Biblioteca

Spots Publicitarios

Logo de ver estes spots publicitarios de verdade que non tedes ganas de mercar os produtos que Breixo Sanjorge, Irene Pazos, Roberto Armada e Xoel Sequeiros nos publicitan?

MERCA!!

Reloxo Irene, un luxo para o home de hoxe

 

Uviña, puro zume de uva

Champú Boa Vida

Cartas de Fútbol Serie Ouro

Reloxo Irene, un luxo no teu pulso

Guinea Ecuatorial

A raiz de que Daniel Quintana nos deixou a súa visión de como se viviría na Guinea, de onde eran os seus avós, o Coronavirus, tódolos demais empezamos a interesarnos por ese pequeno país  con vencellos tan estreitos co noso.  Así que estudamos os seus costumes, linguas, economía, clima, vexetación... O propio Dani xunto coa súa irmá realizaron este bonito vídeo que conta un pouco como é a vida no país dende unha perspectiva moi persoal.

Recursos para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020

No Portal da Lingua Galega, podemos atopar unha biografía de Ricardo Carvalho Calero.

Na web Primavera das Letras convócase un concurso "CONTÁDENOS O VOSO DÍA DAS LETRAS", dirixido a todo o centro educativo ou a algún grupo particular.

O Seminario Galán, como todos os anos, ofrece documentos e actividades para imprimir, para todos os cursos das etapas de Infantil e Primaria, así como materiais para preparar unha exposición sobre o autor homenaxeado.

Biografía de Ricardo Carvalho Calero

Actividades para o 1º curso de primaria

Actividades para o 2º curso de primaria

Actividades para o 3º curso de primaria

Actividades para o 4º curso de primaria

Actividades para o 5º curso de primaria

Actividades para o 6º curso de primaria

Materiais para a exposición (Cartaces biografia e obras)

Materiais para a exposición (Cuestionario)

Materiais para a exposición (Díptico)

Adxuntamos o vídeo sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero elaborado polo Colexio San Pío X (Ourense) #LetrasGalegas2020

O xogo DON RIDARDO

 

 Un divertido xogo sobre o autor (Busca do tesouro) onde tendes que ir recollendo unha serie de pistas para resolver o misterio!

 

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

 

E podes atopar máis xogos e recursos  na nosa Aula Virtual.

 

Visita ao Museo de Pontevedra: Manualidades dende a casa (44)

Mediante a técnica do Stop Motion distintos grupos de rapaces idearon unha visita virtual ao Museo, para tal fin inventaron os seus propios guións e co que tiñan na casa foron deseñando estas visitas.

A primeira foi feita por Elva Pintos, Carlota Díaz, Rubén Argibay, Sara Fernández e Xoel Sequeiros.

Dende outra perspectiva elaboraron a súa visita Carla Vilela, Laura Arribas, Candela Bermúdez, Irene Estévez e Martín Barreiro.

A Martín Barreiro gustoulle tanto a visita que incluso a ampliou:

Poemas dende a casa (20): O ciempiés futbolista de Gloria Fuertes

Daniel Quintana escolleu este poema da autora Gloria Fuertes para recitárnolo a todos ben acochadiño no sofá da casa.

Os último Maio do ano: Os Maios (45)

Aló no remoto Ponteareas, onde nunca viron nin se oíu cousa coma ela, un par de rapaces o 3 de Maio, porque disque que en Ourense é o día que saen, fixeron este bonito maio vestido con fentos, pampullos e o que puideron atopar. Maio A Fenteira.

 

 

Os maios 2020: Recompilación de actividades relacionadas cos maios.

Este ano a "Festa dos Maios" foi ben distinta de outros anos, non houbo maios físicos pero si moitos "maios virtuais" e moitas coplas que facían referencia á situación que estamos a vivir. 
Desde o colexio lanzamos a proposta "Levántate Maio Marín 2020 Sequelo" e tivo unha gran aceptación como podedes comprobar neste recompilación de todos os traballos que mandastes.
Noraboa a todos fixéstelo moi ben!
 

Levántate Maio 2020 (8)

MAIOS  DO SEQUELO

2020

Breve resumo dos maios do Sequelo.

Grazas a todos por participar

nesta festa do 1 de maio.

Xuntos mantemos as tradicións

 

Poemas dende a casa (17): Tristes armas de Miguel Hernández

Breixo Vidal, Xoel Sequeiros, Martin Barreiro e Rubén Argibay traennos con estas Tristes Guerras a un dos poetas máis grandes da Literatura peninsular, Miguel Hernandez.

Poemas dende a casa (16): Nocturno de Rafael Alberti

Roi Rodiño - Elva Pintos - Carlota Díaz - Breixo Sanjorge conxugáronse para recitar este poema cheo de encadeamentos de  Rafael Alberti.

Coplas de Maio: Os Maios (38)

Un ano moi productivo, onde os nenos aprenderon a como facer coplas de maio. En pequeno grupo ou de maneira individual moitos deles fixeron coplas de moi boa calidade como estas que vedes aquí.

Coplas de Maio 2020 by Josean Pazos on Scribd

Os maios de 5º: Os Maios (37)

Estes son algúns dos maios que o alumnado de 5º debuxou para o Concurso tan especial que este ano sacou o Ateneo Santa Cecilia. Non puido ser presencial coma outros anos, pero os nenos esmeráronse nos seus deseños

O maio de Tino e Sara: Os maios (36)

Tino, o noso expresidente da ANPA e a súa filla Sariña cántannos este maio tan singular con iluminación de seu.

A embarcación Xoubiña: Os maios (35)

Unha das cousas máis difíciles de facer son as coplas das embarcacións, e non só facelas senón que logo se poidan cantar. E que se poden cantar inda que con poucos ensaios amósanvolo Candela Bermúdez Santiago e Irene Pazos Estévez.

O Maio Tristeiro: Os maios (34)

Elva Pintos Omil e Carlota Díaz Blanco fixeron este maio no que contaron coa axuda nos coros de Luz Omil, a nai de Elva, que como de pequeniña andivera nos maios sabía de que ía a cousa. E saíu así de ben.

O maio protestón: Os maios (33)

Con todo o relax do mundo, dende a súa casa, Rubén Argibay Pidre fai un maio no que manifesta o seu cansanzo logo de tanto encerro e o seu desexo de volver ao colexio.

O Maio dos Borrombóns: Os maios (32)

Na familia do pai de Breixo Sanjorge, xa dende un tío avó que antes da guerra andaba nos maios da Banda do Río, case se pode dicir que non hai ninguén que non fose a eles de pequeno. Na Banda do Río, no Forte ou como seu pai na rúa Caracol.

E para celebrar o día cántannos dúas coplas, unha ben antiga que fai referencia á bisavoa do neno e outra que cantaba o pai cando participara a finais dos setenta nos maios da rúa Caracol.

Música dende a casa (33): Coplas de Pedro de 4ºB

Pedro de 4ºB e a súa familia tiveron a súa particular celebración do 1 de maio, fixeron este maio e cantaron todos xuntos estas coplas. Moi boa idea! Xa que non podemos saír, nin ter unha celebración dos maios nas rúas, nada nos impide celebralo na casa. Parabéns e moitas grazas por compartir con nós a vosa pequena festa!

Maio dos Cativos: Os Maios (30)

Roi Rodiño Fraguas e Breixo Sanjorge Boullosa escribiron a medias esta copla que un cantou cos toletes e o outro petando no chan ao estilo máis tradicional. Dous estilos diferentes de acompañar o maio. 

Maio do Río Lameira: Os Maios (29)

Irene Pazos Estévez é veterana no mundo dos maios e nótaselle. Ela de pequeniña xa fora aos maios de Marín cos seus compañeiros da Virxe do Carme e o que comparte segundo ela é noviño do trinque pois inda é de onte.

Distribuir contido

PDI 2024-2025: Galicia polo mundo

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2023-2024

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.