Xuño 2024
X Certame de Relato Curto das Fanpas de Pontevedra
Enviado por josean o Ven, 07/06/2024 - 14:17Tódolos anos temos a sorte que algún dos nosos alumnos estea, cando menos, entre os finalistas deste prestixioso certame provincial para nenos. Este ano o elixido foi Darío Pereira Omil, polo seu relato "Una tarde calquera".
Aquí tedes ao noso alumno co diploma, e o que é máis importante co libro onde aparece o seu relato.
Xornada de iniciación ao remo
Enviado por Belen o Mar, 04/06/2024 - 21:55A semana pasada, tivemos a oportunidade de coñecer a dúas grandes deportistas do club de remo da ría de Marín.
Explicáronnos brevemente a teoría e despois fixemos unha práctica no remoergómetro aplicando a técnica correcta.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VII)
Enviado por josean o Dom, 02/06/2024 - 12:30Os nosos maiores, sempre, malia a que súa vida careceu das comodidades que ten a nosa, atoparon tempo para a diversión compartida. Neste caso, en 1953, os bisavós de Nicolas Fernández García, de Infantil foran á romaría da Franqueira cuns amigos.
Recollida do Patrimonio Inmaterial Ponte nas Ondas (VI)
Enviado por josean o Dom, 02/06/2024 - 12:06A conserva durante moito tempo foi en Marín un dos sinais distintivos da vila. Nesa actividade traballaron moitas xeracións, especialmente de mulleres. Matilda Fernández García de 1º déixanos testemuña nesta foto, onde aparece a súa bisavoa, da fábrica de conservas con máis percorrido en Marín, a fábrica de Herrero. A foto é de 1950.
Obradoiro de Cine: Planos (I)
Enviado por josean o Sáb, 01/06/2024 - 19:02No noso obradoiro de linguaxe audiovisual o primeiro que fixemos é traballar cos planos segundo a posición que ten a cámara con respecto aos actores.
Os planos que aquí aparecen son o NADIR, CENITAL, CONTRAPICADO E PLANO NORMAL.
1. Poderiades dicir cal é cal?
2. Que plano de situación falta?
Hai un "plano intruso", pois non é de situación....
3. Poderiades dicir como se chama esoutro plano?
a)
b)
c)
d)
e)
Campións de Xadrez: II Torneo 2023-24
Enviado por xose o Sáb, 01/06/2024 - 09:43Xa temos aos gañadores do último torneo de xadrez deste curso:
Primeiro: Zaid, de 6º curso
Segundos: Martín de 5º curso e Martín de 2º curso.
E noraboa a todos os participantes! Esperámosvos o vindeiro curso!
As palabras máis fermosas
Enviado por josean o Sáb, 01/06/2024 - 07:48Unha actividade promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para que celebrando o día das Letras galegas nos decatemos do tesouro que encerra a nosa lingua. Unha vez coñecida a técnica para a producción de chapas foron en cadea. O difícil foi escoller unha palabra entre o rico léxico do galego, o de plasmalas non tanto, porque contamos cuns auténticos artistas.