Maio 2018
Unha aventura na Torre de Hércules
Enviado por josean o Mér, 16/05/2018 - 10:49Un dos grupos de 6º creou esta pequena animación que ten lugar na torre de Hércules
A Torre de Hércules I
Enviado por josean o Mar, 15/05/2018 - 10:49O grupo de alumnos de 6º A e 6º B coordinado por Noelia Iglesias elaborou este proxecto sobre a Torre de Hércules, para ver que é o que sabedes dela. Seguro que moito!!
Peixes de río 5º A
Enviado por Anónimo o Lun, 14/05/2018 - 11:59Continuando co noso traballo sobre animais do río presentámosvos a continuación tres presentacións realizadas por Óscar, Hugo e Noa sobre tres peixes: troita, lamprea e salmón.
Táboas de multiplicar e números primos
Enviado por josean o Lun, 14/05/2018 - 10:49Coa axuda do Blu-Bot os nenos de 21 traballaron as táboas de multiplicar e os números pares. En pouco ao noso parque móbil de 1º e 2º engadiráselle varios Clementine Doc un robot de similares características ao Blu-Bot co que os nosos nenos traballaran dende as materias do curriculo
Maio de Maios
Enviado por josean o Dom, 13/05/2018 - 17:55O 1 de maio, no festival dos maios e barcos da alameda, á tarde, sobre as 17:30, fíxose unha cantiga cos varios maios que participaron no concurso. Participaron algúns nenos e nenas dos seguintes maios, e todos eles salvo do Porviso, foron ou son alumnos do colexio:
Nosa Señora do Carmen: Noa Gonzalez, Lia Garrido e Valeria Pazos de 1º.
C.E.P Sequelo: Martina Pazos de 6ºB.
Landeiras: Noelia Iglesias de 6ºB e Tiago Rodríguez de 2ºA.
San Xulian: Noa Vázquez de 5ºA.
Amigos do rapaces: Hugo Garrido. (ex-alumno do colexio)
Porviso: Raúl Ces.
A cantiga gustoulle a moita xente; a idea foi dunha cantiga antiga do ano 1935 e fixemola para a homenaxe que se lle facía a un señor que cantara naquel maio
.
Barco "Remedios e San Miguel" 2018
Enviado por josean o Dom, 13/05/2018 - 17:53Este ano en colaboración co "Museo do Mar de Marín" baixamos cunha nova embarcación, á que batizamos como "Remedios e San Miguel". O barco deixóunolo o Museo a través dun señor de 93 anos, Antonio Rodríguez Rodríguez, que nos contou que el tamén fora nos maios e que tamén fora o seu pai.
Embarcación Xiana 2018
Enviado por josean o Dom, 13/05/2018 - 17:38O 1 de maio do ano pasado, xa baixamos cun maio e un barco. Eu estaba no maio con meu amigo Victor e Fran. Eramos os mais pequenos pero fomos os que mais coplas vendimos...Ben, o que vendeu mais coplas foi Fran. Logo as 12 cantamos e pola tarde fixémolo no concurso. Gañamos os 3 premios
Este ano, cando chegamos a alameda, o primeiro que fixemos foi coller as coplas que estaban debaixo do noso barco, e fomos vendelas. A uns déronlle moito diñeiro como a Miguel 5 € por unha soa copla, pero a outros déronlle pouco coma min que un me deu 6 céntimos por unha copla.
Ao chegar as 12h cantamos para o público.
Logo, pola tarde, estiven xogando ao fútbol cos meus amigos dos maios e a outra embarcación do CEP SEQUELO. Cando chegaron as 17:30 h cántamos para os xuíces e unha hora máis tarde gañamos moitos premios, e comemos rosca con chocolate.
Feito por Manuel Santiago Villanueva- Noé González Soage 6º B
Maio Mariñeiro do Sequelo 2018
Enviado por josean o Dom, 13/05/2018 - 17:25Outro ano máis e xa van seis seguidos participamos na festa dos Maios de Marín co noso Maio, e grazas á colaboración de todos quedou ben bonitiño. Vendimos moitas coplas pola mañá e pola tarde cantamos e gañamos o primeiro premio na letra e o primeiro polo Maio.
Un maio faise así
Enviado por josean o Sáb, 12/05/2018 - 22:35Un maio faise así con margaridas, pampullos, ovos, laranxas do pó, limóns, fiuncho, espadaina.... e coa colaboración da nosa estupenda ANPA, de pais de exalumnos que quixeron estar connosco, con moitos pais de alumnos que viñeron, con xentes doutras ANPAS (a do Grupo) que viñeron a ver como se facía para eles facelo logo, con mestres que ese día fomos un máis á hora de elaborar o maio; e con alumnos que nos ratos libres dabanlle unha patada ao balón, mais estaban ali
Así todos xuntos dedicamos unha tarde das nosas vidas a ser parte dun engranaxe de Transmisión e Tradición que se perde nos tempos, e no que mentres podamos temos a obriga de ser parte.
E por fin ás 12 da noite tiñamos o noso maio coroado.
Ao día seguinte listo para saír cara a Marín desexando non ter os percances do ano pasado
O festival de Maios no Colexio
Enviado por josean o Sáb, 12/05/2018 - 22:19O día un de Maio celebrase esta festa dende antes da chegada dos romanos a Galicia. No Sequelo aprendemos coplas antigas porque así nos concursos sempre gañamos, eu pensaba que o Maio era unha tradición dos pobos mariñeiros pero tamén é do interior de Galicia. Uns días antes do un de maio celebráronse os maios no Sequelo, cando empezaron a cantar eu e os meus amigos sentámonos nun banco que estaba alí. Primeiro cantaron os maios os de primeiro e segundo, logo os de terceiro e cuarto e por ultimo quinto e sexto, e logo cantaron o barco que temos no colexio "O Xiana" e o que nos deixou o Museo do Mar.
4º
3º
Tamén viñeron os do Virxe do Carme a ver o Maio, a verdade e que custounos facer o Maio, coser o fiúnchos, os pampullos,ovos (que para min e moi sinxelo)as laranxas, os limóns, as flores e as espadanas. Eu axudei o primeiro día pra coser fiúnchos e espadanas pero o segundo e o terceiro día eu e os meus amigos nos quedamos na clase porque un amigo meu tiña alerxia ao polen e como estaban cos ovos, as flores e os pampullos non podía ir.
1º
2º
Saul Mariño Recamán