blogue deMiguel
Manualidades dende casa...(4) Ximnasta. Naiara 6ºB
Enviado por Miguel o Sáb, 28/03/2020 - 13:06Bo día! Hoxe comparte con vós, Naiara García Eidón de 6ºB, unha manualidade moi chula chamada "Ximnasta". A ver si vos animades vós a facer a vosa. Saúdos.
Carta de ánimo. Uxía 6ºB
Enviado por Miguel o Xov, 26/03/2020 - 18:55¡Hola! Me llamo Uxía y tengo 12 años. Mi cole es el C.E.P. Sequelo de Marín (Pontevedra). Sé que no me conoces y pensarás... ¿pero de quién es esto? Yo tampoco te conozco y te mando esta carta para darte mucho ánimo y para desearte una recuperación pronta y segura.
P.D.: ¡NO TE RINDAS!
#JUNTOSPODREMOSCONSEGUIRLO
#QUÉDATEENCASA
Uxía Portela Dasilva - 6ºB
Carta aberta a un enfermo do virus. Óscar 6ºB
Enviado por Miguel o Xov, 26/03/2020 - 18:49Carta aberta a un enfermo do virus
Ola! Ti non me coñeces; eu a ti, tampouco. Son Óscar, teño 11 anos, son de Marín (Pontevedra); máis concretamente da parroquia de San Xulián. Espero que te atopes, dentro das túas circunstancias, ben. Estarás maldicindo a este virus e aos seus culpables, se os hai. Que saibas que eu tamén o estou facendo.
Sempre mente positiva. Disto vaise saír, cedo ou tarde, co traballo de todos os cidadáns, dos teus médicos, das túas enfermeiras, das nosas familias, de todos e todas. Fai plans para cando estés san. Iso sí, o primeiro propósito é abrazar e bicar aos nosos seres queridos e aos nosos amigos. Comidas e ceas, quedadas no parque, facer deporte ao aire libre,… Todo o que nos gusta.
Por certo, na miña familia, tamén tocou a lotería do virus. O meu tío Carlos, que vive en Madrid, leva 12 días aislado na súa habitación, con síntomas de Coronavirus, sobre todo febre. Fixéronlle a proba, pero a día de hoxe, non sabe o resultado.
Sé forte e non baixes a garda, que o bichiño anda por todos os recunchos.
Moita sorte e ata vernos!!
ÓSCAR DE LA TORRE ABOAL – 6º B CEP Sequelo-Marín
Un día con...(1) Naiara. 6ºB
Enviado por Miguel o Xov, 26/03/2020 - 17:44UN DÍA CON NAIARA
Ás 9.30h: Levántome e almorzo con tranquilidade.
Ás 10.00h: Séntome no meu escritorio e acendo o ordenador para comezar a facer as tarefas que o profe nos vai mandando.
Ás 11.30h: Hai días que me tomo un descanso e merendo algunha cousa coma no colexio.
Ás 12.00h: Continúo coas actividades que mandan os profesores.
Ás 13.00h: Recollo todas as tarefas e axúdolle á miña nai a facer a comida.
Ás 14.00h: Séntome a comer.
Ás 15.00h: Miro un pouco a tele con programas que me gustan.
Ás 16.00h: Comeza a quenda de xogar co meu irmán pequeno. Dende xogos de mesa ata manualidades. Tamén bailamos e divertímonos facendo manualidades para o colexio do meu irmán.
Ás 18.00h: Merendo.
Ás 18:30h: Continúo pasando o tempo con cousas en familia.
Ás 20.00h: Saio á ventá a aplaudir. Tamén poñen cancións e divertímonos moito.
Ás 20.30h: Hora de recoller, preparar a cea e cear.
Ás 21.30h: Voume para cama.
Naiara García Eidón – 6ºB
Manualidades dende casa...(1): Irene 6ºB
Enviado por Miguel o Mér, 25/03/2020 - 17:05Ola, boas tardes. Hoxe tamén engadimos outra nova sección á nosa páxina: "Manualidades dende casa". Para inaugurala, Irene Pazos Iglesias de 6ºB vos ensina como facer flores de papel. Animádevos a facelas!
Música dende a casa (4): El Sol no regresa.
Enviado por Miguel o Mar, 24/03/2020 - 16:42Ola, de novo. Aquí déixanos outra mostra do seu arte, Irene Pazos Iglesias de 6ºB, tocando a guitarra e cantando esta fermosa canción do grupo "La Quinta Estación". Parabéns.
Coronavirus (6º)
Enviado por Miguel o Sáb, 21/03/2020 - 18:52Ola!. Déixovos un enlace a un blogue que levaba un tempo parado, onde podedes atopar diferentes actividades. Neste enlace diríxevos á páxina "Coronavirus". Aí podedes ver varias suxestións para facer na casa. Saúdos.
Calendario escolar 2019-2020.
