Responder ó comentario
VENRES... (12-06-20209)(3º)
Enviado por Anónimo o Xov, 11/06/2020 - 21:103!!!!!! 2!!!!!! 1!!!!!!!! ................. VENRES!!!!!!!
E chegou o día!! Non sei que pensar! Teño emocións e sentimentos enfrentados! Por un lado estou esgotado, coma vós, e polo outro, triste, decaído, abatido, melancólico, morriñento... morriñento de vós, de que isto remate e non ter a oportunidade de volver a vervos en condicións normais nin nun espacio tan familiar e lúdico como é o colexio, a aula, onde nos quedaron tantas e tantas cousas por ver, facer e aprender. Primeiro aprender de vós! Fundamental!! E logo aprender todos xuntos, buscando, investigando e trabucándonos! Que necesario é equivocarse!!
Sinto que o universo me roubou un tempo de estar con vós, de traballar xuntos, pero tamén que me regalou un período para coñecervos mellor, a vós e a vosa familia, na vosa intimidade, na miña intimidade! Por iso, a pesar de todo, doulle as gracias a ese "tempo roubado" porque o 2020 vai unido a Marín, ao cole de Sequelo e a vós! E ainda estamos en xuño! Na metade do ano! Quedan 6 meses por diante para que sexa un ano magnífico! As cousas que quedan por suceder!!! Todas boas!! Non pode ser doutra maneira!! Non vos parece???
Pois por ser o último dia de "deberes" vouvos dar a elexir entre as seguintes tarefas:
1º. - https://www.liveworksheets.com/sp784108xn
2º. - https://www.liveworksheets.com/qn812020dx
Agora van uns documentos adxuntos (Fíxoos Cris, unha compañeira do ano pasado) A ver se vos gusta!
Recordade que para a semana mando igualmente traballo pero queda nas vosas mans facelo ou non!
Mil apertas e bo fin de semana!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INVENTA UNHA HISTORIA.pdf | 290.31 KB |