Proxecto Froita Fresca
CALENDARIO DA FROITA
Enviado por Belen o Ven, 17/11/2017 - 10:281ª SEMANA (DO 6 AO 10 DE NOVEMBRO):
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
MANDARINA | MAZÁ | LARANXA | PLÁTANO | CASTAÑAS |
2ª SEMANA (DO 20 AO 26 DE NOVEMBRO):
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES |
MANDARINA | MAZÁ | PLÁTANO | PERA |
MANDARINA |
3ª e 4ª semanas serán no mes de marzo.
Mentras esperamos que os nenos/as traian froita ao recreo, xa que é a merenda mais saudable e necesaria que temos para manternos sans e fortes e así poder rendir no colexio e nas actividades extraescolares.
SEMANA DA FROITA FRESCA
Enviado por Anónimo o Xov, 30/01/2020 - 01:39Aos de 1º encántanos a froita. Hoxe tocou plátano, mañá tocará amorodo. Que ricos! A froita debe formar parte da nosa dieta diaria.
FROITA NO RECREO!
Enviado por Belen o Mar, 28/01/2020 - 18:05Durante esta semana e a próxima teremos froita no recreo!
De todos e todas é sabido que nos aportan auga, vitaminas, minerais, fibra e diferentes compostos beneficiosos para o organismo. Cada vez é menos frecuente ver aos nenos e nenas merendar froita nos recreos!
As quendas son:
Luns: pera.
Martes: mazá.
Mércores: plátano.
Xoves: fresa ou froitos vermellos.
Venres: mandarina.
Grazas á axuda do FOGGA e Froitas Moncho que a reparte.
XOVES 8/03 MERENDAREMOS PLÁTANO
Enviado por Belen o Lun, 05/03/2018 - 10:28Estimadas familias:
Recordámoslle que nos anotáramos ao Proxecto Froita Fresca, no que durante catro semanas ao longo deste curso, todos os nenos e nenas do CEP Sequelo terían á súa disposición froita ecolóxica da tempada na súa merenda do recreo, cada día unha froita diferente. No mes de novembro tivemos 9 días e debido aos recortes económicos acábannos de confirmar que en vez de as catro semanas prometidas só poden ser dúas. Polo tanto, soamente nos queda un día de froita. Será plátano, para o xoves desta semana.
Un saúdo, Belén Mata.