PP Aprende programando
Calculadora Culé
Enviado por josean o Mar, 29/10/2024 - 21:51Preme B para que che fale Ronald Araujo. Se lle das dous números SUMARACHOS e darache o resultado correcto.
Preme A para que che fale Lamine Yamal. Se lle das dous números RESTARACHOS e darache o resultado correcto
Proxectos Acnur
Enviado por josean o Dom, 30/06/2024 - 23:02Este ano formamos parte do Aprende Programando dentro do Plan Proxecta e estas foron as animacións e xogos de preguntas que levaron a cabo os nosos alumnos centrados no tema dos refuxiados.
Acnur cambia o destino dos refuxiados
Xogo de preguntas do río Lameira
Enviado por josean o Dom, 30/06/2024 - 22:53Amósalle aos nenos de 5º, que prepararon este xogo de preguntas, todo o que sabes sobre o río Lameira.
Mural Interactivo
Enviado por josean o Mér, 17/04/2024 - 20:28Aproveitando o material dos circuitos de papel dos Polos Creativos, as tarxetas Makey Makey dos e os cables de boca de cocodrilo do Digicraft e traballando co Scratux dentro do Plan Proxecta os alumnos de 5º elaboraron estes murais interactivos dentro da PDI do centro "Río Lameira, un río de Vida", que foron a presentar aos seus compañeiros de cursos inferiores. Este vídeo é unha mostra deste traballo e débese á inmensa paciencia do mestre Miguel Seoane.
Tarxetas de felicitación creativas
Enviado por josean o Lun, 15/04/2024 - 22:53A partir do traballo dos de 5º en Digicraft creáronse estas divertidas tarxetas de felicitación.
Cómic Interactivo
Enviado por josean o Ven, 15/03/2024 - 22:53A partir de persoaxes do programa Scratch e dentro do proxecto Digicraft creamos esta animación-cómic interactivo
Xogo de preguntas Scratch
Enviado por josean o Mér, 21/02/2024 - 20:44Preme na bandeira e intenta contestar axeitadamente estas preguntas que sobre o tema que están estudando che deixa Issam e Mateo de 5º
Circuitos de Papel
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 23:56A partir do material que se nos subministrou por medio da nosa participación nos polos creativos os nosos alumnos profundizaron no coñecemento dos circuitos con novos elementos coma as Leds, o cobre adhesivo.....e rápidamente logo de rematar a tarxeta de exemplo aplícarono na realización do adorno dun dos murais que sobre as anguías realizaron. Incluso a maiores idearon un interruptor de papel para o circuito.
A partir da proba o novo circuito ideado polos alumnos
Placas Makey Makey
Enviado por josean o Mar, 20/02/2024 - 02:22Placas Makey Makey proporcionadas polo proxecto Digicraft no que estamos inscritos, un pouco de Plastilina Play Doh proporcionada polas compañeiras de infantil, outro pouco de cartón e a habilidade para programar en Scratch de Roberto, Diego Soaxe, Diego Vilela, Issam. Álvaro e Alonso, máis a capacidade para interpretar deste último, deron coma resultado estes singulares instrumentos.
Aula Scratch de 5º
Enviado por josean o Xov, 15/02/2024 - 20:28A clase de 5º creoou un aula en Scratch para que sen necesidade de rexistro poidan subir os seus algoritmos de Scratch a un Estudo do que a propia aula está dotada.
Atrapa o Lixo (Xogo sinxelo de Scratch)
Enviado por josean o Mar, 16/01/2024 - 21:00Xogo sinxelo realizado polos alumnos de 4º
Atrapa o lixo con Chesi
Enviado por josean o Lun, 15/01/2024 - 22:53Leva a Chesi co rato a limpar a cidade e consegue puntos.
Tarxeta de Nadal Scratch
Enviado por josean o Mér, 20/12/2023 - 22:09Un Feliz Nadal deséxanvos con esta tarxeta dixital feita coa linguaxe de programación Scratch os alumnos de 5º
Traballamos algoritmos
Enviado por josean o Mar, 05/12/2023 - 16:07Compute it é un xogo online con diferentes niveiss que van aumentando a dificultade gradualmente, nos cuales hai que deducir e aplicar os movementos que o algoritmo amosa.
A través del traballamos con instrucións de movemento, repetición, sentencias condicionais e funcións. LINGUAXE COMPUTACIONAL.
Fútbol para dous xogadores
Enviado por josean o Mar, 17/01/2023 - 16:07Xogo con programación de códigos reelaborado polos alumnos de 5º