Decembro 2019
A ver se o adiviñas. Reto en colaboración coa EEI O Grupo
Enviado por Anónimo o Mér, 04/12/2019 - 01:34Os alumnos de 1º decidimos mandarlle "un reto" aos nenos e nenas da EEI O GRUPO. Algúns de nós temos moi bos recordos dese cole. Pois ben, nós escollemos unha adiviña, mandámoslla por vídeo e eles teñen que adiviñala e enviarnos a nós a súa adiviña. Esta é a nosa. A ver se a acertas! CUCURRICO NON TEN OLLOS NIN CU NIN BICO, PERO OS FILLOS DE CUCURRICO TEÑEN OLLOS, CU E BICO.
Día internacional das persoas con discapacidade
Enviado por Anónimo o Mar, 03/12/2019 - 19:34Hoxe día 3 de decembro de 2019 conmemoramos o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade".
No CEP Sequelo levamos un par de días traballando no tema, uns grupos na aula e outros na biblioteca, adicámonos a desterrar mitos que xiran arredor das persoas con discapacidadade.
Os mais pequenos lemos a historia do "Cazo de Lorenzo", visionamos a curtometraxe e tivemos un pequeno coloquio.
E na área de Educación Física, ó longo de toda a semana vivenciaremos cómo se sinte unha persoa con discapacidade a través de divertidos xogos como "o director de orquestra", "tren cego" e o semáforo.
Agora somos mais conscientes das barreiras que existen e loitaremos por acabar con elas!