, como regra nemotécnica, para facilitar a lembranza do conto, que consistía na inclusión ao final do conto dun pequeno verso ao estilo de moral e que ao final acababa sendo parte do léxico diario da xente do común.
Asi, deste xeito esquecido que quixemos recuperar, era como transmitían e ensinaban os nosos devanceiros; así con contos coma este que nos conta Irene Pazos Estévez.