Enviado por Miguel o Dom, 15/09/2019 - 19:33Facendo clic no seguinte enlace, veredes o Calendario escolar 2019-2020.
O meu blog de Scratch. Irene 5ºB.
Enviado por Miguel o Sáb, 03/11/2018 - 13:22Ola a todos. Chámome Irene Pazos Iglesias e son de 5ºB. Quérovos presentar o blg que creei con actividades feitas en Scratch, programa que serve para facer xogos, animacións e historias interactivas con linguaxe de programación. Estivemos traballando con el en clase e xa fixemos varias actividades. Aquí vos deixo o enlace ao meu blog. Só tedes que facer clic enriba da imaxe.
"A noite dos mortos" de 5ºB
Enviado por Miguel o Xov, 01/11/2018 - 20:27Aquí vos deixamos o conto que preparamos en 5ºB para o día de Samaín. Como este ano estamos a usar portátil e pizarra dixital, metimos uns fondos e sonidos no noso conto. Perdoade algún despiste porque estabamos algo nerviosos. Esperamos que vos guste.
Alumnado de 5ºB.
O Samaín de 5ºB
Enviado por Miguel o Xov, 01/11/2018 - 16:46Ola a todos. Este mércores 31, celebramos no noso colexio a festa do Samaín. Viñemos disfrazados e case dabamos tanto medo coma os personaxes que atopamos cando visitamos a casa do terror, que era arrepiante. A exposición das cabazas era moi bonita e déronnos chuches a todos.
Os alumnos de 5ºB.
Obra de teatro "De los cuentos a las cuentas"
Enviado por Miguel o Xov, 01/11/2018 - 12:55O pasado luns 29 de outubro, o alumnado de 5º de primaria asistiu á obra de teatro "De los cuentos a las cuentas", organizada por Abanca dentro do seu programa de educación financieira; co que pretende facer chegar aos nenos o valor do esforzo, a previsión, a xestión adecuada do diñeiro, o aforro e a solidariedade.
Información proceso admisión alumnado 2018-19.
Enviado por Miguel o Mar, 27/02/2018 - 09:57>
O decreto de admisión está no DOG do Venres, 15 de marzo de 2013. Facede clic no enlace de abaixo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0...
Relación de libros de texto para o curso 2017-2018.
Enviado por Miguel o Mar, 05/09/2017 - 09:24Aquí tedes a relación dos libros para este curso 2017-2018.
Calendario Escolar 2017-2018.
Enviado por Miguel o Lun, 04/09/2017 - 19:47Aquí podedes ver o calendario para este curso 2017-2018, inclusive os dous días non lectivos en Marín.
CURSO 2017-2018.
Enviado por Miguel o Lun, 04/09/2017 - 18:50O COMEZO DO CURSO 2017-2018 SERÁ O LUNS 11 DESETEMBRO ÁS 09:00H. POLA PORTA DIANTEIRA ENTRARÁ O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º E
POLA PORTA TRASEIRA (PATIO DE COLUMNAS) ENTRARÁ O ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º.
Inauguración oficial do grafiti e entrega de premios.
Enviado por Miguel o Xov, 22/06/2017 - 20:45Este xoves visitounos a alcaldesa María Ramallo e a concelleira de Medio Ambiente e Benestar Social Marían Sanmartín para inaugurar oficialmente o grafiti ralizado na fachada da primeira vivenda preto da entrada e entregarlles os premios aos tres finalistas do concurso que se realizou para escoller un debuxo que representara ao colexio.
IX Semana Matemática Mestre Landín. Concurso de Eulerías.
Enviado por Miguel o Xov, 22/06/2017 - 20:08Dentro da IX Semana Matemática do IES Mestre Landín, tivemos varios participantes do noso colexio no concurso de Eulerías. Acaban de coñecerse os premiados e temos que felicitar de novo a un alumno noso de 5ºA de primaria, Carlos de la Torre Aboal, que resultou gañador na categoría de primaria entre todos os centros de Marín. Parabéns e a seguir traballando.
Scratch e robótica.
Enviado por Miguel o Mar, 20/06/2017 - 22:12Despois da visita dos alumnos do Mestre Landín e a súa demostración dentro do proxecto común "Aprendo programando", o alumnado de 5ºB ensináronlle o robot Mbot Ranger aos alumnos de primeiro, probando o manexo do mesmo. Por outra banda, na aula ensináronlles os xogos creados co Scratch, visitando o blog de Martina, onde podemos atopar varios deles deseñados por ela e mais polos seus compañeiros.
"Aprendo programando".
Enviado por Miguel o Mar, 20/06/2017 - 21:57Visitáronos os alumnos de Mestre Landín e o seu profesor de tecnoloxía Heber para ensinarnos o Mbot Ranger programado por eles e máis o seu proxecto de Scratch.
Saímos todos os de 5º no Diario de Pontevedra e o Faro de Vigo.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »