Biblioteca
Levántate Maio... 2020 (3)
Enviado por inesduran o Ven, 24/04/2020 - 22:22Os Maios do Sequelo
Manualidades dende a casa
Vanse animando máis compañeiros no labor dos maios.
Mirade que artistas!
Xa están listos para poñer nas ventás
Semana do Libro dende a casa: "Microcontos no espello" (4)
Enviado por Anónimo o Ven, 24/04/2020 - 17:52Seguen chegando máis "Microcontos no espello" para rematar esta "Semana do Libro dende a casa", se onte foron os nenos e nenas de 5ºA, hoxe chegounos unha morea de 5ºB.
Intentade lelos, son moi divertidos!
Se alguén máis se anima aínda está a tempo.
Música dende a casa (23): Coplas de Ángel de 6ºB
Enviado por Anónimo o Ven, 24/04/2020 - 14:32Música dende a casa (22): Coplas de Miguel de 4ºB
Enviado por Anónimo o Ven, 24/04/2020 - 14:30Música dende a casa (21): Coplas de Tiago de 4ºB
Enviado por Anónimo o Ven, 24/04/2020 - 14:28Levántate Maio... 2020 (2)
Enviado por inesduran o Ven, 24/04/2020 - 12:21Os Maios
Sequelo 2020
Maio enviado por Pablo Torres 5º
Xenial
¡¡Animádevos!!
Coplas de Embarcacións: Os maios (7)
Enviado por josean o Ven, 24/04/2020 - 07:24#LEVANTATE MAIO 2020 CEP SEQUELO
As coplas das embarcacións, ao seren uns artefactos que se introduciron no mundo dos maios moi tardiamente, froito da xente con poder das vilas que miraba con malos ollos o primitivismo rural dos maios e que pretendía adaptar aos tempos a festa por mor dunha mal entendida modernidade, ten diversas melodías con ritmos moi diversos: polkas, mazurkas, valses...., os estilos predominantes e elegantes de primeiros do século XX. As embarcacións, que nun primeiro momento eran barcos de guerra, non foron as únicas representacións extrañas que os nenos das familias ben introduciron no mundo dos maios; hai un longo repertorio: carrozas triunfais, torres, arcos triunfais, avións, submarinos, carros triunfais... Este proceso ten lugar a finais do século XIX e continúa ata ben entrado o século XX.
O pobo de Marín, con moi bo sentido fai, que o único que sobreviva desta amplia variedade, que xa ao impulsor da festa dos maios, o pintor marinense Manuel Torres, non lle gustaba, son as embarcacións, levadas case sempre ao seu terreo natural, a vida do mar e a ser cantadas exclusivamente como os maios en galego; porque mentres os maios sempre se cantaron en galego, todos estes artefactos froitos das clases pudentes cantábanse en castelán; ate que o pobo dicide a mediados dos anos 50 do século XX adaptalos á súa vida mariñeira e ao seu falar.
DESAFIO COPLAS:
Como vos dicía hai moitas melodías diferentes para as embarcacións. A máis sinxela, dentro das embarcacións e dentro das dificultades que todas elas teñen, comparadas coas dos maios, e esta de 1953 e posiblemente anterior que en canto á súa estrutura temática é como segue:
1.Presentación da embarcación
(Estrofa de catro versos onde o 1º e o 3º de 10 silabas non riman e o 2º e o 4º riman e son de 9 sílabas pero rematados en aguda co que suman tamén 10).
2. O corpo da copla: relato da vida mariñeira do momento, do seu traballo...
(Tres estrofas coa mesma estrutura da anterior).
3. A embarcación despídese
(1 estrofa do estilo das anteriores).
4. Retrouso
Intercalada entre todas as anteriores vai un retrouso que se repite e que consta de tres versos de 7 sílabas que riman entre eles e un cuarto de 6 pero acabado en aguda que ten que acabar nunha palabra aguda que rime con temporal.
ATREVEDEVOS!! SE O FACEDES POR PARELLAS VAIVOS RESULTAR MÁIS SINXELO FACER ESTAS SEIS ESTROFAS.
Embarcacion-xianaaa.pdf by Josean Pazos on Scribd
Clasificación final do III Torneo de xadrez online CEP Sequelo
Enviado por xose o Xov, 23/04/2020 - 23:38Temos a clasificación final do III torneo de xadrez online aberto para todos os nenos e nenas do CEP Sequelo. Noraboa a todos/as os participantes.
Este torneo gañouno Breixo Vidal, de 5º curso, seguido por Darío, Roi, Xoel e Roberto. A primeira muller na clasificación foi Irene. Así que noraboa aos gañadores e tamén a todos/as os que participastes.
Preparamos outro torneo para o vindeiro martes, ás 18:30, estade atentos!
E para seguir practicando aquí tendes os libros de iniciación que nos ofrece a Federación Galega de Xadrez.
Semana do Libro dende a casa: "Microcontos no espello" (3)
Enviado por Anónimo o Xov, 23/04/2020 - 17:50Hoxe que é o Día do Libro parece que isto se vai animando, mirade cantos "Microcontos no espello" nos chegaron hoxe de 5ºA.
Sodes capaces de lelos? Intentádeo!
Levántate Maio...2020
Enviado por inesduran o Xov, 23/04/2020 - 12:37LEVÁNTATE MAIO...
CEP SEQUELO
MARÍN 2020.
Este ano non nos cadra ben o de ir buscar fiuncho ou flores,
por iso aquí tendes un recurso adaptado á corentena.
Faremos cada un o noso Maio na casa.
Podedes mandar unha foto cando o rematedes, e as colgaremos nestas páxinas.
Non esquezades poñer o voso nome.
Quedarían xenial pegados nas ventás.
Día 1 de Maio
Animádevos
Os maios (5): Coplas de Maio de 4º
Enviado por josean o Xov, 23/04/2020 - 01:17Van chegando as coplas de maio e os primeiros que se animan son os dous cursos de 4º. Recordámosvos que a inscrición para o LXVII Concurso de Maios de Santa Cecilia esta vez centrado nas Coplas e en debuxos de Maio. Para facilitarvos o labor deixámosvos os documentos de Autorizacion de Uso e de Datos, no apartado de adxuntos para que os cubrades e os enviedes xunto á copla a ateneosmarin@hotmail.com. Ademais estan tamén as bases.
Coplas de Maio by Josean Pazos on Scribd
III Torneo de xadrez online CEP Sequelo
Enviado por xose o Mér, 22/04/2020 - 18:27O xoves, día 23 de abril, de 18:00 a 19:00 horas, celebraremos o terceiro torneo de xadrez online, aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso.
Para poder xogar, primeiro terás que rexistrarte na web Lichess.org, dando un nome de usuario, o contrasinal que ti queiras e unha dirección de e-mail (Se xa estás rexistrado non necesitas facer este paso).
Cando xa esteas rexistrado ou rexistrada, para iniciar o torneo pincha neste enlace e no botón Iniciar Sesión.
Cando che pida o contrasinal para acceder ao torneo escribe: sequelo
As partidas serán de 5 minutos por xogador.
Así que ánimo e a participar!
Pdta: Apúntate deixando un comentario co teu nome nesta entrada. Grazas.
Música dende a casa (20): "Ritmo para acompañar as coplas de "Os maios"
Enviado por Anónimo o Mér, 22/04/2020 - 09:31Clasificación final do II Torneo de xadrez online CEP Sequelo
Enviado por xose o Mar, 21/04/2020 - 22:17Temos a clasificación final do II torneo de xadrez online aberto para todos os nenos e nenas do CEP Sequelo. Noraboa porque imos subindo o número de participantes, fomos 12 hoxe, e as nenas comezan a animarse.
Este torneo gañouno Dani Quintana, de 5º curso, seguido por Breixo, Darío, Roi e Roberto. Así que noraboa aos gañadores e tamén a todos/as os que participastes.
Preparamos outro torneo para o vindeiro xoves, estade atentos!
E para seguir practicando aquí tendes os libros de iniciación que nos ofrece a Federación Galega de Xadrez.
Semana do Libro dende a casa: "Microcontos no espello" (2)
Enviado por Anónimo o Mar, 21/04/2020 - 16:38Xa temos o primeiro "Microconto no espello". Moitas grazas Darío! Ademais mándanos unha indirecta! Ou será directa?
Ánimo aos demais, agardámosvos!
Manualidades dende a casa (25): Saída ao Museo de Pontevedra
Enviado por josean o Mar, 21/04/2020 - 01:40Van chegando máis traballos coa técnica do Stop Motion. Neste caso Breixo, Roi, Roberto e Carla recrearon o que debía ser o traballo co que podiamos ter concursado no Concurso de Curtas do Museo de Pontevedra. O que ía ser un vídeo con personaxes reais supliuse con este traballo de todos dende a casa.
II Torneo de xadrez online CEP Sequelo
Enviado por xose o Lun, 20/04/2020 - 17:18O martes, día 21 de abril, de 18:00 a 19:00 horas, celebraremos o segundo torneo de xadrez online, aberto a todo o alumnado do CEP Sequelo, dende 1º a 6º curso.
Para poder xogar, primeiro terás que rexistrarte na web Lichess.org, dando un nome de usuario, o contrasinal que ti queiras e unha dirección de e-mail.
Cando xa esteas rexistrado ou rexistrada, para iniciar o torneo pincha neste enlace e no botón Iniciar Sesión.
Cando che pida o contrasinal para acceder ao torneo escribe: sequelo
As partidas serán de 5 minutos por xogador.
Así que ánimo e a participar!
Pdta: Apúntate deixando un comentario co teu nome nesta entrada. Grazas.
Poemas dende a casa (15): As señoras Cousas
Enviado por josean o Lun, 20/04/2020 - 15:48Sara, Laura, Breixo Vidal, Breixo Sanjorge, Irene, Candela, Alexandre, Sara, Martin, Dani, Roberto, Roi e poderíamos seguir así ata 17, leron o libro de poemas "As señoras Cousas de Helena Villar Janeiro", autora que tivo a amabilidade de mandarnos na súa voz algún dos seus poemas e logo aprenderon un. Dende as súas casas, fóra os que teñen sorte de poder e dentro os máis afortunados, recítannos cadanseu poema. Grazas HELENA, grazas RAPACES.
Semana do Libro dende a casa: "Microcontos no espello" (1)
Enviado por Anónimo o Lun, 20/04/2020 - 11:52Música dende a casa (19): "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo"
Enviado por Anónimo o Sáb, 18/04/2020 - 20:59
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »