Proxecto Transversal do Río Lameira
Recursos web PRL
Enviado por xose o Sáb, 11/11/2017 - 00:18As construcións do río
Enviado por Menchi o Dom, 28/04/2019 - 20:06Neste mes os alumnos de terceiro saímos a coñecer as construcións na beira do río lameira: pontes, muíños, pombais, hórreos e o lavadeiro forman parte do patrimonio cultural do río Lameira.
Celebrando o entroido. XV Obradoiro da Filloa.
Enviado por Anónimo o Dom, 03/03/2019 - 12:33Un ano máis celebramos o entroido con doces típicos, disfraces relacionados cos proxectos que estamos traballando este curso (robótica e o río Lameira), concurso de disfraces, música e moito ambiente neste "XV Obradoiro da Filloa".
As plantas do Lameira
Enviado por Menchi o Xov, 14/02/2019 - 11:49Somos Dani, Miguel, Lucía e Pedro e imos explicaros as características das plantas, a súa clasificación, as especies en perigo de extinción e as plantas invasoras.
"Marcha Radetzky pola Paz". Día da Paz 2019.
Enviado por Anónimo o Sáb, 02/02/2019 - 21:07"Un río de Paz". Día da Paz 2019
Enviado por Anónimo o Xov, 31/01/2019 - 21:32Os animais do Lameira
Enviado por Menchi o Mér, 30/01/2019 - 22:30Ola! Hoxe imos explicaros os animais que viven no río Lameira e as súas características. Eu son Mario e os vou a falar da clasificación. Eu son Xián e os falarei de animais en perigo de extinción. Eu son Estrella e os vou a falar de animais invasores.
Redacción: Carlota, Mario, Estrella e Xian
Poemas Arredor do Lameira
Enviado por Anónimo o Xov, 13/12/2018 - 21:32Durante o mes de Novembro estivemos traballando a poesía seguindo a proposta da Asesoría de Bibliotecas para celebrar este curso o Día das Bibliotecas "Poéticas diversas na biblioteca escolar".
Nós eleximos como tema das nosas creacións poéticas o río Lameira, como traballo dentro do Proxecto iniciado o curso pasado "Arredor do Lameira".
Aquí vos quedan as poesías que creastes, algunhas da vosa propia invención e outras a partir de poemas coñecidos.
Os Seres Vivos do río Lameira
Enviado por Menchi o Mar, 20/11/2018 - 13:52O martes 13 de novembro os alumnos de terceiro fixemos unha pequena saída para ver o río Lameira. Estamos estudando os seres vivos e a súa clasificación en plantas, animais, algas, bacterias e fungos. Estivemos de exploradores buscando fungos polas árbores e a herba, porque sabemos que se alimentan dos restos de seres vivos e que algúns son velenosos. Moito coidado!!!
Redacción: Noelia Moreira Gonzalez 3º B
Os Monstros do Río Lameira
Enviado por Menchi o Mar, 13/11/2018 - 09:38Os alumnos de 3º B escribimos un poema sobre o samaín e os animais que viven no río Lameira, para facer unha historia de medo onde os animais disfrázanse para disfrutar un samaín terrorífico.
Apadriñamos as árbores do Río Lameira
Enviado por Anónimo o Mér, 20/06/2018 - 12:15O 19 de Xuño os alumnos e alumnas do C.E.P Sequelo puxemos unhas placas cos nomes das árbores. Como por exemplo: Salgueiro, Bidueiro, Sabugueiro, Acibro... e algunhas árbores máis.
Exposición de fotos antigas do río Lameira
Enviado por Anónimo o Mér, 20/06/2018 - 11:59Estimadas familias, temos unha exposición no colexio que fixeron os mestres. Na exposición vese como era antigamente o Río e o pobo de Marín. Esperemos que vos guste.
Comisión periodÍstica 5ºB
Presentación proxecto Río Lameira 4ºA
Enviado por Menchi o Dom, 17/06/2018 - 20:20Ao longo do presente curso os alumnos de 4º A fixemos unha serie de saidas ao río Lameira para coñecer a flora, fauna, minerais, os elementos do río, construcións do río, o río e as matemáticas, adornos de nadal que fixemos cos materiais que recollimos no entorno do río... Un total de sete saídas para estudar os diferentes temas. Na clase de informática recollimos toda esta información nunha presentación que nos explican Aroa e Paula e que expuxeron para os compañeiros doutros cursos.
PROXECTO RÍO LAMEIRA
Enviado por Menchi o Mar, 12/06/2018 - 17:45Durante o presente curso fixemos varias saídas ao río Lameira para coñecer a vexetación, a fauna, as construcións do río, minerais, costumes, elementos do río,.. Destas saídas recollimos a información nunha presentación multimedia; por parellas os nenos foron traballando os contidos e aprendendo a traballar coas novas tecnoloxías.
Power Point elaborado por Paula e Aroa 4º A
A EXPEDICIÓN DO RÍO LAMEIRA
Enviado por Anónimo o Ven, 08/06/2018 - 11:39O dia 1 de xuño, os alumnos de 5ºA e 5ºB, fumos ao río a investigalo. Estivemos vendo o río paso a paso. Cada parella tiña que investigar un tema do río que a profe mandou. Investigamos: a bioversidade, os usos do solo, contaminación acústica, contaminación lumínica, impactos de detectados, etc... nunha libreta puxemos: que investigamos, como investigamos, conclusións que sacamos. Foi unha experencia moi divertida coa que aprendemos moito.
Actividades "Conciencia de Río", Voces primeiras de Río"
Enviado por Anónimo o Ven, 25/05/2018 - 11:42Os nenos do CEP Sequelo fixeron un traballo. "A conciencia de Río" fixérono os nenos de 1º e 2º de primaria. Consiste en elaborar "lemas" que fagan concienciar á xente de que é necesario coidar o río. "As voces primeiras do Río" fixérono os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Consiste en crear poemas que teñan como temática o Río e a natureza.
Espero que vos gustara Comisión Periodistica 5ºB
Animais do río
Enviado por josean o Mér, 14/03/2018 - 12:23Como este ano estamos a desenvolver no colexio un proxecto sobre o río Lameiriña, os nenos e nenas de 5ºA decidimos facer un traballo de investigación sobre os distintos animais do río: peixes, mamíferos, anfibios, reptis, aves e insectos. Cada neno escolleu un animal, investigou sobre el e realizou unha presentación.
Queremos compartir este traballo con todos vós e cada quince días presentarémosvos tres animais diferentes. Comezaremos con tres aves: garza reiseñor e pita de auga, traballos realizados por Yara, Almudena e Yelme.
Esperemos que vos gusten!
Xacias
Enviado por josean o Xov, 02/11/2017 - 10:00Os nenos e nenas de 4º A "xaciáronse" neste estupendo traballo que como tódolos que estivemos facendo no colexio dentro do noso proxecto sobre "O río Lameira" para o Samaín, centrado no coñecemento das propias creacións colectivas como pobo en canto á Mitoloxía.
As Xacias, sereas de río de 4º A
Seres mitolóxicos dos ríos galegos
Enviado por josean o Mér, 01/11/2017 - 23:24Dentro do Proxecto Transversal que este ano estamos traballando no colexio centrado nos ríos e máis concretamente no que pasa a rentes do noso centro, o Lameira; os alumnos de 5º B elaboraron está marabillosa Guía dos "Seres Mitolóxicos dos ríos galegos"