Responder ó comentario
Reto 8: Ioga
Enviado por Anónimo o Lun, 23/03/2020 - 17:26O reto de hoxe é practicar posturas de ioga, na sesión do reto 5 a volta á calma xa vimos algunhas posturas como a montaña, a estrela e o triángulo, coñeces algunha máis?
Recordarche que para a sesión de hoxe precisarás un colchón, mantiña,… algo que nos permita traballar sobre unha superficie branda para que non provocar ningunha lesión.
Vamos empezar a clase cun conto.
Para seguir envío un enlace a unha sesión de ioga que podedes facer por parellas, ten unha pequena introdución a acroioga (só como experimento), realizade a primeira parte da sesión.
O ioga axuda a correxir posturas corporais, aumentar a flexibilidade, equilibrio,... as culturas orientais que na súa expansión polo mundo occidental, trouxeron mandalas como obxectos de relaxación, tranquilidade e reflexión, favorecendo a concentración, equilibrio, creatividade, … existen moitas e moi variadas, eu propoño que lle poñas cor a unha para terminar a clase de hoxe porque comezou a primavera e vamos dedicarlle un ratiño.
Este último enlace é para facelas no ordenador ou na tableta.
Namasté